O Venres 17 Abril 2009 12:38:02 Leandro Regueiro escribiu: > > Por iso do concurso :-) propoño, sen pretender ser orixinal, para os > > xxget/xxlet "chintófano" > > > > vide: > > http://homepage.mac.com/fuco/chintofano/ > > A min válenme "trebello" e "chintófano" para o ámbito das pequenas > aplicacións do escritorio, pero prefiro "trebello". Tamén por trebello, como xa dixen, para os elementos gráficos que pos no escritorio e que teñen variada funcionalidade. > Por outra parte todo iso que están discutindo ultimamente é máis ben > polo outro contexto, o de "elemento da interface gráfica", e non sei > eu se se estarán desviando un pouco do tema. > > Ata logo, > Leandro Regueiro Bueno, é referente a un glosario, ¿non? Widget significa distintas cousas en distintos ámbitos.
Por exemplo, unha aplicación QT define unha aplicación, á cal se lle asigna unha fiestra. Dentro desa aplicación, dispóñense os widgets precisos para que a interface permita ser usada para o que esté programada. Pola contra, o conxunto de widgets GTK funciona de maneira distinta: Anque nunha fiestra poden agruparse, naturalmente, varios widgets, á aplicación base non se lle asigna ningunha. Así, se inicias gimp ou aplicacións GNOME "tradicionais" (non me refiro a otras aplicacións que utilicen gtk para a súa interface Linux, como pode ser o Firefox) terás unha fiestra cuns cantos botonciños, e se abres unha imaxe para retocar ou creas unha nova terala noutra fiestra. Cada grupo de opcións que abras, á súa vez, estará noutra fiestra. Algúns conxuntos de widgets, principalmente o de Windows, simulan este comportamento para permitir despregar un grupo de widgets relacionados e así dispolos noutra parte da fiestra do documento (algunhas simulacións incluso permiten "sacar" ese grupo de widgets da fiestra principal), pero a diferencia conceptual é moita, pasando polo feito de que en GTK o feito de que a cada widget se lle asigne unha fiestra é o normal namentres que nos outos conxuntos sexa algo "forzado" ou "simulado". IMHO Unha etiqueta para indicar a funcionalidade dun botón é un widget, pero persoalmente atopo moi difícil considerala un "chintófano" ou un "trebello". Pola contra, esta maneira de traballar dos widgets gtk (e agora usada tamén por Plasma) é moi interesante para desenrolar "trebellos", pero un trebello dado pode ser un widget ou varios widgets agrupados, namentres que un widget non ten por que ser un trebello. De feito, ata onde eu entendo, o propio nome orixinal é chintófano ou trebello "de fiestra", ou "fiestra de trebello" ou "elemento de chintófano"... significados correctos pero penso que alomenos un pouco "escuros" XD Nótese que en inglés non os denominan "gadgets", senón "WIndows gaDGETS". Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl

