Respondo sobre esta mensaxe xa que parece que é a que máis cousas por
responder ten. Respecto ó das unidades a cabalo, xa creara unha
mensaxe con tódalas unidades humanas a cabalo, que é coas que hai
problema. Por outra parte, verei de ir fixando máis nomes de unidades,
e subindo os cambios ó svn, e de paso xuntarei aquelas unidades nas
que ainda non se decidiu nada e intentarei facer unha sintese das
traducións propostas...
>> > Dark Adept
>> Adepto Escuro, bruxo, meigo
> --Pero o escuro en minúscula, non?
Xa, pero cal opción escollemos das tres???
>> > Lich
>> liche
O dito, o único que queda é poñer liche, xa que non hai tradución
posible, ou polo menos eu non atopei ningunha, FIXADO a non ser que
alguén diga unha tradución mellor.
>> > Heavy Infantryman
>> infanteria pesada
Tedes razón. Eu case votaria por infante e a rañala...
>> > Shock Trooper
>> tropa de choque
O de tropa de choque non me convence moito. Outra idea??
>> > Iron Mauler
>> mauler é alguén que fire. Ideas??
> --E "maulas" o ferido ;-) Que fire con ferro... Ferreiro non... Dame que
> imos necesitar dunha tradución máis distinta á orixinal.
Xa, vaille haber que dar voltas.
>> > Mage of Light
>> mago de luz
> Mago da luz?
Eu prefiro mago de luz.
>> > Javelineer
>> lanzador de xavelina
> Si, vai ser mellor ca o de "xavelineiro".
Xavelineiro ten boa pinta, pero non atopei ningunha referencia.
>> > Highwayman
>> salteador [de camiños]
> Asaltador?
Salteador ben no digalego, e ten boa pinta, así que voto por el.
>> > Grand Marshal
>> gran mariscal
> Os marchals que son? Coma validos?
Os mariscais son coma xenerais ou así.
>> > Woodsman
>> leñador
> rebelde do bosque (home do bosque sóame cutre)
Penso que a idea é a de leñador, ainda que as outras opcións tamén son
aceptables...
>> > Huntsman
>> cazador de homes???? A alguén se lle ocorre algo mellor??
> Emboscador, secuestrador (este último dame noxo, pero por propor...)
Emboscador xa está moi visto, , secuestrador estaria ben. Propoñedes
cazador, pero embaixo aparecen dúas unidades chamadas "peasant hunter"
e "peasant huntsman", así que prefiro que haxa algo de consistencia. O
de secuestrador sería unha tradución aceptable. Eu penso máis na idea
dos cazarrecompensas, alguén que persigue persoas, por unha razón ou
outra. Máis ideas???
>> > Ranger
>> gardabosques???
> --a min gústame
FIXADO logo
>> > Human Commander <--Under the Burning Suns
>> comandante humano
>>
>> > Dismounted Commander <--The South Guard
>> comandante desmontado
> Comandante a pé
FIXADO
>> > Junior Commander <--The South Guard
>> comandante xove
Eu puxen xove guiándome pola descrición que dan desta unidade ó
comezar a campaña.
>> > Horseman Commander <--The South Guard
>> comandante de homes a cabalo
Tedes razón, terian posto horsemen se se referira a elo. Pero por
outra parte teño visto cada barbaridade escrita por algúns dos
desenvolvedores... Penso que ainda que non se axuste totalmente, a
tradución é o que realmente o desenvolvedor queria expresar :)
>> > Mounted General <--The South Guard
>> xeneral montado
> Xeneral a cabalo
FIXADO logo
>> > Elder Mage <--Heir to the Throne
>> mago vello
> Mago ancián
Eu usei vello porque para outras unidades usaban "ancient" coma algo
máis vello ca "elder", así que traducin o primeiro coma ancián e o
segundo coma vello. Prefiro manter esta distinción ainda que a
tradución lle quede caralluda.
>> > Mounted Fighter <--The Eastern Invasion
>> loitador
> loitador a cabalo
FIXADO logo
>>
>> > Mounted Warrior <--The Eastern Invasion
>> guerreiro montado
> guerreiro a cabalo
FIXADO logo
>> > Apprentice Mage <--Descent Into Darkness
>> aprendiz de mago
Eu penso que queda mellor aprendiz de mago...
>> > Apprentice Necromancer <--Descent Into Darkness
>> aprendiz de nigromante
O mesmo de enriba...
>> > Village Elder <--Liberty
>> labrego vello, ou vilán vello
> Ancián da vila
Xa dixen enriba que prefiro ancián coma tradución para ancient... se
non tedes problema poñemos labrego vello
>> > Senior Village Elder <--Liberty
> Sabio da vila (se supón que é máis vello ca o anterior)
O de sabio queda ben. Aquí supoño que é onde quedaria ben ancián en
contraposición a vello...
>> > Peasant Hunter <--Liberty
>> > Peasant Huntsman <--Liberty
>> > Peasant Youth <--Liberty
>> labrego xove
> rapaz labrego?
Prefiro o de labrego xove...
>> > Borderer <--Liberty
>> Os que viven na fronteira teñen algún apelativo particular???
> --Non que eu saiba.
Aquí vai haber que inventar algo. Fronteirizo non ven ben. Un borderer
é unha persoa que vive nas fronteiras de Wesnoth.
Ata logo,
Leandro Regueiro