Re: Petición de revisión

2011-08-17 Conversa Frco. Javier Rial
Aparece en inglés:
list of dns servers

falta ??
dhclient interface: emprega o protocolo dhcp para asignar un enderezo ip +
a un interface

outra opción:
Reinicia NetworkManager - : Reinicia a conexión de rede (networkmanager é un
programa realmente, e o que fai o comando e tirar abaixo os interfaces de
rede, e vólveos levantar coa configuración do ficheiro de rede)

incorrecta??
rm -rf directorio : elimina directorio e contido.. realmente iso sería rm
-r .. agora ben.. é un coñazo que ande a preguntar por cada un dos
ficheiros por iso adoitamos facer o famoso rm -rf; pero o f é de que non
pida confirmación de borrado, non??

erro:
moestra a que paquete pertence/corresponde o ficheiro indicado -
MOESTRA

El 17 de agosto de 2011 09:04, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com escribió:

 Solicítovos que lle botedes un ollo e suxirades melloras ou corrección de
 erros.

 Prégovos a máxima celeridade.


 -- Mensaje reenviado --
 De: Odo odo.suia...@gmail.com
 Fecha: 17 de agosto de 2011 01:37
 Asunto: cheat cube
 Para: Miguel bouzada mbouz...@gmail.com


 Hola
 bueno, ya me puse con el cheat cube
 creo que hice el que no te gustaba, echale un vistazo sino se cambia,
 ya me diras...

 ah tuve que quitar alguna cosa que sino no entraba
 enga un saludo
 --
  this email was written with 100% recyclable electrons



 --
 Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
 Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
 Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [OT] Pecha Galicia-Hoxe

2011-06-29 Conversa Frco. Javier Rial
IMHO eu creo que o gran problema que parece estar detrás desta morte (non
sei se doutras tamén), é que un non pode crear unha empresa (sexamos
conscientes de que un xornal é unha empresa) e pretender manterse a flote a
base de chupencións (dios, que palabro inventaches XD) .. si ese é o teu
modelo de negocio mal vas.. porque as chupencións como ben sabemos, danse a
quen máis chora, e ás veces o choro non o escoitan todos por igual..

Vamos.. que eu tamén quero montar unha empresa, que estou farto de traballar
de ver como as empresas de grandes nomes non saben facer o seu traballo..
agora ben, non vou montala esperando vivir de chupencións, ou desta axuda,
ou desta outra.. tentarei montala tendo clientes, facendo un bo traballo e
manténdoos satisfeitos.


2011/6/29 Xose M pikam...@gmail.com

 permitome engadir que a defunción deste xornal dáselle importancia por
 estar escrito galego, non por ser de calidade ou carecer dela. Quizáis
 crear un medio de comunicación co plan de negocio de que funcionará
 (será viable) debido unicamente a estar escrito en galego é pecar de
 optimista. A xente non ve o telexornal mediodía masivamente por ser
 en galego ou estar na tvg, ve ese programa porque conta historias que
 lle interesan e non acceden a elas en outro lugar. Non se preocupan de
 que o presentador fale galego, simplemente entenden o que dí e
 contalles historias interesantes.

  Esto ven ao caso no senso de que si un colle un xornal dos que si son
 rentables ve que TODO está escrito en castelán e punto, pero gran
 parte da poboación obxetivo podería ler exactamente o mesmo en galego,
 entendelo igoal, e non preguntarse en qué idioma o está ler,
 simplemente accedería a unha información escrita nun dos seus idiomas.
 Poderían facer entón as empresas editoras algo máis a prol do idioma
 que nos é propio? Debería Feijó dar unha chupención :P desas para
 que os xornáis tivesen a lo menos 20 páxinas en galego? Serían cartos
 ben gastados?

 Pedirlle a unha persoa que leva toda a vida lendo un xornal que cambie
 a outro (ainda que sexa da mesma empresa, coa mesma liña editorial)
 simplemente por estar en galego cando non supón ningún problema lelo
 en castelán é pedirlle un esforzo que non lle compensa. Igoalmente non
 sería ningún problema atopar o seu xornal de toda a vida está en
 galego.

 Probablemente eu tamén peco de optimista en canto á aceptación do
 galego por parte da poboación, pero non vou matizar máis a miña
 posición. Deixoo para un ensaio :P

 On 28/06/2011, Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com wrote:
  El 28 de junio de 2011 11:05, mvillarino mvillar...@gmail.com
 escribió:
 
   A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non
   lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores.
 Os
   xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha.
 
  Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas,
  colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen:
  aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia
  hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques,  tios, eu que me
  considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por
  primeiras fontes de información non xornais, senón colunas de opinión
  informada, as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal,
  algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente
  as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que
  diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as
  orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón
  pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que
  escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa
  con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo.
 
  Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG):
   - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe
  etc.)
   - Información forense,
   - Inexistencia de boletíns de anticipación,
   - Opinión orientada a pagar favores,
   - Puteo do corazonciño de clientes potenciais.
 
   Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade
 de
   xente expulsada da sociedade. Teñen que aparecer cousas novas,
   necesariamente porque os malos non somos nós.
 
  Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30
  anos a consecuencia diso ao que se lle chama a crise estará formada
  por insiders e outsiders, estes o que fican fora do que chamas a
  sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite
  superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi
  que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega,
  nin máis forte, senon por ter tido sorte.
 
  (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el
  no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do
  investimento público mediante chupencións etc.
  

Re: [OT] Pecha Galicia-Hoxe

2011-06-29 Conversa Frco. Javier Rial
Tamén entendo a postura totalmente, e sabemos que o ámbito empresarial no
que se moven é distinto ao ámbito normal.. o que non quita que siga sendo
triste que ningún xornal nin a nivel estatal poida vivir sen subvencións..
non o sabía/non coñezo as cifras pero fíome do que me dis

as subvencións que xa existen en materia de promoción de lingua se dedican a
 xornais nos que apenas atopas un par de columnas en galego


Isto é o máis triste sen lugar a dúbidas.. que as subvencións sexan das
cantidades que son para xornais onde a presencia é anecdótica..

Resumindo pola miña parte, o ámbito no que se moven é máis complexo do que
eu presupoñía, descoñecía as dificultades do sector periodístico en xeral..
estiven lendo a carta de despedida do director e cos comentarios deste fío,
creo que me quedou máis ou menos claro.

Igualmente, estaría ben que na carta de despedida que publican (ou máis
adiante, na edición dixital), tentaran debullar un pouco máis polo miudo as
cifras do sector.. entón a opinión de moitas cambiaría, como a miña o acaba
de facer

Máis off-topic dentro do OT: outra cousa é o modelo de negocio do xornalismo
actual: tirada impresa vs futuro on-line.. están preparados os xornais
para o salto ao mercado dixital..

Eu non merco ningún xornal, ao igual que hai tempo comecei a mercar máis
libros en dixital que en papel.. a miña vida é dixital.. quen será o
primeiro en dar o salto.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Contacto] firefox 5.0 e o corrector de galego

2011-06-29 Conversa Frco. Javier Rial
Damufo xa parece estar ao tanto:
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2011-June/001228.html

2011/6/29 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 Para quen proceda, reenvío correo que nos entrou pola páxina de contactos
 do noso web.

 -- Forwarded message --
 From: marian...@edu.xunta.es
 Date: 2011/6/29
 Subject: [Contacto] firefox 5.0 e o corrector de galego
 To: i...@trasno.net


 marinela enviou unha mensaxe empregando o formulario de contacto en
 http://www.trasno.net/contact

 Ola
 estou a actualizar os navegadores na aula de informática do  meu cole, e
 encóntrome coa sorpresa de q o firefox 5.0 non é compatible co corrector de
 galego.
 Así que, por un lado agradecervos todo o esforzo feito na actualización do
 mozilla, e por outro pedirvos que advirtades de q esa actualización non é
 compatible co dicionario (hale, todo subliñado de vermello!)
 Saúdos
 Nela



 --
  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
 _\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: OSL Vigo

2011-06-24 Conversa Frco. Javier Rial
Cando nós estabamos en mancomún, existir, existían, eu non andaba ao tanto
das tarefas que facían (non era a miña tarefa, pero supoño que alguén
revisaba eses convenios), pero supoño que como as outras osl farían o seu
traballo.. agora ben.. 40.000 euros (é a axuda actual que reciben as Unis
por parte da sxmit) non creo que den para contratar a 7 persoas... (bueno..
as veces neste pais, 40.000 € si que dan e a algún aínda lle sobra
#sad_but_true )

O que dis Antón de contradictorio si que o é, parece como que houbo un
peche e nova apertura da OSL e fixeron como se adoita dicir borrón e conta
nova.

Do que comentas do galego, non hai nada que dicir, evidentemente non
redactan en galego nada.. malia que o xestor de contidos feito con typo3 que
usan parece permitir a xestión de contido en varios idiomas. O único que
aparece son partes de menús do xestor e catro ligazóns..

ahh.. evidentemente ese Francisco Javier non son eu.. non vaia a ser que
alguén o pense XD

2011/6/23 Antón Méixome cert...@certima.net

 Pois non sei, é contraditorio o que din. Por un lado a nova de Mancomun
 fala de actividades desde maio do 2009, pero eles só recollen actividades
 desde o 2010,  migraron ao novo web en febreiro deste ano, desde marzo non
 publicaron nin unha soa en galego, precisamente no Día da Liberdade dos
 documentos ao que eu asistín.

 «Francisco Javier Rodríguez, coordinador da oficina e subdirector da Escola
 Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, salienta que “a oficina naceu
 a finais de 2009...»

 Desde logo as novas que hai son exclusivamente a partir de mediados de 2010

 Con sede no campus de Ourense e financiada pola Xunta de Galicia, o seu
 equipo, formado por sete persoas, traballa nun cambio de mentalidade neste
 eido na comunidade universitaria e fóra dela.

 Por outro lado fíxate na calidade da tradución ao galego:

 Seguiente 
 http://osluvi.uvigo.es/osluvi/index.php?id=78tx_ttnews[pointer]=2cHash=1760a2a1963be4659da81af2ad4c203b
  Derradeiro
 http://osluvi.uvigo.es/osluvi/index.php?id=78tx_ttnews[pointer]=4cHash=f521c723277fdf9701e7f4d282a91713

 Pero é que nin sequera nos contidos estáticos entre os que se di
 explicitamente

 Promover la normalización lingüística en las aplicaciones informáticas y
 el uso del gallego en las mismas.

 vamos, é que a esta xente non se lle ve --pode que si que fagan algo e non
 se saiba, claro--- ningún tipo de responsabilidade nin colaboración para o
 cumprimento de parte dos obxectivos para os que se lles paga.É un caso moi
 rechamante para min só hai que contrastar coa da USC ou mesmo da UdC...



 El 23 de junio de 2011 11:57, Frco. Javier Rial 
 dev.fjr...@gmail.comescribió:

 Home.. xa a tiña no seu día canto estabamos en mancomún:

 http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/gulo-organiza-as-iii-xornadas-de-software-libre-software-libre-e-cidadania/

 O que si nin de coña había 7 persoas en ningunha OSL, se tal sumando as de
 todas as OSL das Unis rondaban esas cifras. parece que mellorou a cousa

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Marcadores

2011-05-27 Conversa Frco. Javier Rial
Kubuntu 10.04 + firefox 4 + moonlight + codecs multimedia (de non sei que me
pideu instalar o moonlight)  e vese perfectamente..
Descarga de moonlight: http://go-mono.com/moonlight/download.aspx


Ligazón alternativa do video (en wmv )
http://content4.catalog.video.msn.com/e2/ds/es-es/ESES_CMG_Spain/ESES_Microsoft/b36a4533-1894-480c-a022-37c938137cf7.mp4

2011/5/27 Antón Méixome cert...@certima.net

 2011/5/24 Lucia.Morado lucia.mor...@ul.ie:
  E a páxina da Xunta con ligazóns similares?
 http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias
  Non sei ata que punto a teñen actualizada.
 
  Sobre as galeguizacións parciais, hoxe volvín ver o video de
 promocional de Ms para o galego e na última parte hai una parte nova que eu
 non vira antes (non sei se foi porque non chegara ao final ou porque é algo
 novo que engadiron despois), por se tedes curiosidade:
 http://www.microsoft.com/showcase/es/es/details/b103cd6c-af73-44c2-aa8f-108c693256ca(3:55).

 Non se pode ver desde Linux. O plugin ese de M$ non vai ben, que raro.


 
  Lucía
 
  -Original Message-
  From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net]
  On Behalf Of Leandro Regueiro
  Sent: 24 May 2011 15:27
  To: proxecto@trasno.net
  Subject: Re: Marcadores
 
  On Tue, May 24, 2011 at 4:16 PM, Antón Méixome cert...@certima.net
  wrote:
   Axudades a apuntar?? Preferiblemente sitios colectivos o que agrupen
  cousas
   O meu obxectivo é publicar un ficheiro de marcadores para integralo
   directamente no Firefox
  
   REDES e LECER
  
   gl-es.facebook.com
   blogalego.com
   blogaliza.org
   nireblog.com/gl
   puntogal.org
   cabozo.com/
   tuenti.com/
  
  
   Enciclopedias e libro
  
   gl.wikipedia.org/wiki/Portada
   egu.es
   galiciaencantada.com
   bvg.udc.es/
   bivir.com/
   prazadasletras.org/
   culturagalega.org/bd/
   bdbanda.com/
   ouniversodegalimatias.com/
  
  
   Especial mocidade
  
   xuventude.net
   linguadeamor.eu
   culturagalega.org/mega/index.php
   podgalego.org
   aregueifanetlabel.blogspot.com
   ghastaspista.com/
  
   Ludico e audiovisual
  
   culturagalega.org/avg/
   xogospopulares.com/
  
  
   Tradutores automáticos
  
   xunta.es/tradutor/
   opentrad.com/
   traductor.cervantes.es/traduccion.htm
  
  
   Lingua galega
  
   realacademiagalega.org/volga/
   edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
   sli.uvigo.es/corrector
   digalego.com/
   gl.wiktionary.org/wiki/Páxina_Principalhttp://gl.wiktionary.org/wiki/P%C3%A1xina_Principal
   xunta.es/linguagalega/consultas_linguisticas
   observatoriodalinguagalega.org
   toponimia.xunta.es/gl/Buscador
   xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos2
   amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomesgalegos.html
  
   Software xeral en galego
  
   ubuntu.com/download/ubuntu/download
   trisquel.info/gl/download
  
   mozilla.com/gl/firefox/
   addons.mozilla.org/es-ES/firefox/collections/ignacio-
  agullo/urbavigo_firefox/
   mozillamessaging.com/gl/thunderbird/
   addons.mozilla.org/es-ES/firefox/collections/ignacio-
  agullo/urbavigo_thunderbird/
  
   download.openoffice.org/other.html
   gl.libreoffice.org/descarga/
  
   Galeguizacións parciais
   microsoft.com/spain/gal/default.mspx
  
   Xogos
   culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm
   megaxogos.com/
   megaxogos.com/
 
  Repetido
 
   Referencias
  
   trasno.net
   mancomun.org
   wiki.mancomun.org/index.php/Programas_para_GNU/Linux_en_galego
 
  Moi bo o de Galeguizacións parciais :)
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Queixa sobre Mozilla

2011-05-25 Conversa Frco. Javier Rial
Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla non
son nin segundo plato, si tal, postre, non interesan..), pero o paquete de
idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/

En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón

Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente normal
como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...

OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda que
doia oilo, a xente normal de Windows soe ter primeiro o navegador en
castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma por
defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan atopado
na maioría dos casos.

Que habería que mellorar??

A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
blogs/páxinas tanto persoais como corporativas (e non correos en roldas;
síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
cousiñas..

P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..

Saúdos.


2011/5/24 Antón Méixome cert...@certima.net

 Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
 desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
 Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
 darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
 se gardan os paquetes de idioma.


 http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/

 Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Corrector de galego

2011-03-30 Conversa Frco. Javier Rial
E lo, esto que é
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/?root=hunspell-gl

2011/3/29 Antón Méixome cert...@certima.net

 O hunspell-gl ten neste momento as regras sen actualizar desde hai
 anos, a pesar do desenvolvemento recente, pero nin sequera se pode
 acceder aos ficheiros estables actuais

 https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=168


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Corrector de galego

2011-03-30 Conversa Frco. Javier Rial
Ademais, iso me recorda que desde a miña época  de mancomún, non fixera
copia de seguridade deste proxecto...

Agora sí, subino ao sourceforge.. a quen lle interese (antón creo que xa
coñecía este recurso)

https://sourceforge.net/projects/fjrial/files/

Non os toquei desde que deixei mancomún :p así que non sei nin como
están..

Saúdos (e sorte para antón para manter isto)

2011/3/30 Frco. Javier Rial dev.fjr...@gmail.com

 E lo, esto que é
 https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/?root=hunspell-gl

 2011/3/29 Antón Méixome cert...@certima.net

 O hunspell-gl ten neste momento as regras sen actualizar desde hai
 anos, a pesar do desenvolvemento recente, pero nin sequera se pode
 acceder aos ficheiros estables actuais

 https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=168



___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Boas novas para a comunidade - Fwd: [GALPon] Oracle y OpenOffice

2010-09-28 Conversa Frco. Javier Rial
eu son da opinión que mellor solo, que da man de Oracle..
a miña opinión que teño sobre Oracle é calquera cousa, menos favorable cara
ao software libre..

de feito desde que oracle é dona de sun o ritmo de versións xa decaeu
bastante.. anteriormente, publicábase unha versión/ou bugfix cada 3 meses
aprox.. ao final ían aos catro.. agora mesmo desde que Oracle mercou Sun,
creo que so saíu unha versión.. e xa case vai un ano..

non sei.. a min o único que me preocupa é que a suite ofimática é
imprescindible para o avance e emprego de software libre nos computadores..



El 28 de septiembre de 2010 13:20, mvillarino mvillar...@gmail.comescribió:

  Oracle, que adquirió los activos de OpenOffice.org como resultado de
  la adquisición de Sun Microsystems, ha sido invitado a ser miembro de
  la nueva Fundación, y donar la marca en la que la comunidad ha crecido
  durante los últimos diez años.

 Oracle non está na TDF e Novell si?
 Que futuro ten entón o desenvolvemento de oo.org ou de lo.org coa
 metade de mao de obra?
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/http://www.000webhost.com/352819.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


g11n.net -- p0rn ??

2010-07-23 Conversa Frco. Javier Rial
Ahora si que se volveron interesantes os foros de g11n.net :)
http://www.g11n.net/index.php?p=296jfile=viewtopic.phpoption=com_jfusionItemid=3#p296
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


g11n.net -- p0rn ??

2010-07-23 Conversa Frco. Javier Rial
Ahora si que se volveron interesantes os foros de g11n.net :)
http://www.g11n.net/index.php?p=296jfile=viewtopic.phpoption=com_jfusionItemid=3#p296
 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100723/5853d4a8/attachment.htm


xenial

2010-06-24 Conversa Frco. Javier Rial
Moi boas novas o do licenzamento con GPL.. e, outra cousa é que xa fai moito
tempo que deixei de
ser nada relativo a mancomún, polo que supoño que teredes que contactar con
quen leve iso agora..

Ademais, de que cando curraba en mancomún, eu só empaquetaba a versión que
se facía, eu non a desenvolvía nin
engadía vocabulario, iso correspondíalle a outras persoas.

Ahh... se aparezo eu nalgures, é que aínda non actualizaron as webs/roldas
ou o que sexa


2010/6/23 Fran Diéguez listas en mabishu.com

  Habería que falar agora co mantedor orixinal do hungspell-gl-es en
 Mancomún, coido que era Rial,
 non?


 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100624/36aab8c9/attachment.htm


D-I galician translation

2010-06-15 Conversa Frco. Javier Rial
viva viva viva, outro dos grandes fitos de susiño baleato, conseguir que
no seu día xacobo deixara de traducir en debian.. (nótese o ton irónico da
mensaxe)

Que fariamos sen o gran anano fillo de 

Para os que non o sepan, antes diso:

Antecedentes:

http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-June/000813.html
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-June/000815.html
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-June/000823.html

2010/6/15 Christian PERRIER christian en perrier.eu.org

 Quoting Jorge Barreiro (yortx.barry en gmail.com):
  Hello,
 
  I'm a galician debian user and I've seen your announcement about
 languages in
  danger of been dropped from D-I. I'd like to see Galician D-I support in
  Squeeze again, so I'm stepping in.
 
  I'm a software developer, but this is the first time I try to contribute
 to a
  project as a translator.
 
  Is there a kind of galician translators group so I can get in touch
 with
  them? (I couldn't find any in your links).
 
  I've just read http://d-i.alioth.debian.org/doc/i18n/ Are there any
 other
  instructions I should read, or should I just send you the updated .po
 files?
 
  Thank you.

 Hello Jorge,

 Marce Villarino took over Galician translations of D-I, when Jacobo
 Tarrio, who maintained it for years, resigned from Debian.

 Marce did a great job, but apparently reduced his work in the recent
 months.

 So, what I propose to avoid gl being in danger is that you try
 completing the sublevel 1 and 2 while we try to get news from
 Marce

 So, yes, send me updated files, at minimum for sublevels 1 and
 2. Temporarily, I'll commit themand we'll examine the situation.

 About translation group, the contact I know about is the Trasno
 project, which is listed in Translation-Team in Marce's PO
 filesCC'ing the team, in the hope that this address is working and
 isn't a mailing list restricted to subscribers only...


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100615/2d5fd444/attachment.htm


Re: [Trámites] Pedido de CIF + Exención IVE

2009-10-28 Conversa Frco. Javier Rial
Estás no certo, só co acrobat profesional podes gardar os formularios eses.
Outra maneira sería cubrilo e imprimilo cuberto en pdf.. pero non sei si
garda os campos do formulario correctamente.

2009/10/28 mvillarino mvillar...@gmail.com

  A putada destes ficheiros é que non logro nin editalos mediante Okular
  nin gardar o formulario unha vez cuberto: hai que cubrilo e imprimilo
  no momento.
 
  A única forma de editalos dixitalmente é instalando o acrobat reader
  para linux.

 O Adobe Acrobat para Windows non consegue gardalo unha vez cuberto,
 polo que aínda así non creo que poda envialo.


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



resumo actuacións mozilla hoxe

2009-10-27 Conversa Frco. Javier Rial
Mando un resumo do que se foi facendo en galic...@mozdev.org ao largo de
hoxe:

Seamonkey 2.0 en galego:
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000619.html

páxina web do thunderbird 3 ao galego traducido
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000621.html

nova incidencia para o firefox 3.6 en galego
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000622.html


Javi Rial.


Re: resumo actuacións mozilla hoxe

2009-10-27 Conversa Frco. Javier Rial
Por certo, en mancomún, publicouse tamén a memoria de tradución en tmx do
seamonkey 2.0 ao galego, extraída do repositorio oficial galego de mozilla
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/saiu-a-version-oficial-de-seamonkey-20-en-galego/


2009/10/27 Frco. Javier Rial dev.fjr...@gmail.com

 Mando un resumo do que se foi facendo en galic...@mozdev.org ao largo de
 hoxe:

 Seamonkey 2.0 en galego:
 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000619.html

 páxina web do thunderbird 3 ao galego traducido
 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000621.html

 nova incidencia para o firefox 3.6 en galego
 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2009-October/000622.html


 Javi Rial.



Re: Erros no Hunspell

2009-10-26 Conversa Frco. Javier Rial
Ola

Sobre o Hunspell dicir que o proxecto o estamos xestionando, e aí tendes o
código fonte liberado, na forxa de mancomún:
https://forxa.mancomun.org/projects/hunspell-gl/

Podedes notificar os erros no tracker, foros, ou como vexades, pero eu creo
que sería preferible a través das funcións que prové a forxa.

O corrector non está baseado máis que no que se fixo para o OpenOffice.org
no seu día.
Poderías indicarnos cal é esa versión de Miguel Solla?? máis que nada por
comparar e ver de unificar esforzos..

Saúdos.

Javier Rial.

2009/10/24 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

  Obviamente é un erro, delicado pero un erro. E digo delicado porque é
  máis ben unha limitación, incluír fuxe como correcto levará a que
  quen escriba O can **fuxe como levado dos demos pasará sen dar
  aviso.
 
  Mándao a Mancomún, a g...@mancomun.org ou ben a manco...@mancomun.org.
  Estamos a revisar, nestes días, o hunspell para unha vindeira versión.
 
  De feito na primeira, que é a lista común mantense un fio de recollida
  destes erros. Tamén podes ver os avances ou a lista de correo
  correspondente da Forxa.
 
 
 http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para
  _OpenOffice.org

 Alégrome de que andedes vós xa con el. Empezara xa a corrixilo pola miña
 conta
 XD.

 Descoñezo as capacidades de explotación do sistema de hunspell. Pero creo
 que
 é preferible que se dea como válida fuxe cando actúa coma imperativo a
 que
 se dea por mala cando sexa presente.

 Poderíasme dicir se vos estades baseando na versión de Solla?


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Estado Mozilla (actualizado)

2009-10-26 Conversa Frco. Javier Rial
Ola:

Primeiro de todo, eu, como todos nesta rolda, non quero lios, eu coma todos
quero software en galego, e creo que o que fixen nestes días é facer todo o
posible por sacar adiante uns produtos, informando das situacións actuais de
cada un deles.

Permitídeme reenviar e responder aquí só, exclusivamente a esta rolda, onde
me sinto máis a gusto, e paso
de responder ao coordinador do proxecto, ao cal lle teño dada toda a
información necesaria e máis, e do cal non obtiven
unha soa resposta verificable sobre o traballo de localización/coordinación
dos proxectos

Ahh.. non acostumo a escribir este tipo de correos tan grandes, pero víame
na necesidade.

- 2009/10/23 Suso Baleato suso.bale...@gmail.com

  A ver.. se o conto é que teñamos os produtos de Mozilla en galego..
  O que quero dicir é que a partir de agora o meu traballo nestes
 proxectos,
  evidentemente será como colaborador voluntario, aparte de que Mancomún
 siga
  ou non colaborando segundo os casos e para o cumprimento dos obxectivos
  previstos. Até o de agora foi como traballador do CESGA para Mancomún.
 

Estupendo saber que tí continuarás como voluntario. Unha mágoa que nos
 confirmes que o CESGA queda desvencellado da tradución de Mozilla, aínda
 que
 xa supoño que non pilla por sorpresa a ninguén, vistos os acontecementos
 era
 algo de esperar.



Creo que quedou moi claro pola miña información, que o CESGA/Mancomún pode
seguir e igual segue vinculado neses proxectos.
O poñía moi claro no meu mail anterior, quen se desvinculaba era eu, só eu.


  O que comento da chave é que se nun futuro eu fago envío aos
 repositorios,
  sairá a miña conta do CESGA, e que eu preferiría que saira esta conta
  persoal, pero iso implicaría un tempo (cambio da chave SSH, etc..) de
 espera
  que nestes momentos non creo que sexa conveniente.
 

 Compre usar as contas correctas nos servizos apropriados. De feito foi esa
 unha das cousas que ocuparon o meu tempo nestes días. Mirarei ese tema e
 xa te aviso, aínda que entendo que coincido en que non ten presa.


Eu teño unha chave SSH coa que poder facer envíos das traducións.. e como
podedes ver,
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/log/
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.2/gl/log
desde hai máis de 6 meses son o único facendo as traducións destes produtos.
Entendo polo
correo de suso, que non quere que siga enviándoas con esa chave.. Non
seguirei enviándoas.
Sobre este tema, teredes máis novas en breve.

  Apúntome mirar o tema do hg e das roldas que comentas.
  
 
  O correo que tes que enviar ao grupo dev@l10n de mozilla para facer o
 OPT-IN
  para o thunderbird 3, é o seguinte:
  Galician (gl) wants to opt-in with changeset:
 
 http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/rev/bd79312d75c1
 
  Esa é a última ligazón do repositorio de Mozilla
 

 En realidade esto xa o falei co responsabel do Thunderbird, e o problema do
 opt-in está resolto dende onte, podes despreocuparte diso. Como xa dixen
 nun
 correo anterior, farei o opt-in unha vez valide a tradución que é o que me
 toca facer. Non se trata dun problema de confianza senón de facer viabel o
 procedemento.


O tema do Opt-in eu non o vexo resolto do xeito habitual, coa mensaxe no fío
correspondente:
http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/d41badeca8af6cce?lnk=raot#d41badeca8af6cce

Igual o falou persoalmente co desenvolvedor do proxecto.. non o sei.. pero
desde logo usando as canles
de comunicación que viñemos usando nos últimos meses, non..  non me parece
este tema.

Igualmente os bugs aos que facía mención seguen abertos:
http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl

Eu xa me ofrecín a colaborar con Suso, mais non teño resposta del a esas
cuestións

Os bugs son a groso modo e de explicación:
-Main.lang é un ficheiro básico para as webs de mozilla. Actualmente nos
faltan sete cadeas por traducir nese ficheiro para que a web do firefox
seguinte se vexa en galego.. non sei ata que punto é crítico este ficheiro e
se pode bloquear unha release.
-Os outros dous bugs, son para que se traduzan as páxinas web de Thunderbird
3 e Fennec. Eu aí non podo facer nada xa que o único que ten acceso aos
repositorios das páxinas web é Suso.

E por último. as traducións continúan acumulando cadeas.. en moi poucos días
creo que fechaba o prazo do firefox 3.6. . e agora mesmo temos cadeas sen
traducir.. o que implica que non sairía en galego
http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl

Pois iso, para que quede constancia.

Saúdos
Javier Rial


Re: Estado Mozilla (actualizado)

2009-10-26 Conversa Frco. Javier Rial
Ola Miguel e todos:

2009/10/26 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 Grazas polas puntualizacións, quen máis quen menos, xa entendiamos que así
 era, pero así temolo ainda máis claro :)


De nada, sentíame na obriga e necesidade de comunicalo



 Algúns xa nos fixemos a idea de que imos perder o tren nalgunha versión


Eu para isto teño un plan B. Máis información en breves..


 e de que teremos que nalgún momento recomezar,


Esperemos que isto non pase, pero nunca se sabe.. sería unha mágoa


 só agardo que de aquí a loura non abandones a túa capacidade de (bon)
 traballo e que chegado o momento, coa túa axuda, non sexa moi dificultoso
 retomar o proxecto.


Non penso abandonar, non vos libraredes de min tan facilmente jeje.

Saúdos

Javier Rial.


Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Conversa Frco. Javier Rial
Ola:

Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de
información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.

-Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha
vez este traballo xa está fora de Mancomún.
-Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin
que cuestións de coherencia habería que revisar.
-Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo o
OPT-IN para a versión final.

http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
-Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
-Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen
resposta:
http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992

Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do ficheiro
main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.

-Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de Mozilla
que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si.

Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que actualizar
un pouquiño a páxina principal disto:
http://galician.mozdev.org

Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
acordo.

Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?

Javi Rial.


presentación

2009-10-23 Conversa Frco. Javier Rial
Ola:

Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para traducir
o que poida cando poida.
Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
colaborando anteriormente.

Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org ao
galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.

Saúdos.

Fco. Javier Rial.


tradución mailman

2009-10-23 Conversa Frco. Javier Rial
Ola:

Comezo a presentarvos unha idea que nos últimos meses me rondou.

Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.

Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en galego.

Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo e
corrixilo.

Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se poden
obter os PO.
https://translations.launchpad.net/mailman

Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo

Saúdos.
Javier Rial

P.D.: Por certo, o meu login de launchpad:
https://launchpad.net/~dev.fjrial


Re: tradución mailman

2009-10-23 Conversa Frco. Javier Rial
Creo que podo pedir os permisos necesarios porque até o de agora era o
tradutor/coordinador da tradución..
http://wiki.list.org/display/DEV/Languages

aínda que nos últimos anos non tiven moito tempo para corrixir as
traducións.

De todas maneiras creo que aínda non xestionan a través do launchpad..
poñereime en contacto con mark saphiro, principal desenvolvedor, e a ver que
me conta. en canto teña máis info xa aviso e miramos de repartir.

Graciñas e un saúdo.

2009/10/23 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

  Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
  Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.
 
  Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
  recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
  incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en
 galego.
 
  Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo
 e
  corrixilo.
 
  Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se
 poden
  obter os PO.
  https://translations.launchpad.net/mailman
 
  Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
  Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo

 Moi interesante. Fun a esa ligazón e no pé pon isto:

 This translation is managed by   translation group mailman-translators.
 There is nobody to manage translation into this particular language.
 If you are interested in working on it, please contact the translation
 group. 

 así que supoño que con contactar con eles xa estará. Creo que para
 isto has obter axuda, eu polo menos case me apunto.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



IMPORTANTE: pendente en Mozilla e OpenOffice.org

2009-10-20 Conversa Frco. Javier Rial
Ola Suso:


 1.-Desde hai ben de tempo (1 de outubro) que rematei a tradución do futuro
Thunderbird 3.0.

Mais é tarefa do coordinador facer o OPT-IN para a versión final coa
versión

do repositorio que corresponda no fío correspondente tal e como che anunciei


nesta mesma rolda hai exactamente unha semana:


http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002640.html


So é mandar un mail indicando o último changest do repositorio e dicindo que
o

galego (gl) fai opt-in


Os prazos do thunderbird 3 podes velos na seguinte páxina e canto antes
estea esto feito, antes nos olvidamos:

https://wiki.mozilla.org/Thunderbird/StatusMeetings/2009-10-20


Por certo, tamén onte saiu a RC2 do Seamonkey.. aí xa non hai que facer
nada,

xa está en camiño a versión final, pero entendo que non se corrixiron os
erros

que notifiquei:

http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002641.html


Tamén está aberto un bug en bugzilla para elixir os motores de busca (search


engine) para o fennec.. que terán que recibir aprovación por parte de
Mozilla

e do coordinador


 2.-OpenOffice.org

O outro día díxenche que tiñas correos da xente de Sun/Comunidade que tiñas

que responder nas roldas correspondentes:


http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=devmsgNo=11416


Ese é o fío onde oficialmente renunciei á coordinación do OpenOffice.org ao

galego e onde posteriormente se che pedía información para o teu completo

rexistro como novo coordinador ao galego do OOo:


http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=devmsgNo=11423


Polo de agora non fixeches eses pasos, e estamos a 10 días da entrega da

tradución do OpenOffice.org 3.2 ao galego, e nin Antón nin eu temos novas
túas de

como vas facer, nin estabeleceches datas, nin se completaches correctamente
os

pasos para o teu rexistro como coordinador.


 Todos estes correos xa chos fun reenviando estes días a esta rolda porque
así

xa os tes na túa nova conta.

Xa nos contarás.


Saúdos.

Javier Rial.