O Venres 17 Abril 2009 08:17:23 damufo escribiu:
> Karl García Gestido escribiu:
> > O Xoves 16 Abril 2009 18:38:45 damufo escribiu:
> >> Boas:
> >>
> >> Karl García Gestido escribiu:
> >>> Na Wikipedia afirman que widget provén de "window gadget", o que sería
> >>> un "trebello de fiestra". Que tal inventar un, como "fiestre" XD
> >>
> >> Deixar widget non é tradución é deixar sen traducir.
> >
> > Ou asimilala. Tomar palabras emprestadas doutros idiomas non é nada malo
> > ;)
> >
> > Eu penso que as diversas opcións non capturan todo o matiz preciso.
> > "Widget" é unha palabra que no inglés ten só 21 anos, non é nada que
> > existise toda a vida.
> >
> > Saúde!!
>
> Se por asimilar te refires a adaptala a unha grafía que a converta en
> regular (como guidguet) a min váleríame
a pronunza sería "uidllet" ou algo así... o de usar "gu" é a solución adoptada 
para whisky... 
vexamos, temos hardware e software, non ghardhuar e sofhuar (o h é para 
separar as sílabas)... creo que deberamos escoller a opción sinxela, e 
persoalmente vexo máis simple "widget" que "guidget" (en todo caso, 
"güidget"... bueno, así non soa mal... ).
> pero non creo que sexa a mellor
> solución. Eu optaría por usar un termo existente que poida adoptar este
> novo (matiz) significado
iso é o que vemos que non temos, un termo que se adecue perfectamente. As 
solucións propostas valen para os diversos ámbitos concretos... pero non para 
o concepto xeral.
> ou mesmo crear un novo (quen corresponda).
Decir ese "quen" é o malo... ¿facemos un concurso? XD

A falta de reglamentación do inglés ten esa ventaxa. Cada quen usa o termo que 
precise (o define nalgures e andando), e algúns termos espállanse e outros 
non... Claro que ao ser un idioma de amplo uso na disciplina, é doado o 
proceso. Por exemplo, un programador inventa un recurso e ponlle un nome, e 
publica a documentación; outro programador colle esa documentación e usa o 
mesmo termo que o autor... e así ata que pasa a ser de uso común.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a