Re: [terminoloxia] scan

2016-01-13 Conversa Serxio Cachaldora
Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" 
escribiu:

> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome  escribiu:
> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome  escribiu:
> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
> >>
> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
> >>
> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
> inglés:
> >>
> >> escanear
> >>  verbo transitivo
> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
> >> gárdaas no disquete.
> >>
> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
> >> por exemplo no caso de redes.
> >>
> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
> >>
> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
> >> un radar, un varrido de radar.
> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
> >
> >
> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
> > valor non estea recollido pola RAG
> >
> > "Deter
> escaneo"
> > En
> >
> >
> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>
> Ola,
> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
> existencia.
>
>
> Deica
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Leandro Regueiro
O 12 xaneiro 2016 23:14, Enrique Estévez Fernández  escribiu:
> Ola.
>
> Acabo de ver o ficheiro dende o mobil. É un ficheiro xml que pode ter algo
> que ver co formato xliff. Dentro dos elementos vin xmlns: e algo de xliff
> 1.2
>
> No seu momento tentei preparar para traducir o proxecto Open Journal System
> (OJS), e tamen usaba ficheiros XML. Mandei unha mensaxe a esta lista se non
> lembro mal e comentei da existencia dun conversor po4a (o titulo do correo
> era Traducion do telegram).
>
> Cando teña tempo probarei a ver se OmegaT carga eses ficheiros XML de
> android. Se fora asi, tamen se poderia tentar xerar a TMX dende OmegaT.

Ola,
se les a miña mensaxe anterior xa podes ver que xerei eu o TMX. Aínda
así entendo que sería interesante probar co OmegaT xa que o sistema
que empreguei eu non é tan simple como me gustaría. O ideal sería ter
un conversor no Translate Toolkit.


> Un saudo.
>
> O 11 xaneiro 2016 21:52, Antón Méixome  escribiu:
>> Non sei desde cando, para min desde hoxe; pero xa se pode acceder á
>> tradución de android no seu git
>>
>>
>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/android-6.0.1_r3/res/
>>
>> O problema é que a tradución está así esparexida na árbore de
>> cartafoles, e ten que haber varios centos de ramificacións con
>>
>>  values-gl-rES/
>>  values-gl-rES-nokeys/

Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
dous directorios.


>> Polo que levo visto, á parte de pequenas diferenzas como a terminación
>> -ble, o uso do masculino para "o tablet" e cousas así, é amplamente
>> compatible co noso modelo lingüístico.
>>
>> Alguén se lle ocorre maneira de recollelas nunha memoria TMX?
>
> Supoño que será hora de poñerse co conversor de Android para o
> Translate Toolkit. Aínda que quizais haxa xa algún conversor por
> algures.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes?
Pode que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro.
É unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde
ca nunca...

El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
escribió:

> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
> escribiu:
> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
> > dous directorios.
>
>
> Claro,
>
> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
> Supoño que tiraches de consola para reunilos
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] tile

2016-01-13 Conversa Marcos Lans

Non uso windows pero na súa páxina aberta para consultas de tradución
todas as acepcións de Tile levan a Mosaico:


http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx?sString=digest=gl-es






On 12/01/16 19:36, Isaac Álvarez Veiga wrote:
> En Windows emprégase “Mosaico” para o plural, pero no singular tradúcese
> normalmente como “icona”, xa que realmente non é máis ca iso, o que pasa
> é que os de Redmond decidiron cambiarlle o nome, pero a súa función é a
> mesma.
> 
>  
> 
> 
> *De: *Adrián Chaves Fernández 
> *Enviado: *martes 12 xaneiro 2016 ás 19:03
> *Para: *Marcos Lans 
> *CC: *Trasno - Lista 
> *Asunto: *Re: [terminoloxia] tile
> 
>  
> 
> Mosaico podería valer para o plural (tiles), pero non para o singular
> (tile).
> 
>  
> 
> 2016-01-12 3:08 GMT+01:00 Marcos Lans  >:
> 
> En Windows traducen: Tile > Mosaicos
>  Live Tile > Mosaico dinámico
> 
> 
> http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx?sString=digest=gl-es
> 
> 
> On 11/01/16 20:49, Antón Méixome wrote:
> > Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
> >
> > Outro que se está "impoñendo"
> >
> > 
> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
> >
> > En ambiente android andará por aquí
> >
> > http://developer.android.com/design/index.html
> >
> > A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
> > "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
> > convencer.
> > ___
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net 
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net 
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
>  
> 
>  
> 
> 
> 
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo [feedly]

2016-01-13 Conversa Antón Méixome
O 13 xaneiro 2016 22:33, Dani  escribiu:
> Seguramente teña todas estas dúbidas porque non teño información
> suficiente...

Tes toda a razón.

A explicación é tan sinxela coma triste: Os cartos. O dono de Ir Indo
está de retirada profesional e empresarial. O Dicionario en versión
web foi unha aposta moi forte e valente no seu momento, nos anos 2000,
pero non podía ter continuidade por motivos financeiros. Bieito Ledo
levaba xa anos tentando darlle unha saída, alguén que se ocupase del.
Finalmente parece que caeu na Xunta, supoño que como última opción.

Con todo fixádevos que se segue a anunciar como o máis completo e
"actualizado" dicionario de galego na rede. Actualizado con respecto
aos temas que trata, o único con equivalencias noutros idiomas e ata
hai moi pouco o único no que no que atopabas definicións de acepcións
por temáticas (como informática) e por iso segue a ser certo que é o
máis completo.

Non esquezades que tamén Bieito Ledo foi o responsable da EGU
(https://gl.wikipedia.org/wiki/Enciclopedia_Galega_Universal), con
200.000 entradas nada menos e hoxe desaparecida na rede, aínda que
algúns témola en formato papel. A edición en papel puido financiarse
(La Voz, Fenosa, etc. ) e monetizarse, aínda que non creo que fose
rendible. O formato web de consulta pública como se rendibiliza para
mantela?

Algúns lembraredes: No seu momento, os membros de Proxecto Trasno
tivemos acceso privilexiado aos contidos do Dicionario léxico, cando
se tentou un acceso mediante subscrición de pago. Nós tiñamos unhas
claves que nos permitían consultalo sen límite e propoñer melloras. Se
iso non funcionaba para prensa internacional en español imaxinade para
o dicionario de Ir Indo.

En resumo, pola parte de Bieito, chapó, pola parte da Xunta é presumir
de facerse cun cadáver. Polo menos, de momento, sen saber se hai algún
futuro para el e na miña exclusiva opinión que non tedes por que
compartir.

Antón
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo [feedly]

2016-01-13 Conversa Dani

Boas:
Persoalmente a estas alturas non acabo de entender isto a non ser que 
sexa para licencialo cunha CC ou GPL para poder usar de xeito libre 
cousa que o dicionario da RAG non permite (de momento).
Con non entender refírome a que se tomamos como oficial o dicionario da 
RAG o lóxico sería adicar todos os esforzos a este dicionario. Por 
exemplo que pasa ante unha discrepancia entre ámbolos dicionarios?
Seguramente teña todas estas dúbidas porque non teño información 
suficiente...


É unha magoa todo o relacionado con este dicionario que tan útil sobre 
todo no pasado, cando o da RAG estaba sen actualizar á normativa do 2004.



Dani

On 13/01/16 07:45, Roi González Villa wrote:
Pois o dicionario Digalego está cheo de erros. Eu usábao fai catro 
anos, antes de que a Real Academia Galega creara o seu dicionario. E 
acabo de comprobar os erros que lles enviei fai catro anos e aínda non 
están corrixidos. Menuda vergonza.


O 11 xaneiro 2016 14:54, Antón Méixome > escribiu:


Pois menos mal que non desaparece de todo.

Son as típicas cousas que fai a Xunta a final de lexislatura, coas
migallas que sobran aquí e alá.



O 11 xaneiro 2016 14:43, Alejo Pacín Jul > escribiu:
> FYI
>
> 
> A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo
> // NOVAS |culturagalega.org 
>
> O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
> completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde
vía Internet.
> A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que
permite o acceso
> sen límites a este traballo, que chega ao público da man dun
acordo entre a
> Administración e a editora. Un total 65.000 temos, traducións a
múltiples
> linguas ou etimoloxías están presentes no novo espazo. A
iniciativa foi
> posible grazas a un acordo entre a Consellería de Cultura,
Educación e
> Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización
tecnolóxica de
> Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que cedeu os dereitos do
manual á
> Administración autonómica.
>
> 
>
> Shared via my feedly reader
>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net 
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net 
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto




___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto



___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Leandro Regueiro
O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga  escribiu:
> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode
> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É
> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca
> nunca...
>
> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
> escribió:
>>
>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
>> escribiu:
>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>> > dous directorios.
>>
>>
>> Claro,
>>
>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>> Supoño que tiraches de consola para reunilos

Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.

Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:

- Baixei un tar do directorio e descomprimino
- Creei un virtualenv e instalei
https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
android2po)
- Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
- Creei un directorio chamado po
- a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
gardar os ficheiros PO)
-  
http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx


Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] toast notification

2016-01-13 Conversa Dani

Boas:
Para min, e en función do comentado é unha notificación (emerxente) que 
saia a modo torrada, ou do xeito que sexa penso que pode considerarse 
algo circunstancial (moda).


Dani

On 12/01/16 21:32, Leandro Regueiro wrote:

O 11 xaneiro 2016 22:01, Xurxo Barreiro  escribiu:

O primeiro que se me vén á cabeza é «notificación lixeira».

O Luns, 11 de Xaneiro de 2016 14:50:50 Antón Méixome escribiu:

Ultimamente vou atopando unha serie de termos novos que cumpría darlle
unha volta. Non sei se estades a empregar algo

notification/toast

Trátase dun tipo de xanela emerxente que presenta brevemente algún
tipo de info ao usuario na interface tanto de Android coma en Windows.

A metáfora do "toast" queda clara en como se comporta: aparece saíndo
dunha barra de notificacións para logo agocharse como se fose unha
ficha ou unha tostada na tostadora de pan (a RAG prefire, por certo,
torrar/torradora).

Definición en inglés:

Android:
http://developer.android.com/guide/topics/ui/notifiers/toasts.html

Windows:
https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=toast%20notification=183

Ola,
Se non se emprega "notification" ou outro tipo de notificación eu
empregaría directamente «notificación». Non me parecen tan diferentes
dos "pop-ups" con notificacións que me aparecen no Ubuntu.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto



___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Leandro Regueiro
O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  escribiu:
> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga  
>> escribiu:
>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode
>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É
>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca
>>> nunca...
>>>
>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
>>> escribió:

 O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
 escribiu:
 > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
 > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
 > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
 > dous directorios.


 Claro,

 Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
 senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
 código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
 cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
 Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>
>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>
>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>
>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>> - Creei un virtualenv e instalei
>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>> android2po)
>> - Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>> - Creei un directorio chamado po
>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>> gardar os ficheiros PO)
>> -  
>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>
>>
>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>
> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
> ver a ver se dou sacado un TMX.

Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
claro.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Antón Méixome
Estou traballando eu niso.

Hai un camiño, descargando ficheiro a ficheiro. Son 112 pero é máis
doado que andar fozando no código fonte.

Pedín ademais aos de Crowdin que deixasen baixar os ficheiros fonte
cunha modificación na interface pero me dá a min que non porque me
parece que son funcións reservadas aos que utilizan a plataforma
pagando.



O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro  escribiu:
> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  
>> escribiu:
>>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga  
>>> escribiu:
 Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
 CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
 terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? 
 Pode
 que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
 contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. 
 É
 unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
 completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde 
 ca
 nunca...

 El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
 escribió:
>
> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
> escribiu:
> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
> > dous directorios.
>
>
> Claro,
>
> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>>
>>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>>
>>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>>
>>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>>> - Creei un virtualenv e instalei
>>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>>> android2po)
>>> - Lin o README 
>>> https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>>> - Creei un directorio chamado po
>>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>>> gardar os ficheiros PO)
>>> -  
>>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>>
>>>
>>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>>
>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
>> ver a ver se dou sacado un TMX.
>
> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
> claro.
>
>
> Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Antón Méixome
O 12 xaneiro 2016 23:14, Enrique Estévez Fernández  escribiu:
> Cando teña tempo probarei a ver se OmegaT carga eses ficheiros XML de
> android. Se fora asi, tamen se poderia tentar xerar a TMX dende OmegaT.


Aproveitando o fío

OmegaT si que le os xml deste tipo. Agora mesmo estaba facendo a proba
cos de CyanogenMod e parece non ten problema con eles.

Quería facer tamén a memoria de tradución de CyanogenMod 12.1 (=5.1
lollipop, de android) pero teño o problema que non sei de onde sacar
os ficheiros orixinais de en-US. O problema reside en que na
plataforma Crowdin podes descargar a tradución do galego pero non a
orixinal (só existe en-UK e en-AU) e non vexo maneira. Mirei no Github

Moitas grazas Leandro pola MT de android de Google. Xenial, que
tampouco é nada evidente como o conseguiches.

Sería estupendo poder quitar as dúas, comparar, reaproveitar e publicalas.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] scan

2016-01-13 Conversa mvillarino
Boa tarde:

Non esquecer que un SEM (scanning electron microscope) é un "microscopio
electrónico de barrido/varredura)

O 13 xaneiro 2016 09:36, Serxio Cachaldora 
escribiu:

> Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.
>
> Saúde, Serxio.
>
> Galiza, diamante en bruto!
> O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" 
> escribiu:
>
>> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome  escribiu:
>> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome  escribiu:
>> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
>> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
>> >>
>> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
>> >>
>> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
>> inglés:
>> >>
>> >> escanear
>> >>  verbo transitivo
>> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
>> >> gárdaas no disquete.
>> >>
>> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
>> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
>> >> por exemplo no caso de redes.
>> >>
>> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
>> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
>> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
>> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
>> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
>> >>
>> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
>> >> un radar, un varrido de radar.
>> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
>> >
>> >
>> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
>> > valor non estea recollido pola RAG
>> >
>> > "Deter
>> escaneo"
>> > En
>> >
>> >
>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>>
>> Ola,
>> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
>> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
>> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
>> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
>> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
>> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
>> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
>> existencia.
>>
>>
>> Deica
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Antón Méixome
O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro  escribiu:
> Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
> unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
> ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
> dous directorios.


Claro,

Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
Supoño que tiraches de consola para reunilos
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] scan

2016-01-13 Conversa Serxio Cachaldora
Pois sendo así, o máis axeitado é o termo de "varrido".

Saúde, Serxio.

Galiza, diamante en bruto!
O 13 xan, 2016 14:12, "mvillarino"  escribiu:

> Boa tarde:
>
> Non esquecer que un SEM (scanning electron microscope) é un "microscopio
> electrónico de barrido/varredura)
>
> O 13 xaneiro 2016 09:36, Serxio Cachaldora 
> escribiu:
>
>> Tamén se pode usar o tenro "procurar", que me parece moi acertado.
>>
>> Saúde, Serxio.
>>
>> Galiza, diamante en bruto!
>> O 12 xan, 2016 8:00 p.m., "Leandro Regueiro" 
>> escribiu:
>>
>>> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome  escribiu:
>>> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome  escribiu:
>>> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
>>> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
>>> >>
>>> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
>>> >>
>>> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
>>> inglés:
>>> >>
>>> >> escanear
>>> >>  verbo transitivo
>>> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
>>> >> gárdaas no disquete.
>>> >>
>>> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
>>> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
>>> >> por exemplo no caso de redes.
>>> >>
>>> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
>>> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
>>> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
>>> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
>>> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
>>> >>
>>> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
>>> >> un radar, un varrido de radar.
>>> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
>>> >
>>> >
>>> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
>>> > valor non estea recollido pola RAG
>>> >
>>> > "Deter
>>> escaneo"
>>> > En
>>> >
>>> >
>>> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>>>
>>> Ola,
>>> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
>>> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
>>> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
>>> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
>>> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
>>> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
>>> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
>>> existencia.
>>>
>>>
>>> Deica
>>> ___
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto