Boas, Só tranquilizar a todo o mundo que vexa cousas raras, inusuais ou mesmo contraditórias na tradución que estamos a faguer do firefox. Penso que deberíamos empregar esta oportunidade para tratar de resolver moitas das cousas que temos pendentes e que saíron á luz no g11n; e entre elas as lingüísticas son só unha parte, gustaríame resaltar iso.
Dende o meu ponto de vista o máis importante (prioritario, urxente...) é lograrmos integrar a tradución na rama oficial. Unha vez logrado iso poderemos dar o seguinte paso, que na miña opinión é reintegrar os resultados producidos (po, tmx, guía de estilo, critérios terminolóxicos, o que proceda) á comunidade. Creo que ninguén debería perder de vista que se tivemos que involucrar a unha empresa nisto foi por que de forma voluntaria non poderíamos responder ao reto da tradución en tan pouco tempo, pero iso debería ser a excepción, non a norma. De ningún modo deberían depender as traducións do software libre principal de empresas, por que entón o día que morra a vaca morreu o teto e aló vai o leite. E non estou dicindo con isto que non sexa lexítimo que as empresas vivan do software libre, que creo que iso debe ser posibel. Unha vez teñamos iso resolto, entón poderemos intervir no tema terminolóxico, estilístico e demais: mais penso que niste momento deberíamos ser quen de deixar estar os criterios lingüísticos -ou se cadra a falta deles, ou incluos o exceso deles- por que todo iso é mudabel e nada do que se faga agora pretende ser definitivo en ningún sentido. Hai unha cuestión plantexada, iso sí, que era preciso resolver. Trátase dos atallos de teclado. Eu precisaba saber se hai algún consenso que impida facer o que nos piden os de Mozilla, que é adaptalos ao galego. Acabo de facer a pergunta en mozdev, e vouna extener a g11n. Con todo: o que se exprese nesta lista ao respeito xa sabedes que ten un peso específico próprio. Saúdos e desculpade e desculpade a perorata (e grazas pola axuda co tema Mozilla, que se vai movendo a pesar de que parece que lles costa de carallo. Qué remedio lles queda.) damufo escrebeu: > Ola, como sabedes xa temos paquete en galego para probar o firefox 3 en > galego. > Apreciei que usa separador para as diferentes fiestras que se poden abrir, > o caso é que me gustaría proporlle que muden separador por outra pois, tal > como comentou Leandro en máis dunha ocasión, da lugar a confusión posi > separador é por exemplo a liña vertical que aparece ao despregar os > marcadores e que permite establecer máis ou menos largura. > Claro para comentarlle que se podería mudar gustaríame que desde trasno lle > propuxésemos unha alternativa, isto témolo moi falado e aínda non chegamos > a consenso. > Neste caso penso que precisamente se foi escoller a menos indicada. > Que tal se propoñemos lingüeta que é a opción recomendada no glosario de > trasno? > Neste caso penso que o importante é que non cree confusión, despois entre > as outras opcións xa é cuestión de gusto. > Saúdos -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>

