O Mar, 08-07-2008 ás 18:04 +0200, Javier Pico escribiu:
>         
>         > Cavalryman
>         
>         > Cavalier
>         Como vedes temos problemas cas unidades a cabalo. Como demo
>         traducimos
>         cavalier e cavalryman se xa estamos usando tódalas posibles
>         traducións. Ideas??????
> 
> Supoño que os termos [knight, cavalier, cavalryman] serán sinónimos,
> pero que prentenderán usalos para diferenciar en algo a esas unidades.
> 
> Cavalry é cabalería, polo que eu deduzo que o "Cavalryman" é un membro
> oficial dese grupo militar. Poderíase traducir por "montado" [non
> estou seguro que ese termo exista en galego] seguindo a liña dos
> "policías montados".
> 
> Por outro lado "Cavalier" procede do francés "chevalier" (que
> significa cabaleiro), pero foi empregado orixinalmente para referirse
> a membros da nobreza seguidores de Carlos I
> [ http://es.wikipedia.org/wiki/Cavalier_(apodo) ]. Non estou seguro
> que esa acepción se preste moito en este contexto.
> 
> Isto deixa a "Knight" e "Cavalier" como "cabaleiro", pero existe un
> sinónimo de cabaleiro (que monta a cabalo) que é "Xinete" [anque entón
> entraría un novo termo en xogo: "Rider"].
> 
> Deixando a un lado este último problema, eu proporía algo como o que
> segue:
> 
> Cavalryman: "montado".
> Cavalier: "cabaleiro" [por se existise algún matiz de nobreza]
> Knight: "xinete" [anque non me gusta demasiado: a falta de algo
> mellor].
> 
> ¿Propostas?
> 
A min xinete sóame a "peor", a unha unidade de nivel inferior a
cabaleiro (creo que me ven do primeiro Empire Earth, en que os
xinetes... pena daba velos). Polo tanto, eu lle poría cabaleiro a
Knight.
> 
> 

Responderlle a