Enfiando co que estabades a falar e para que quede na conversa, cito: >(wikipedia EN) plain text is a term used for an ordinary "unformatted" sequential file readable as textual material without much processing. [...]The encoding has traditionally been either ASCII, one of its many derivatives such as ISO/IEC 646 etc., or sometimes EBCDIC. No other encodings are used in plain text files which neither contain any (character-based) structural tags such as heading marks, nor any typographic markers like bold face, italics, etc.
co cal "plain" fai referencia á ausencia de marcas de formato; que se pode expresar como que carece de "adornos" ou é "simplemente texto". Do Merrian Webster, 10º ed.: >PLAIN >intransitive verb archaic : COMPLAIN >noun 1 a : an extensive area of level or rolling treeless country b : a broad unbroken expanse 2 : something free from artifice, ornament, or extraneous matter >adjective 1 archaic : EVEN, LEVEL 2 : lacking ornament : UNDECORATED 3 : free of extraneous matter : PURE 4 : free of impediments to view : UNOBSTRUCTED 5 a ( >: evident to the mind or senses : OBVIOUS ( >: CLEAR b : marked by outspoken candor : free from duplicity or subtlety : BLUNT 6 a : belonging to the great mass of humans b : lacking special distinction or affectation : ORDINARY 7 : characterized by simplicity : not complicated 8 : lacking beauty or ugliness >adverb : in a plain manner >adverb : ABSOLUTELY Así que desas tres acepcións que se recalcan: "plain text" > "texto simple", "texto sen formato", "texto puro", "texto limpo"... o que queirades, excepto "plano", pois de que eu saiba en galego plano non ten a acepción de simple, sen ornamentar ou similar. Eu simplemente escollería "simple" e non teño claro se hai que establecer unha dualidade na tradución con respecto a que punto de vista (usuario/máquina) se faga referencia (a priori, véxoa innecesaria). E dúas cousas que me veñen á cabeza: 1. que se soe picar nos "false friends" con facilidade por NON mirar o dicionario inglés (Cambridge online!!!, Merrian Webster!! e Longman son espléndidos recursos) 2. que os cataláns nos levan anos de vantaxe en terminoloxía pois, segundo teño entendido, teñen un instituto gobernamental propio para adapta-los préstamos doutras linguas (termicat? non recordo o nome). Segundo a miña experiencia, as traducións ó catalán son (con raras excepcións) correctas dende o punto de vista técnico e, parece, que dende o filolóxico.