Re: Logo

2010-03-01 Conversa Leandro Regueiro
2010/3/1 Miguel Branco :
> Vale, perdonade o meu exabrupto por que non vira a proposta de Denís. Que de
> feito gústame bastante :)

Que facemos logo? Se imos votar as propostas mirade a ver se falta
algunha. Senon xa me contaredes que se fai.


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Miguel Branco
Vale, perdonade o meu exabrupto por que non vira a proposta de Denís. Que de 
feito gústame bastante :)


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Miguel Branco

> Subín o de Sweena, o de Denís e algún máis que atopei. Espero que a
> xente non se cabree. Puxen tamén códigos con letras e números a cada
> imaxe para que non nos volvamos tolos. http://trasno.net/logo

Cona! que Denís non fixo logo ningún de que eu teña constancia, que o estamos 
usando é o que propuxera eu ( .gl en amarelo e azul). Non acordaramos iso??

Enviei o que me foi pasando Sweena por iso de respectar as propostas que me 
fai e para que me orientedes á hora de lle pedir cousas a esta rapaza (que 
tire por aquí, acolá...). Imaxinádevos que sodes unha empresa e lle encargades 
o grafismo.  O que lle acabo de pedir (e que inicialmente fixen) é que nos 
retoque, simplemente, o logo do .gl tal que solucione os erros que ten (moi 
vertical, moito blur...) e que se quere nos faga unha mascotiña, esta si, máis 
simpática, colorida... 

e IMHO!!, con respecto a outras cousas que fostes comentando; a nosa 
"competencia" directa son empresas e competimos polo mesmo "cliente" e o mesmo 
"target", por moi grupo altruísta que sexamos etc temos que dar unha imaxe de 
seriedade se queremos ser tidos en conta. Vendo o panorama exterior é o que 
nos fai falta. Fixádevos en "Softcatalá", íde á páxina deles e mirade. 


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Antón Méixome
Cando o presi me dea o visto e prace, poño a enquisa a 0 e poño o
reloxo en marcha.


2010/3/1 Leandro Regueiro :
> 2010/3/1 Leandro Regueiro :
>>> Proposta para a directiva
>>>
>>> Non pode ser difícil poñer as propostas nun sitio á vista, votar e punto
>>>
>>> Por exemplo, se alguén pon os deseños no wiki de Trasno e logo imos aquí
>>>
>>> http://www.micropoll.com/akira/mpview/841839-237339
>>>
>>> Votamos durante 2 días para darlle tempo a todos os interesados e acabamos ?
>>
>> Vale. Enviade todas as propostas que poidades atopar e cólgoas en
>> http://trasno.net/logo para que despois votemos dalgún xeito. Méixome
>> ten razón en que senón nunca imos rematar ca leria.
>>
>> Mentres vou ir subindo as de Sweena, con permiso.
>
> Subín o de Sweena, o de Denís e algún máis que atopei. Espero que a
> xente non se cabree. Puxen tamén códigos con letras e números a cada
> imaxe para que non nos volvamos tolos. http://trasno.net/logo
>
> Vou ver se atopo máis imaxes.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Leandro Regueiro
2010/3/1 Leandro Regueiro :
>> Proposta para a directiva
>>
>> Non pode ser difícil poñer as propostas nun sitio á vista, votar e punto
>>
>> Por exemplo, se alguén pon os deseños no wiki de Trasno e logo imos aquí
>>
>> http://www.micropoll.com/akira/mpview/841839-237339
>>
>> Votamos durante 2 días para darlle tempo a todos os interesados e acabamos ?
>
> Vale. Enviade todas as propostas que poidades atopar e cólgoas en
> http://trasno.net/logo para que despois votemos dalgún xeito. Méixome
> ten razón en que senón nunca imos rematar ca leria.
>
> Mentres vou ir subindo as de Sweena, con permiso.

Subín o de Sweena, o de Denís e algún máis que atopei. Espero que a
xente non se cabree. Puxen tamén códigos con letras e números a cada
imaxe para que non nos volvamos tolos. http://trasno.net/logo

Vou ver se atopo máis imaxes.


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Leandro Regueiro
> Proposta para a directiva
>
> Non pode ser difícil poñer as propostas nun sitio á vista, votar e punto
>
> Por exemplo, se alguén pon os deseños no wiki de Trasno e logo imos aquí
>
> http://www.micropoll.com/akira/mpview/841839-237339
>
> Votamos durante 2 días para darlle tempo a todos os interesados e acabamos ?

Vale. Enviade todas as propostas que poidades atopar e cólgoas en
http://trasno.net/logo para que despois votemos dalgún xeito. Méixome
ten razón en que senón nunca imos rematar ca leria.

Mentres vou ir subindo as de Sweena, con permiso.


Re: Logo

2010-03-01 Conversa damufo


En 2010/02/28 22:55, Miguel Bouzada escribiu:



2010/2/28 Adrián Chaves Fernández mailto:adriyeticha...@gmail.com>>

 > En 2010/02/28 22:26, Miguel Branco escribiu:
 > >> Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non
vin o teu
 > >> nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que
tampouco é
 > >> que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A
idea é
 > >> boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun
chapeu :)
 > >>
 > >> Sería boa idea ir actualizando algo isto
http://trasno.net/logo que xa
 > >> non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.
 > >
 > > o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)
 > >
 > > Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
 > > Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter
un logo cun
 > > aspecto máis profesional. Parécevos?.
 >
 > Boas
 > A min gústame o logotipo da opción 3 coa fonte do teu (faiseme máis
 > alegre).

A min o tres tamén foi o que máis me chamou a atención.


Penso que son moi bonitiños para unha tenda de "trangalladas" para unha
empresa de xoguetes, para portada dun comic, para moitisimas cousas,
pero faltalle "seriedade". sigo apostando pola proposta de Denís...
comunica máis "profesionalidade", as propostas de swena comunican
Precisamente penso o contrario, que para unha asociación de voluntarios 
pégalle máis un logo máis "informal" (menos profesional) que un 
"profesional". Ollo! e isto non quere dicir que o traballo non poida ser 
de calidade.

moitisima informalidade, creo que dan unha vision moi "comuna" de Trasno :)


Cal é a proposta de Denis?
Onde a podemos ver?


Re: Logo

2010-03-01 Conversa Antón Méixome
Proposta para a directiva

Non pode ser difícil poñer as propostas nun sitio á vista, votar e punto

Por exemplo, se alguén pon os deseños no wiki de Trasno e logo imos aquí

http://www.micropoll.com/akira/mpview/841839-237339

Votamos durante 2 días para darlle tempo a todos os interesados e acabamos ?


2010/2/28 Miguel Bouzada :
>
>
> 2010/2/28 Adrián Chaves Fernández 
>>
>> > En 2010/02/28 22:26, Miguel Branco escribiu:
>> > >> Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o
>> > >> teu
>> > >> nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
>> > >> que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
>> > >> boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)
>> > >>
>> > >> Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que
>> > >> xa
>> > >> non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.
>> > >
>> > > o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)
>> > >
>> > > Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
>> > > Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo
>> > > cun
>> > > aspecto máis profesional. Parécevos?.
>> >
>> > Boas
>> > A min gústame o logotipo da opción 3 coa fonte do teu (faiseme máis
>> > alegre).
>>
>> A min o tres tamén foi o que máis me chamou a atención.
>
> Penso que son moi bonitiños para unha tenda de "trangalladas" para unha
> empresa de xoguetes, para portada dun comic, para moitisimas cousas, pero
> faltalle "seriedade". sigo apostando pola proposta de Denís... comunica máis
> "profesionalidade", as propostas de swena comunican moitisima informalidade,
> creo que dan unha vision moi "comuna" de Trasno :)
>
>>
>> -
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
>


Re: Logo

2010-02-28 Conversa Fran Dieguez
> Penso que son moi bonitiños para unha tenda de "trangalladas" para unha
> empresa de xoguetes, para portada dun comic, para moitisimas cousas,
> pero faltalle "seriedade". sigo apostando pola proposta de Denís...
> comunica máis "profesionalidade", as propostas de swena comunican
> moitisima informalidade, creo que dan unha vision moi "comuna" de Trasno :)

Estou totalmente de acordo con Mr. Bouzada, pensara que quedara o tema
do logo pechado da anterior vez...


Re: Logo

2010-02-28 Conversa Miguel Bouzada
2010/2/28 Adrián Chaves Fernández 

> > En 2010/02/28 22:26, Miguel Branco escribiu:
> > >> Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
> > >> nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
> > >> que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
> > >> boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)
> > >>
> > >> Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que
> xa
> > >> non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.
> > >
> > > o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)
> > >
> > > Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
> > > Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo
> cun
> > > aspecto máis profesional. Parécevos?.
> >
> > Boas
> > A min gústame o logotipo da opción 3 coa fonte do teu (faiseme máis
> > alegre).
>
> A min o tres tamén foi o que máis me chamou a atención.
>

Penso que son moi bonitiños para unha tenda de "trangalladas" para unha
empresa de xoguetes, para portada dun comic, para moitisimas cousas, pero
faltalle "seriedade". sigo apostando pola proposta de Denís... comunica máis
"profesionalidade", as propostas de swena comunican moitisima informalidade,
creo que dan unha vision moi "comuna" de Trasno :)


> -
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Logo

2010-02-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
> En 2010/02/28 22:26, Miguel Branco escribiu:
> >> Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
> >> nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
> >> que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
> >> boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)
> >> 
> >> Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que xa
> >> non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.
> > 
> > o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)
> > 
> > Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
> > Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo cun
> > aspecto máis profesional. Parécevos?.
> 
> Boas
> A min gústame o logotipo da opción 3 coa fonte do teu (faiseme máis
> alegre).

A min o tres tamén foi o que máis me chamou a atención.


Re: Logo

2010-02-28 Conversa damufo


En 2010/02/28 22:26, Miguel Branco escribiu:



Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)

Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que xa
non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.


o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)

Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo cun
aspecto máis profesional. Parécevos?.


Boas
A min gústame o logotipo da opción 3 coa fonte do teu (faiseme máis alegre).
<>

Re: Logo

2010-02-28 Conversa Alejo Pacín Jul
A min tanto o primeiro coma o último aínda me gustan.

2010/2/28 Miguel Branco 

>
> > Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
> > nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
> > que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
> > boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)
> >
> > Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que xa
> > non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.
>
> o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)
>
> Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena.
> Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo cun
> aspecto máis profesional. Parécevos?.
>


Re: Logo

2010-02-28 Conversa Miguel Branco

> Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
> nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
> que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
> boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)
> 
> Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que xa
> non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.

o logo que estamos usando era o que fixera eu btw, :)

Mira, remítovos máis ideas que me pasa esta rapaza, Sweena. 
Tou pensando en pedirlle que nos faga unha mascotiña e manter un logo cun 
aspecto máis profesional. Parécevos?. 
<><><><>

Re: Logo

2010-02-24 Conversa Leandro Regueiro
> coincido con Adrián, sinceramente quédome co primeiro que presentou denís, é
> formal, dá moito xogo e é sinxelo. É altamente recoñecíbel e pódese imprimir
> en monocromo ou dúas cores sen decir "e que carallo é iso?".

Non é por desmerecer o traballo da moza esa (perdoa pero non vin o teu
nome por ningures) pero prefiro a idea de Denís aínda que tampouco é
que se adaptara moito a todos os contextos (pola súa forma). A idea é
boa e ten imaxinación, eu nunca tería visto a un trasno cun chapeu :)

Sería boa idea ir actualizando algo isto http://trasno.net/logo que xa
non me lembro como era exactamente o logo proposto por Denís.


Re: Logo

2010-02-24 Conversa Fran Dieguez
Olá!

coincido con Adrián, sinceramente quédome co primeiro que presentou denís, é
formal, dá moito xogo e é sinxelo. É altamente recoñecíbel e pódese imprimir
en monocromo ou dúas cores sen decir "e que carallo é iso?".

Saúdos

2010/2/24 Adrián Chaves Fernández 

> > Ola,
> > aí atrás pasaronnos un contacto dunha rapaza que se adica a isto do
> > grafismo máis profesionalmente e pedinlle que nos revisara o logo.
> > Reenviovos a proposta que me fai (vd, anexo). Non é definitivo,
> podemoslle
> > ir pedindo que o modifique dunha ou doutra maneira, ou mesmo que queredes
> > que simplemente arrante o anterior. Propoñede, suxeride...
> >
> > >pois eu, nada máis ver o gl, vin un trasno apoiado nun cogomelo, cun
> > >chapeu
> >
> > de trasno, asi que o que fixen foi converter o gl nunha >pequena
> criatura,
> >
> > >a cabeza, que é a parte do g, tamén pode ser o punto .gl
> > >e o chapeu o L, claramente
>
> A min a idea non me desgusta, pero no que respecta ao estado actual da
> mesma,
> coido que o "gl" orixinal segue sendo máis atractivo esteticamente.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Logo

2010-02-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Ola,
> aí atrás pasaronnos un contacto dunha rapaza que se adica a isto do
> grafismo máis profesionalmente e pedinlle que nos revisara o logo.
> Reenviovos a proposta que me fai (vd, anexo). Non é definitivo, podemoslle
> ir pedindo que o modifique dunha ou doutra maneira, ou mesmo que queredes
> que simplemente arrante o anterior. Propoñede, suxeride...
> 
> >pois eu, nada máis ver o gl, vin un trasno apoiado nun cogomelo, cun
> >chapeu
> 
> de trasno, asi que o que fixen foi converter o gl nunha >pequena criatura,
> 
> >a cabeza, que é a parte do g, tamén pode ser o punto .gl
> >e o chapeu o L, claramente

A min a idea non me desgusta, pero no que respecta ao estado actual da mesma, 
coido que o "gl" orixinal segue sendo máis atractivo esteticamente.


Re: logo trasno

2008-11-09 Conversa Leandro Regueiro
Finalmente estiven conversando algo con Denís o outro día, e resulta
que igual é mellor por un lado ter unha mascota (o trasno), e por
outra banda ter un logo simple.

Por certo, moi chulas as imaxes esas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

2008/11/8 damufo :
> Boas:
>
> Envíovos esta proposta de logo (esbozo?) a ver que vos parece.
> Non cumpre as características dun bo logo (polo complicado).
> Anexo tamén a imaxe na que me ispirei (martina) e outra que tampouco me
> disgusta o estilo. Por se alguén se anima a facer outra proposta.
>
> Con respecto ao de inspirarme, non sei se se pode considerar plaxio, non é a
> miña intención. Non teño nin idea o diferentes que teñen que ser para que
> non se considere plaxio. Se é así podo facer cambios para que difiran máis,
> tratando de non perder a esencia.
>
> A mensaxe vai por privado e cos destinatario visibeis adrede.
>
> Saúdos
>
> --
> damufo
>
>


Re: logo para trasno

2008-10-10 Conversa Leandro Regueiro
Mal non está. A ver se me vén un día destes a inspiración.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: logo para trasno

2008-10-09 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Si, bueno, tamén era ben enviar o ficheiro svg, xa que estamos... hehehe

Ahí vai.

2008/10/9 José Manuel Castroagudín Silva 

> Amañei en cinco minutos no inkscape (dende un portátil, co touchpad, sirva
> isto de desculpa, jeje), unha idea para o logo.
>
> Repito que foi debuxado en cinco minutos, as fontes poden ser cambiadas,
> etc, etc
>
> Se a alguén lle gusta, podemos ver de melloralo.
>
> Saúde!
>
> 2008/10/9 damufo 
>
>
>>
>> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>>> Aínda así, a final estaría ben que fose vectorial, sempre que a natureza
 do
 logo o permita, claro.

>>>
>>> Se a súa natureza non o permite teremos que obrigala a que o faga :)
>>>
>>> Ata logo,
>>> Leandro Regueiro
>>>
>>
>> Consellos para o deseño:
>>
>>
>> http://www.xeduced.com/2008/10/06/45-consejos-para-disenar-un-buen-logotipo/#comment-4537
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
<>

Re: logo para trasno

2008-10-09 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Amañei en cinco minutos no inkscape (dende un portátil, co touchpad, sirva
isto de desculpa, jeje), unha idea para o logo.

Repito que foi debuxado en cinco minutos, as fontes poden ser cambiadas,
etc, etc

Se a alguén lle gusta, podemos ver de melloralo.

Saúde!

2008/10/9 damufo 

>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>
>> Aínda así, a final estaría ben que fose vectorial, sempre que a natureza
>>> do
>>> logo o permita, claro.
>>>
>>
>> Se a súa natureza non o permite teremos que obrigala a que o faga :)
>>
>> Ata logo,
>> Leandro Regueiro
>>
>
> Consellos para o deseño:
>
>
> http://www.xeduced.com/2008/10/06/45-consejos-para-disenar-un-buen-logotipo/#comment-4537
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: logo

2008-09-19 Conversa Jacobo Tarrio
El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 13:22:41 +0200, Leandro Regueiro 
escribía:

> hai algún tempo pasáronme os ficheiros do sitio web de trasno pero o
> directorio dos logos de Trasno estaba baleiro, alguén mos poderia
> pasar?

http://web.archive.org/web/20030602093926/www.trasno.net/logos/

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/


Re: logo

2000-07-16 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jacobo Tarrio wrote:
> 
> O Sat 15 Jul 2000 04:39:31 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > por ideas agora non será ... :D
> 
>  Xa digo, pero a ver... X-D ¿Un pingüín con pernas de cabra, rabo e un
> corno? X-D

non, o pingüín non, un home. ade+ Tux está xa bastante na sopa ...

ou se tal o do xato+cabra, e poñéndolle pintas de gnu X)

> > vaia, Xosé Miranda, ex-profesor meu 8 :
> > xa lle pedirei consello se o vexo pronto ... X)))
> 
>  Pregúntalle se sabe debuxar X-DD

hmm, a ver ... profesor de bioloxía, os debuxos que facía na pizarra
parecían obras de Picasso ... non, non debe saber :DDD

>Tarrío  Fidonet: 2:348/105.93
> (Compostela)


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: logo

2000-07-15 Conversa Jacobo Tarrio
O Sat 15 Jul 2000 04:39:31 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

> por ideas agora non será ... :D

 Xa digo, pero a ver... X-D ¿Un pingüín con pernas de cabra, rabo e un
corno? X-D

> vaia, Xosé Miranda, ex-profesor meu 8 :
> xa lle pedirei consello se o vexo pronto ... X)))

 Pregúntalle se sabe debuxar X-DD

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: logo

2000-07-15 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jacobo Tarrio wrote:
> 
> O Thu 13 Jul 2000 00:34:28 +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:
> 
> > > O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de 
> > > mitoloxía
> > > galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)
> > Existe o "Diccionario dos seres míticos galegos", Xerais. Se alguen o
> > ten...
> 
>  Eu téñoo... e como a lei da propiedade intelectual me permite facer citas,
> pois cito :-)
> 
>  Trasno [...] Tense descrito, pola súa aparencia e polas falcatruadas ou
> [...]

por ideas agora non será ... :D

a que máis me gusta é a de "Igual ca un home, pero con pernas de cabra,
con rabo e un só corno."

>  Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda

vaia, Xosé Miranda, ex-profesor meu 8 :

xa lle pedirei consello se o vexo pronto ... X)))

>Tarrío  Fidonet: 2:348/105.93
> (Compostela)


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Jacobo Tarrio
O Tue 11 Jul 2000 21:05:57 +0200, Rubén escribía:

>   Non me parece nada crítico o tema do logo, pero é moi simple, imos
> ós ficheiros de JRR Tolkien (www.tolkien-archives.com) e pillamos un
> trasgo==trasno aleatorio :) Diso sabe moito o irmán de Jacobo, se non lembro
> mal ;)

 Xa estivemos a mirar trasnos (pero trasnos galegos), para facer un pingüín
vestido de trasno :-) Pero creo que un pingüín con cornos e vestido cunha
capa moura igual daba para malas interpretacións :-? :-)

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Jacobo Tarrio
O Thu 13 Jul 2000 00:34:28 +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:

> > O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de 
> > mitoloxía
> > galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)
> Existe o "Diccionario dos seres míticos galegos", Xerais. Se alguen o
> ten...

 Eu téñoo... e como a lei da propiedade intelectual me permite facer citas,
pois cito :-)

 Trasno [...] Tense descrito, pola súa aparencia e polas falcatruadas ou
trasnadas que fai, de moitos xeitos. Se atendemos ó seu aspecto: Pode ter
figura de home pequeno, vestido con sotana moura en un par de cornos. # De
anano saltarín que sempre está rindo, con barbas longas e pucho encarnado. #
De home alto, coa cara cuberta e unhas veces con rabo e cornos e outras sen
eles. # De año novo, simulando ter moito frío para provocar a compaixón da
xente. Se alguén o colle, escapa logo, voando e rindo ás gargalladas. #
Igual ca un home, pero con pernas de cabra, con rabo e un só corno. # Con
forma de ovella, de carneiro ou de cabrita vermella. # Con forma de porco ou
porcos, ou calquera animal da casa. A un faltábanlle os porcos do cortello,
foinos buscar e viunos nunhas cabozas. Intentou sacalos pero volvían ó sitio
e así moitas veces, ata que cansou e decidiu volver para a casa. Antes de se
deitar, volveu polo cortello e resultou que os porcos verdadeiros estaban
deitados moi tranquilos. # A un home acompañouno durante seis quilómetros,
de Lamas de Moreira a Vilarmaior de Arroxo, un cadaleito, no medio da noite,
posto ó seu par. Antes de entrar na casa desapareceu. # Con cornos e fociño
de xato, sen rabo, pero coas pernas de cabra, ainda que máis longas e
grosas. # En figura de gato negro ou verde co pelo moi fino. # Ás mozas
novas adoita presentárselles como un meniño, espido e abandonado, tremendo
de frío. ¿Quen non ía recoller ese pobre meniño e deitalo na cama para
facerlle entrar en calor? Se é o trasno, aló a media noite pode pegar un
estoupido e desaparecer ou brincar da cama e agradecerlle entre risadas á
rapaza terlle quentado o cu. Unha broma idéntica fai o lange wapper.

 Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda
 "Diccionario dos seres míticos galegos"
 Edicións Xerais de Galicia

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
"Manuel A. Fernandez Montecelo" wrote:
> 

> > Eso de "que nos sirva", ¿e logo que requisitos deberia cumprir?. :-?
> 
> pois en teoría un trasno "simpático", non con pintas de "malo", e que
> non lebe a bandeira de USA na manga da chupa de coiro ...
>

Vale, o problema segue sendo debuxalo, para debuxar un Trasno completo
faria falla un debuxante un pouco en serio, non vale con facer catro
liñas no gimp. :-( . Poderiase deixar proposto o de debuxar o trasno por
se alguen se anima e de momento crear un logotipo medianamente xeitoso
para poñer na páxina, algo coma o teclado desordenado ou a man
perforada. Hei probar a facer algo pero para esto do debuxo son un pouco
desastre. Por certo, alguen me pode decir como se fai para que o gimp
colla fontes TTF, ¿en que directorio as hai que meter? (perdon polo tema
fora de lugar pero... (-:C ).
 
> algo así como o de abaixo, as meigas coa vasoira e demais ...
> 
> > > realmente creo que a dificultade está en atopar iso, porque nese mundo
> > > máxico "galaiucus" non hai o típico da variña máxica das fadas de
> > > Disney, a vasoira das meigas yankees, ...
> >
De feito iso non é verdade, le:

[...]
El arenal de Sevilla gozó como el de Coiro, de famoso centro de reunión
de las brujas, a donde van todas montadas en _escobas_ para hacer la
corte al cabron,[...]

Extraido de:

Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares.
Jesus Rodriguez Lopez
Ediciones "celta", Lugo.

Saudos xente. ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Francisco Xosé Vázquez Grandal wrote:
> 
> > > O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de 
> > > mitoloxía
> > > galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)
> >
> > dubido que alguén se puxese a dibuxar un "trasnus galaicus" que nos
> > sirva, por iso dicía o de "así que podería ser un trasno en acción ou
> > algo que lembrara un trasno", que en todo caso é máis facil de atopar e
> > crear (facede unha analoxía con GNOME).
> >
> Eso de "que nos sirva", ¿e logo que requisitos deberia cumprir?. :-?

pois en teoría un trasno "simpático", non con pintas de "malo", e que
non lebe a bandeira de USA na manga da chupa de coiro ...

algo así como o de abaixo, as meigas coa vasoira e demais ...

> > realmente creo que a dificultade está en atopar iso, porque nese mundo
> > máxico "galaiucus" non hai o típico da variña máxica das fadas de
> > Disney, a vasoira das meigas yankees, ...
> 
> Non, aqui as meigas e os trasnos van lava-lo cu ó leite. Os trasnos
> esconden as cousas, pero a min tampouco se me acorda nada que sexa
> realmente representativo. E ainda que se nos ocurrira, despois haberia
> que debuxalo  (¡Telita!).

pois iso :///

> Saudos.
> -
>  Francisco Xosé Vázquez Grandal, O Fran "Do Moucho".


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Xaquin Lores Torres
Ola

Te=F1o o libro de mitoloxia, pero non a man, de todolos xeitos estou=20
dacordo en que =E9 moi dificil debuxar un trasno. O ilustrador do libro=20
optou pola tradici=F3n anglosaxona (home de pequeno tama=F1o, con cara de=
=20
"sinvergonza" orellas puntiagudas, unha carapucha longa, etc.)=20
Personalmente creo que non =E9 o mais axeitado para os nosos trasnos :-(

A soluci=F3n que se me ocurre =E9 buscar outro ilustrador, mais acorde co=
=20
pa=EDs, ou, quizais mellor, en vez de debuxar un trasno debuxar o resultado=
=20
das suas acci=F3ns, =A1unha trasnada!. (cambiar a orde das teclas a un=20
teclado, por exemplo)
O problema =E9 pensar nunha trasnada que sexa facil de debuxar e adecuada=
=20
para un logo.

Saudos

Xaqu=EDn



> > > O que se me ocorre =E9 que ... =BFalguen ten por a=ED un libr=
o de mitolox=EDa
> > > galega? Digo por iso de saber c=F3mo =E9 un "Galaicus Trasnus" :-)
> >=20
> > dubido que algu=E9n se puxese a dibuxar un "trasnus galaicus" que nos
> > sirva, por iso dic=EDa o de "as=ED que poder=EDa ser un trasno en acci=
=F3n ou
> > algo que lembrara un trasno", que en todo caso =E9 m=E1is facil de atop=
ar e
> > crear (facede unha analox=EDa con GNOME).
> >=20
> Eso de "que nos sirva", =BFe logo que requisitos deberia cumprir?. :-?
>=20
> >=20
> > realmente creo que a dificultade est=E1 en atopar iso, porque nese mund=
o
> > m=E1xico "galaiucus" non hai o t=EDpico da vari=F1a m=E1xica das fadas =
de
> > Disney, a vasoira das meigas yankees, ...
> >=20
> >=20
>=20
> Non, aqui as meigas e os trasnos van lava-lo cu =F3 leite. Os trasnos
> esconden as cousas, pero a min tampouco se me acorda nada que sexa
> realmente representativo. E ainda que se nos ocurrira, despois haberia
> que debuxalo  (=A1Telita!).=20
>=20

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Roberto Suarez Soto wrote:
> 
> El día 11/Jul/2000, Rubén escribía:
> 

> 
> O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de mitoloxía
> galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)
>

Existe o "Diccionario dos seres míticos galegos", Xerais. Se alguen o
ten...

-- 
Saudos.
-
 Francisco Xosé Vázquez Grandal, O Fran "Do Moucho".

  ...oooOOO mailto:gran...@mundivia.es OOOooo...

  "Xente toda das Mariñas, chapapote no cerebro,
  non che estrañe se son bravos"
 

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribeu:
> 
> Roberto Suarez Soto wrote:
> >
> >
> o de inspirarse non está de máis, sobre todo porque vexo difícil que se
> atope o que se comenta a continuación.
> 
> > O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de 
> > mitoloxía
> > galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)
> 
> dubido que alguén se puxese a dibuxar un "trasnus galaicus" que nos
> sirva, por iso dicía o de "así que podería ser un trasno en acción ou
> algo que lembrara un trasno", que en todo caso é máis facil de atopar e
> crear (facede unha analoxía con GNOME).
> 
Eso de "que nos sirva", ¿e logo que requisitos deberia cumprir?. :-?

> 
> realmente creo que a dificultade está en atopar iso, porque nese mundo
> máxico "galaiucus" non hai o típico da variña máxica das fadas de
> Disney, a vasoira das meigas yankees, ...
> 
> 

Non, aqui as meigas e os trasnos van lava-lo cu ó leite. Os trasnos
esconden as cousas, pero a min tampouco se me acorda nada que sexa
realmente representativo. E ainda que se nos ocurrira, despois haberia
que debuxalo  (¡Telita!). 

-- 
Saudos.
-
 Francisco Xosé Vázquez Grandal, O Fran "Do Moucho".

  ...oooOOO mailto:gran...@mundivia.es OOOooo...

  "Xente toda das Mariñas, chapapote no cerebro,
  non che estrañe se son bravos"
 

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Roberto Suarez Soto wrote:
> 
> El día 11/Jul/2000, Rubén escribía:
> 
> >   Non me parece nada crítico o tema do logo, pero é moi simple, imos
> > ós ficheiros de JRR Tolkien (www.tolkien-archives.com) e pillamos un
> > trasgo==trasno aleatorio :) Diso sabe moito o irmán de Jacobo, se non lembro
> > mal ;)
> 
> E logo aparece o señor Christopher (o fillo de J.R.R.) e denúncianos
> por usar material con Copyright sen o seu permiso :-)
> 
> Eu creo que deberiamos ser orixinales neste tema. Paréceme ben que o
> logo se "inspire" nalgunha cousa de Tolkien, pero collelo literalmente de aí
> non me parece moi correcto.

suscribo os dous anteriores ...

o de inspirarse non está de máis, sobre todo porque vexo difícil que se
atope o que se comenta a continuación.

> O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de mitoloxía
> galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)

dubido que alguén se puxese a dibuxar un "trasnus galaicus" que nos
sirva, por iso dicía o de "así que podería ser un trasno en acción ou
algo que lembrara un trasno", que en todo caso é máis facil de atopar e
crear (facede unha analoxía con GNOME).

claro que agora mesmo tanpouco se me ocorre nada, quitando a trasnada de
win98 na presentación, pero iso é de moi mal gusto X)

realmente creo que a dificultade está en atopar iso, porque nese mundo
máxico "galaiucus" non hai o típico da variña máxica das fadas de
Disney, a vasoira das meigas yankees, ...

>  Roberto Suarez Soto  ·  If it doesn't work, force it.
>ask...@gpul.org·If it breaks, it needed replacing anyway.
>   Corgo/Lugo/Galicia/Spain·


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 11/Jul/2000, Rubén escribía:

>   Non me parece nada crítico o tema do logo, pero é moi simple, imos
> ós ficheiros de JRR Tolkien (www.tolkien-archives.com) e pillamos un
> trasgo==trasno aleatorio :) Diso sabe moito o irmán de Jacobo, se non lembro
> mal ;)

E logo aparece o señor Christopher (o fillo de J.R.R.) e denúncianos
por usar material con Copyright sen o seu permiso :-)

Eu creo que deberiamos ser orixinales neste tema. Paréceme ben que o
logo se "inspire" nalgunha cousa de Tolkien, pero collelo literalmente de aí
non me parece moi correcto.

O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de mitoloxía
galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-)

-- 
 Roberto Suarez Soto  ·  If it doesn't work, force it.
   ask...@gpul.org·If it breaks, it needed replacing anyway.
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain·

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Roberto Suarez Soto wrote:
> 
> El día 11/Jul/2000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > despois se hai varios, votaremos ou o que sexa, o procedemento habitual
> > nestes casos. e propoño que, dependendo do noso presuposto nulo, a@
> > autor@ lle deamos unha viaxe con ningún gasto pago polos satélites de
> > Marte ou mesmo unha semana de colegueo con RMS ou Linus (a escoller), e
> > a@s participantes un aplauso virtual ... ;))
> 
> Ben, eu penso que poderiamos matar dous paxaros dun tiro si fixesemos
> isto ... "ó grande" :-) ¿Qué quero dicir? Pois, por exemplo, pór unha mensaxe
> en BarraPunto anunciando un concurso para o logo do proxecto Trasno, e de paso
> dando algunha información sobre el. Así conseguiríamos que a xente se
> interesase polo proxecto, aínda que só fose para saber cómo participar no
> concurso, e de paso ó ter un número grande de xente participando o resultado
> sería mellor :-) O premio poderiamos ver de pagalo en GPUL, que para cousas
> como ista é para o que están os cartos :-)
> 
> ¿Que vos parece?

o de poñer un tope ... case mellor ir véndoo sobre a marcha, porque se
dicimos dous meses igual non o fai ninguén. é dicir, cando haxa algúns
dicir "ben, poñemos un mes máis de prazo", ou algo así.

sobre o de collelo de Tolkien, pareceme unha idea realmente curiosa ...
non sei que dicir :D

e do de barrapunto ... vós saberedes se pode ter éxito e tal, eu non
frecuento. o mesmo co de pagalo co GPUL.

> Roberto Suarez Soto·  The squeaky wheel doesn't always get the grease.
>   ask...@gpul.org  · Sometimes it gets replaced.
>  Corgo/Lugo/Galicia/Spain  ·


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Tue, Jul 11, 2000 at 09:05:57PM +0200, Rubén escribiu:

>> en principio as páxinas vanse poñer inminentemente (toco madeira), e
>> aínda non hai un logo "de verdade". así que anúncioo aquí a ver se a
>> alguén se anima. algunas consideracións ...
>
>   Non me parece nada crítico o tema do logo, pero é moi simple, imos

Home, crítico non é no senso de que non hai présa, pero é que o
pobre pingüín coa bandeira... O:)

Por certo, habería que poñer unha data límite, ¿non?  ¿Cando?
¿Setembro? ¿Outubro? ¿Antes? ¿Despois?

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 11/Jul/2000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

> despois se hai varios, votaremos ou o que sexa, o procedemento habitual
> nestes casos. e propoño que, dependendo do noso presuposto nulo, a@
> autor@ lle deamos unha viaxe con ningún gasto pago polos satélites de
> Marte ou mesmo unha semana de colegueo con RMS ou Linus (a escoller), e
> a@s participantes un aplauso virtual ... ;))

Ben, eu penso que poderiamos matar dous paxaros dun tiro si fixesemos
isto ... "ó grande" :-) ¿Qué quero dicir? Pois, por exemplo, pór unha mensaxe
en BarraPunto anunciando un concurso para o logo do proxecto Trasno, e de paso
dando algunha información sobre el. Así conseguiríamos que a xente se
interesase polo proxecto, aínda que só fose para saber cómo participar no
concurso, e de paso ó ter un número grande de xente participando o resultado
sería mellor :-) O premio poderiamos ver de pagalo en GPUL, que para cousas
como ista é para o que están os cartos :-)

¿Que vos parece?

-- 
Roberto Suarez Soto·  The squeaky wheel doesn't always get the grease.
  ask...@gpul.org  · Sometimes it gets replaced.
 Corgo/Lugo/Galicia/Spain  ·

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: logo

2000-07-14 Conversa Rubén
El 11 de Jul de 2000, Manuel A. Fernandez Montecelo comentaba:

> en principio as páxinas vanse poñer inminentemente (toco madeira), e
> aínda non hai un logo "de verdade". así que anúncioo aquí a ver se a
> alguén se anima. algunas consideracións ...

Non me parece nada crítico o tema do logo, pero é moi simple, imos
ós ficheiros de JRR Tolkien (www.tolkien-archives.com) e pillamos un
trasgo==trasno aleatorio :) Diso sabe moito o irmán de Jacobo, se non lembro
mal ;)

Saudos
-- 
 __
 )_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL + IRCore + GAnSO developer ] & [ GPUL member ]

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe