Miguel Branco escrebeu:
>
> Non quero entrar en polémicas varias pero si comentar:
>
> > principal de empresas, por que entón o día que morra a vaca morreu o teto
> > e aló vai o leite. E non estou dicindo con isto que non sexa lexítimo
> > que as empresas vivan do software libre, que creo que iso debe ser
> > posibel.
>
> Si, sempre que poidades, todo ese material (po's, txm's...) por 'moralidade'
> é
> xusto que se comparta. Disto falouse en g11n e non creo, IMHO, que haxa que
> volver sobre do tema. Entendo que toda empresa é benvida a colaborar no
> código
> libre, pero, hai que axudar a que haxa comuniade de voluntarios.
>
si, esto eu enténdoo así tamén.
> > Unha vez teñamos iso resolto, entón poderemos intervir no tema
> > terminolóxico, estilístico e demais: mais penso que niste momento
> > deberíamos ser quen de deixar estar os criterios lingüísticos -ou se
> > cadra a falta deles, ou incluos o exceso deles- por que todo iso é
> > mudabel e nada do que se faga agora pretende ser definitivo en ningún
> > sentido.
>
> Se te refires á tradución de Firefox ben, iso é algo que debedes debater a
> xente que participades en gl-mozdev. Creo que vai x aí a cousa, non?
>
claro. o que non podemos é poñernos agora a discutir que si onde pon
'acerca de' pois poñemos 'sobre de' e que si onde poñemos 'gardar', ou
'salvar' ou 'presevar' ou eu qué sei. vamos facer nós agora de
académicos, o que nos faltaba. pa qué están os lingüistas entón? ou os
filólogos ou os que procedan. eso é como poñerse a correxir un sudoku
antes de terminalo, non ten ningún sentido. bueno sí, pode ter sentido
cando só hai unha persona que traduce, pero obviamente nin ese é o caso,
nin creo que sexa ese o caso desexabel para establecer pautas para o
traballo conxunto. correxídeme se me equivoco, claro.
> Se falas en xeral, o tema terminolóxico é importante... relativamente. Como
> de
> facto existe un estandar, creo, entre a xente que participamos na lista de
> trasno (xa que se van debatendo termos e en maior ou menor medida imolos
> adoptando) non hai premura en chegar en acordos xa. 'De facto' xa hai
> acordos.
> Só falta un acordo 'de iure'.
>
isto tamén o entendo.
> Porén, a medio longo prazo, hai que establecer un estándar de traballo BÁSICO
> por dous motivos: coherencia nas tradución que faciliten a aprendizaxe do
> software libre (pénsese na implantación en escolas ou empresas e nas guías de
> axuda etc; e si, a polisemia en elementos visuais básicos denigra a
> tradución)
> e por conveniencia da nova xente que (eventualmente) se incorpore á tradución
> voluntaria: ter unha guía á que aterse axuda coas primeiras dúbidas que
> aparecen e moraliza, supoño, para seguir traducindo; ó meu entender. Por iso,
> penso que é importante que en breve se poidera consensuar unha guía de estilo
> ou unhas guías de axuda para iniciarse na tradución. A este respecto haberá
> que falar máis de vagar cando todos teñamos máis tempo.
>
iso é o que eu noto en falta. eu dixera de encargarme de facer o
mix de glosarios ou algo así pero aínda non atopei tempo para abordar o
tema. é que se non esto é como o rato que morde o rabo, todo o tempo
dando voltas
> > Hai unha cuestión plantexada, iso sí, que era preciso resolver. Trátase
> > dos atallos de teclado. Eu precisaba saber se hai algún consenso que
> > impida facer o que nos piden os de Mozilla, que é adaptalos ao galego.
>
> Eu son un hiper fan do 'point and clic' pero coñozo xente que usa e abusa do
> teclado para operacións básicas. Así que é o mesmo ca se fora un elemento
> visual máis para algúnha xente. Pretendo dicir que aquí deberíase manter un
> estándar ríxido. Poderíase abrir na wiki de trasno unha sección para ir
> definindo as traducións disto?. Refírome {{ 'Alt+H' para o menú de axuda >
> cambio a 'Alt+A', A de Axuda}}
>
> Aquí hai unha lista básica que serve para empezar:
>
> http://www.novell.com/coolsolutions/tip/2289.html
>
> e moi especialmente:
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Table_of_keyboard_shortcuts
>
> Mozilleiros vexan aquí: http://support.mozilla.com/gl/kb/Shortcuts
>
jaander clander que estupenda cousa para resolver o poblema que temos
cos accesskeys do demo esos!
> > Saúdos e desculpade e desculpade a perorata (e grazas pola axuda co tema
> > Mozilla, que se vai movendo a pesar de que parece que lles costa de
> > carallo. Qué remedio lles queda.)
>
> Que non che moleste, pero, contestan case a díario, iso que lles costa, si
> hihihi; iso após dos últimos anos é un abosoluto avanze!!. Ese Axel tardou
> case un ano en contestar a unha entrada no bug do galego. Mozilla non é
> precisamente o paradigma de fundación para un proxecto opensource, tampouco
> Sun, creo.
>
non sei, non sei... pra min é cedo pra facer valoracións. se cadra o que
pasa é que se toman moi en serio o da calidade. ou se cadra que son un
grupo moito máis pequeno do que pensamos e son conscientes de que non
pode haber quebras internas e por iso se protexen tanto. non coma nós
carallo que andamos á gresca seguido por nada! :)
> PD: xa vivo felizmente sen Firefox, Konqueror funcioname ben dende hai unha
> tempada co flash e java (algo que nunca conseguira). Tm instalei arora e
> ghustoucheme ben. Desfacerme do FF era algo que me prometera a min mesmo,
> ighualiño que o de ir a San Andres de Lonxe, á Virxe da Barca e a facelo
> camiño de Santiagho. Todo cumprido, Lol!
>
>
pero esto? agora resulta que apeña se queixa seguido do firefox, a min
xa me teñen chegado algunhas, e de feito é verdade que a memória flipaba
que daba gusto. pero desde que lle montei un antiscripts que me dixo
susana, non teño problemas.
> > damufo escrebeu:
> > > Ola, como sabedes xa temos paquete en galego para probar o firefox 3 en
> > > galego.
> > > Apreciei que usa separador para as diferentes fiestras que se poden
> > > abrir, o caso é que me gustaría proporlle que muden separador por outra
> > > pois, tal como comentou Leandro en máis dunha ocasión, da lugar a
> > > confusión posi separador é por exemplo a liña vertical que aparece ao
> > > despregar os marcadores e que permite establecer máis ou menos largura.
> > > Claro para comentarlle que se podería mudar gustaríame que desde trasno
> > > lle propuxésemos unha alternativa, isto témolo moi falado e aínda non
> > > chegamos a consenso.
>
> Aquí damufo ten razón. No noso glosario aparece
>
> tab
> 1. n.f. lingüeta (recomendado)
> 2. n.m. separador
> 3. n.f. aba
> creo que debedes optar por lingüeta. Opinión lingüistica ó respecto?.
>
>
no noso glosario de quen? o de trasno? o de mancomún? o da UDC?
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>