2008/8/21 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> O Xov, 21-08-2008 ás 12:37 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>> >> > Non sei onde está a discusión disto, pero paréceme raro que turno non
>> >> > exista. Heino confirmar consultando por aí. En todo caso xa digo que
>> >> > non me gusta nada ter que cambiar cousas cando o traballo está medio
>> >> > rematado e a maior parte dos cambios caen na miña parte, non será isto
>> >> > un complot pola vosa parte, non?
>> >>
>> >> Mirei no egu e turno apunta a quenda, pero turno ten un asterisco na
>> >> esquerda, ainda que non sei o que significa. Consultei a guía de uso e
>> >> só fala do asterisco á dereita para denotar que é un estranxeirismo.
>> >
>> > si, concretamente un castelanismo, (aparentemente). Xa dixen que nesta zona
>> > (Mariña Coruñesa) eu nunca sentín a ningún maior usando "turno" , pero si
>> > quenda (as quendas para lavar, moer, segar...), ou a "vez" para o médico...
>> > así que a non me soa natural e enténdoo coma un castelanismo.
>> >
>> > Podes comprobar no VOLGA [*] que a RAG o califica cono "non válido" e
>> > recomenda como sinónimos "quenda" ou "vez"
>> >
>> > [*] http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp
>>
>> O da vez sóame a min tamén. Se hai que cambiar turno, cámbiase, pero
>> que alguén confirme isto.
>
> "Quenda" refírese á vez que ten alguén para utilizar algo, un recurso
> limitado. Así, nas olimpiadas, os nadadores teñen que agardar a súa quenda,
> antes de nadaren teñen que rematar a proba anterior.
>
> "Turno" é varias cousas. Pode ser un grupo de persoas que se van alternando
> para facer algo (e por extensión é que se aplica este vocábulo aos horarios
> laborais), ou a orden na que varias persoas fan ou receben algo; como a miña
> muller é algo paranoica, imos á praia e bañámonos por turno, que o mar é
> largo e couvemos todos á vez (*)
>
> "Rolda", rolda é un turno, e máis cousas, como unha ronda (de vixilancia,
> p.ex.), ou un grupo de persoas postas en círculo, e tamén é algo relativo ás
> faenas da sega.
>
> E caseque todo o anterior son "veces": actos, ocasións, sucesos repetidos en
> serie fortuita ou pre-estabelecida.
>
> Para máis señas, cando vos fallen os dicionarios "normais", consultai o
> estraviz. A ligazón está anotada en trasno.
>
> Díxoo Villarino, queda "turno".

Acabo de comezar a ler tódalas mensaxes acumuladas, así que non sei se
disto se falou nalgunha outra conversa, así que en principio queda
turno, para non andar cambiando as cousas seguido.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a