>> Sobre a base de que "trebello" gustame, creo que trebello é máis indicado
>> para "gadget", por iso eu empreguei nalgunha ocasión "chintofano" para
>> widget"
>
> Non me acaba de convencer o de chintófano... Unha liña de manual... por
> exemplo, "gtk é un conxunto de chintófanos"... soa raro, alomenos para min.
>
> Aclaro que a discusión está na traducción para o termo referido ao ámbito da
> programación. No resto, é obtar por algunha das solucións posibles, e tamén
> aposto por "trebello". É máis, poderiamos usar trebello para tódolos usos
> (incluíndo a definición de plasmoide como trebello de KDE4 con Plasma).

A ver, que xa estamos todos convencidos de que nin "chintófano" nin
"trebello" serven para os widgets de gtk ou qt. Nese caso quedarase en
usar "widget", aínda que nas traducións teño visto "elemento",
"elemento da interface", "elemento do formulario" e incluso
"compoñente".

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a