Karl García Gestido escribiu:
O Xoves 16 Abril 2009 18:38:45 damufo escribiu:
Boas:
Karl García Gestido escribiu:
Na Wikipedia afirman que widget provén de "window gadget", o que sería un
"trebello de fiestra". Que tal inventar un, como "fiestre" XD
Deixar widget non é tradución é deixar sen traducir.
Ou asimilala. Tomar palabras emprestadas doutros idiomas non é nada malo ;)
Eu penso que as diversas opcións non capturan todo o matiz preciso. "Widget" é
unha palabra que no inglés ten só 21 anos, non é nada que existise toda a
vida.
Saúde!!
Se por asimilar te refires a adaptala a unha grafía que a converta en
regular (como guidguet) a min váleríame pero non creo que sexa a mellor
solución. Eu optaría por usar un termo existente que poida adoptar este
novo (matiz) significado ou mesmo crear un novo (quen corresponda).