Non quero entrar en polémicas varias pero si comentar:

> Dende o meu ponto de vista o máis importante (prioritario, urxente...) é
> lograrmos integrar a tradución na rama oficial.  Unha vez logrado iso
> poderemos dar o seguinte paso, que na miña opinión é reintegrar os
> resultados producidos (po, tmx, guía de estilo, critérios
> terminolóxicos, o que proceda) á comunidade. 
> Creo que ninguén debería
> perder de vista que se tivemos que involucrar a unha empresa nisto foi
> por que de forma voluntaria non poderíamos responder ao reto da
> tradución en tan pouco tempo, pero iso debería ser a excepción, non a
> norma. De ningún modo deberían depender as traducións do software libre
> principal de empresas, por que entón o día que morra a vaca morreu o teto
> e aló vai o leite. E non estou dicindo con isto que non sexa lexítimo
> que as empresas vivan do software libre, que creo que iso debe ser
> posibel.

Si, sempre que poidades, todo ese material (po's, txm's...) por 'moralidade' é 
xusto que se comparta. Disto falouse en g11n e non creo, IMHO, que haxa que 
volver sobre do tema. Entendo que toda empresa é benvida a colaborar no código 
libre, pero, hai que axudar a que haxa comuniade de voluntarios. 

> Unha vez teñamos iso resolto, entón poderemos intervir no tema
> terminolóxico, estilístico e demais: mais penso que niste momento
> deberíamos ser quen de deixar estar os criterios lingüísticos -ou se
> cadra a falta deles, ou incluos o exceso deles- por que todo iso é
> mudabel e nada do que se faga agora pretende ser definitivo en ningún
> sentido.

Se te refires á tradución de Firefox ben, iso é algo que debedes debater a 
xente que participades en gl-mozdev. Creo que vai x aí a cousa, non? 

Se falas en xeral, o tema terminolóxico é importante... relativamente. Como de 
facto existe un estandar, creo, entre a xente que participamos na lista de 
trasno (xa que se van debatendo termos e en maior ou menor medida imolos 
adoptando) non hai premura en chegar en acordos xa. 'De facto' xa hai acordos. 
Só falta un acordo 'de iure'.

Porén, a medio longo prazo, hai que establecer un estándar de traballo BÁSICO 
por dous motivos: coherencia nas tradución que faciliten a aprendizaxe do 
software libre (pénsese na implantación en escolas ou empresas e nas guías de 
axuda etc; e si, a polisemia en elementos visuais básicos denigra a tradución) 
e por conveniencia da nova xente que (eventualmente) se incorpore á tradución 
voluntaria: ter unha guía á que aterse axuda coas primeiras dúbidas que 
aparecen e moraliza, supoño, para seguir traducindo; ó meu entender. Por iso, 
penso que é importante que en breve se poidera consensuar unha guía de estilo 
ou unhas guías de axuda para iniciarse na tradución. A este respecto haberá 
que falar máis de vagar cando todos teñamos máis tempo. 

> Hai unha cuestión plantexada, iso sí, que era preciso resolver. Trátase
> dos atallos de teclado. Eu precisaba saber se hai algún consenso que
> impida facer o que nos piden os de Mozilla, que é adaptalos ao galego.

Eu son un hiper fan do 'point and clic' pero coñozo xente que usa e abusa do 
teclado para operacións básicas. Así que é o mesmo ca se fora un elemento 
visual máis para algúnha xente. Pretendo dicir que aquí deberíase manter un 
estándar ríxido. Poderíase abrir na wiki de trasno unha sección para ir 
definindo as traducións disto?. Refírome {{ 'Alt+H'  para o menú de axuda > 
cambio a 'Alt+A', A de Axuda}}

Aquí hai unha lista básica que serve para empezar: 

http://www.novell.com/coolsolutions/tip/2289.html

e moi especialmente:

http://en.wikipedia.org/wiki/Table_of_keyboard_shortcuts

Mozilleiros vexan aquí: http://support.mozilla.com/gl/kb/Shortcuts

> Saúdos e desculpade e desculpade a perorata (e grazas pola axuda co tema
> Mozilla, que se vai movendo a pesar de que parece que lles costa de
> carallo. Qué remedio lles queda.)

Que non che moleste, pero, contestan case a díario, iso que lles costa, si 
hihihi; iso após dos últimos anos é un abosoluto avanze!!. Ese Axel tardou 
case un ano en contestar a unha entrada no bug do galego. Mozilla non é 
precisamente o paradigma de fundación para un proxecto opensource, tampouco 
Sun, creo. 

PD: xa vivo felizmente sen Firefox, Konqueror funcioname ben dende hai unha 
tempada co flash e java (algo que nunca conseguira). Tm instalei arora e 
ghustoucheme ben. Desfacerme do FF era algo que me prometera a min mesmo, 
ighualiño que o de ir a San Andres de Lonxe, á Virxe da Barca e a facelo 
camiño de Santiagho. Todo cumprido, Lol! 


> damufo escrebeu:
> > Ola, como sabedes xa temos paquete en galego para probar o firefox 3 en
> > galego.
> > Apreciei que usa separador para as diferentes fiestras que se poden
> > abrir, o caso é que me gustaría proporlle que muden separador por outra
> > pois, tal como comentou Leandro en máis dunha ocasión, da lugar a
> > confusión posi separador é por exemplo a liña vertical que aparece ao
> > despregar os marcadores e que permite establecer máis ou menos largura.
> > Claro para comentarlle que se podería mudar gustaríame que desde trasno
> > lle propuxésemos unha alternativa, isto témolo moi falado e aínda non
> > chegamos a consenso.

Aquí damufo ten razón. No noso glosario aparece 

tab 
 1. n.f. lingüeta (recomendado)
 2. n.m. separador
 3. n.f. aba
creo que debedes optar por lingüeta. Opinión lingüistica ó respecto?. 


Responderlle a