> por min penso que tampouco habería problema.
> Marce, que opinas do tema?

Que son as nove e media, e debería ter saído do traballo hai dúas
horas e media. Un mal día para opinar nada eu.

Eu opino que estaría ben que trasno tivese unha forma de
representación, un NIF de persoa xurídica que o avale, e prefiro algo
como as ciberirmandades, case exclusivamente do eido ligüístico, que
un lug, máis centrado no computacional, e sobretodo, con demostrado
cero interese pola pela. Os lugs, todos, veñen a poder ser
clasificados en tres grupos: os existentes para facer unha party, os
destinados a facer promoción de empresas/programas/produto, e os
universitarios.
Por que dentro de outra organización preexistente? por aforrar papel (
e tempo, e esforzo).

Eu non son da idea de que realmente, como trasno, nos interese a
representación para optar a pasta. É unha cuestión __complementaria__
e __moi secundaria__. Si para que os participantes de trasno que
podan, fundamentalmente os estudantes, podan facer currículo recibindo
ou como relatores de charlas, coloquios, conferencias etc, o que se
di: créditos para o estudo.

Responderlle a