Miguel Bouzada escribiu:
2009/5/7 mvillarino <[email protected] <mailto:[email protected]>>
> por min penso que tampouco habería problema.
> Marce, que opinas do tema?
Que son as nove e media, e debería ter saído do traballo hai dúas
horas e media. Un mal día para opinar nada eu.
Eu opino que estaría ben que trasno tivese unha forma de
representación, un NIF de persoa xurídica que o avale,
Cando "defendia" que Trasno mantivese a súa peculiar forma de
artellamento facíao pensando en que eu son dos últimos en chegar e en
que non me considero capacitado para pedir que se mude de estrutura.
Dito isto, creo que un artellamento "legal ó uso" non é
contraproducente, senón que pode ser moi útil.
e prefiro algo
como as ciberirmandades, case exclusivamente do eido ligüístico, que
un lug, máis centrado no computacional, e sobretodo, con demostrado
cero interese pola pela. Os lugs, todos, veñen a poder ser
clasificados en tres grupos: os existentes para facer unha party, os
destinados a facer promoción de empresas/programas/produto, e os
universitarios.
Neste opunto non comparte a valoración dos LUG que fas, xa que hai
moitos nos que o tema lingua é básico, é máis, para alguns forma parte
da ética do "libre".
Por que dentro de outra organización preexistente? por aforrar papel (
e tempo, e esforzo).
É unha forma de velo nada criticable, e incluso poida que a máis doada
que outras.
Eu non son da idea de que realmente, como trasno, nos interese a
representación para optar a pasta. É unha cuestión __complementaria__
e __moi secundaria__. Si para que os participantes de trasno que
podan, fundamentalmente os estudantes, podan facer currículo recibindo
ou como relatores de charlas, coloquios, conferencias etc, o que se
di: créditos para o estudo.
Engado, como algúns outros, eu só traduzo aplicacións libres para
contornas libres, negome a traducir aplicacións "só" para contornas
privativas.
Eu concordo e amplío, nin agora nin nun futuro (iso espero) en trasno se
obriga/á a traducir nada. De formar parte de ciberirmandade, os
trasnegos deciden que traducen polo que penso que isto está mais que claro.
--
To unsubscribe, send mail to [email protected]
<mailto:[email protected]>.
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt, .pptx
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org <http://jabberes.org> e
na sala [email protected]
<mailto:[email protected]>