>> >>> >> > Elvish Shyde
>> >>> >> Teño a idea de que é algo relacionado ca timidez, así que elfa
>> >>> >> asustadiza, elfa fuxidia, elfa tímida ou algo así...
>> >>> >
>> >>> > Fada elfa ou fada élfica, non sei, como Shyde non aparece nada e ten
>> >>> > que ter
>> >>> > un nome acorde co tipo de unidade que é, ou sexa de nibel 3 por
>> >>> > enriba
>> >>> > de
>> >>> > xamanes e druidas
>> >>>
>> >>> Lembro que unha vez me dixera Marce que fada en inglés é fairy :) pero
>> >>> a miña idea é a mesma cá túa...
>> >>
>> >> Xa sei que é fairy XD, é unha tradución máis ou menos libre, e as fadas
>> >> son asustadizas el agunhas poden ser poderosas, ademáis acáelle moi ben
>> >> a
>> >> representación gráfica da unidade non cres?
>> >>>
>> > Segundo Urbandictionary:
>> >
>> > Alguén que é "shady" = "shade","evil".
>> >
>> > Segundo Wordreference:
>> >
>> > "Shade", aplicado a unha personaxe, indica que é "sospeitoso".
>> >
>> > Non estou moi posto en como son as unidade do xogo, pero penso que a
>> > imaxe
>> > das fadas que todos temos gracias a/por culpa de Walter Disney non se
>> > parece
>> > en nada ó perfil de alguén sospeitoso.
>> >
>> > Acabo de lembrar que nalgures pola casa teño un diccionario de seres
>> > míticos
>> > en galego, se cadra se atopa algo na cultura poplar que lle acaia
>> > mellor.
>>
>> A unidade chámase Elvish Shyde!!
>>
>> http://www.wesnoth.org/units/1.4/C/Elvish%20Shyde.html
>>
>> O do libro de seres míticos viña ben.
>>
>> Ata logo,
>>                 Leandro Regueiro
>
> Pero se a solución xa cha ofrece a páxina do perfil:
>
> "Devotion to her faerie side will eventually transform an elf maiden into a
> creature of both worlds."
>
> Se entendín correctamene, esa unidade era, en principio unha fada, pero
> "sucumbiu ó lado escuro"... seguindo esta interpretación que vos parece:
> Fada Escura Élfica/ Fada Élfica Escura  [si xa sei que volvó ó tema do
> adxectivo/nome, pero é que lle acae mellor, cando menos a esta proposta].

Home, non sei por que presupós que o outro lado é o lado escuro :) No
señor dos aneis, algúns dos altos elfos vivían ó mesmo tempo en dous
mundos, polo que se o mataban no "mundo real" non morria no outro.
Pero o outro mundo non era un mundo escuro.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a