Sobre a base de que "trebello" gustame, creo que trebello é máis indicado
para "gadget", por iso eu empreguei nalgunha ocasión "chintofano" para
widget"


2009/4/17 Karl García Gestido <karlgg...@opengea.org>

> O Venres 17 Abril 2009 12:38:02 Leandro Regueiro escribiu:
> > > Por iso do concurso :-) propoño, sen pretender ser orixinal, para os
> > > xxget/xxlet "chintófano"
> > >
> > > vide:
> > > http://homepage.mac.com/fuco/chintofano/
> >
> > A min válenme "trebello" e "chintófano" para o ámbito das pequenas
> > aplicacións do escritorio, pero prefiro "trebello".
> Tamén por trebello, como xa dixen, para os elementos gráficos que pos no
> escritorio e que teñen variada funcionalidade.
> > Por outra parte todo iso que están discutindo ultimamente é máis ben
> > polo outro contexto, o de "elemento da interface gráfica", e non sei
> > eu se se estarán desviando un pouco do tema.
> >
> > Ata logo,
> >                     Leandro Regueiro
> Bueno, é referente a un glosario, ¿non? Widget significa distintas cousas
> en
> distintos ámbitos.
>
> Por exemplo, unha aplicación QT define unha aplicación, á cal se lle asigna
> unha fiestra. Dentro desa aplicación, dispóñense os widgets precisos para
> que
> a interface permita ser usada para o que esté programada. Pola contra, o
> conxunto de widgets GTK funciona de maneira distinta: Anque nunha fiestra
> poden agruparse, naturalmente, varios widgets, á aplicación base non se lle
> asigna ningunha. Así, se inicias gimp ou aplicacións GNOME "tradicionais"
> (non
> me refiro a otras aplicacións que utilicen gtk para a súa interface Linux,
> como pode ser o Firefox) terás unha fiestra cuns cantos botonciños, e se
> abres
> unha imaxe para retocar ou creas unha nova terala noutra fiestra. Cada
> grupo
> de opcións que abras, á súa vez, estará noutra fiestra.
>
> Algúns conxuntos de widgets, principalmente o de Windows, simulan este
> comportamento para permitir despregar un grupo de widgets relacionados e
> así
> dispolos noutra parte da fiestra do documento (algunhas simulacións incluso
> permiten "sacar" ese grupo de widgets da fiestra principal), pero  a
> diferencia conceptual é moita, pasando polo feito de que en GTK o feito de
> que
> a cada widget se lle asigne unha fiestra é o normal namentres que nos outos
> conxuntos sexa algo "forzado" ou "simulado".
>
> IMHO Unha etiqueta para indicar a funcionalidade dun botón é un widget,
> pero
> persoalmente atopo moi difícil considerala un "chintófano" ou un
> "trebello".
> Pola contra, esta maneira de traballar dos widgets gtk (e agora usada tamén
> por Plasma) é moi interesante para desenrolar "trebellos", pero un trebello
> dado pode ser un widget ou varios widgets agrupados, namentres que un
> widget
> non ten por que ser un trebello.
>
> De feito, ata onde eu entendo, o propio nome orixinal é chintófano ou
> trebello
> "de fiestra", ou "fiestra de trebello" ou "elemento de chintófano"...
> significados correctos pero penso que alomenos un pouco "escuros" XD Nótese
> que en inglés non os denominan "gadgets", senón "WIndows gaDGETS".
>
> Saúde!!
> --
> O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
> --
> karl
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org é na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a