Boas:
Leandro Regueiro escribiu:
2009/11/5 Antón Méixome <[email protected]>:
2009/11/5 Leandro Regueiro <[email protected]>:
2009/11/5 Fran Diéguez <[email protected]>:
"texto simple"
+1
Para que conste no rexistro. Sacado do glosario de Mancomún:
"plaintext"#"texto plano"#"texto sen formato"#
"plain text"#"texto plano"#"texto sen formato"#
+1 texto simple
Vale, entón tocaralle a Antón actualizar o glosario de Mancomún.
Nota: o openoffice emprega "Texto sen formato", pode verse na indo ao
menú: Editar|Pegado especial
"Texto simple" pode ser unha boa opción aínda que penso que máis claro é
sen formato, ou non? porque que se entende por formato? un "texto en
html" é texto sen formato? refirome a <p>isto é un parágrafo</p> ou
mesmo as tabulacións que si deixa ao pegar (ou colar, non sei en que
quedou a cousa)... polo que formato eu entendo que si ten.
En definitiva poida que texto simple sexa máis acertado, polo menos
neste caso do openoffice.