Re: novo por aquí

2009-11-02 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/31 Manuel Vázquez moro...@gmail.com:
 Ola:
 No noso centro o alumnado de Primaria traballa con firefox, openoffice e
 demais software libre. O terceiro ciclo de Primaria traballa cun Moodle
 adaptado para eles. O alumnado de secundaria publica na páxina web, que está
 feita con Joomla. Os de Secundaria traballan con openSUSE para
 familiarizarse con KDE e instala Ubuntu con GNOME para coñecer ese
 escritorio. En áreas como Música ou Plástica emprégase Audacity, MusiScore,
 Gimp e Inkscape. Todos os arrinques duais de todos os ordenadores funcionan,
 é dicir, o openSUSE está totalmente operativo.
 É dicir, hai centros onde hai sensibilidade polo tema. Pouco a pouco vanse
 facendo cousas neste sentido. Isto é posible porque nos xuntamos un grupiño
 de profesores e profesoras con certa inquedanza e que nos axudamos uns a
 outros e facemos unha especie formación colaborativa entre nós. Porque da
 administración educativa pouco podemos esperar, o 90% dos cursos de
 formación están orientados a Windows ou teñen un cheire a Fiestras que
 confunde...

Xa case dan ganas de volver a estudar nun sitio así :)

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Chema Barcala
Pode ser certo iso que dis, eu estou a facer un curso no CNTG e tamén teñen 
openSUSE instalado (aínda que non depende de Educación, senón de Traballo).

Como xa dixen, estou disposto a colaborar onde máis falta faga. Vou comezar con 
KDE, pero cando colla algo de soltura tamén me gustaría axudarvos, quizáis 
revisando algúns deses ficheiros desactualizados que comentas.

Xa me puxen a fedellar co Lokalize; é unha marabilla. Tamén estou a intentar 
facer a copia inicial dos repositorios con Subversion (pero no caso do de KDE 
chega un intre no que se atranca...)

Saúdos

 Ol:
 Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
 darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
 (hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
 revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
 valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
 predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
 centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
 desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
 xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
 penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
 todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
 Considerade a proposta.
 Un saúdo:
 Manolo Vázquez

2009-10-31 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Xa me puxen a fedellar co Lokalize; é unha marabilla. Tamén estou a
  intentar facer a copia inicial dos repositorios con Subversion (pero no
  caso do de KDE chega un intre no que se atranca...)

É posible, pasoume xa algunha vez cunha descarga SVN (non sei se con KDE me 
pasou algunha vez).

Se a descarga faise pero che di que algunha cousa non se descargou, podes 
volver facela, ou facer unha actualización (agora mesmo non recordo o comando, 
hai tempo que non o uso).

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa damufo
No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están 
preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en 
fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se 
queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: Se 
es un pringao que queres traballar máis a cambio de nada, adiante. polo 
que se a un non lle sobra o tempo non traballa dobre para non obter nada.

Ahh! o openoffice está en Español, o firefox está en español...

Así de triste

Adrián Chaves Fernández escribiu:

Ol:
Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
(hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
Considerade a proposta.
Un saúdo:
Manolo Vázquez

Pois é verdade. Nos IES que vin agora teñen SuSe...

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Adrián Chaves Fernández
 No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están
 preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en
 fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se
 queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: Se
 es un pringao que queres traballar máis a cambio de nada, adiante. polo
 que se a un non lle sobra o tempo non traballa dobre para non obter nada.
 Ahh! o openoffice está en Español, o firefox está en español...

A lingua cámbiase cuns clicks. O que me preocupa é iso, que de nada serve un 
dual boot se o boot dos profesores só ten un SO.

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Manuel Vázquez
Ola:
No noso centro o alumnado de Primaria traballa con firefox, openoffice e
demais software libre. O terceiro ciclo de Primaria traballa cun Moodle
adaptado para eles. O alumnado de secundaria publica na páxina web, que está
feita con Joomla. Os de Secundaria traballan con openSUSE para
familiarizarse con KDE e instala Ubuntu con GNOME para coñecer ese
escritorio. En áreas como Música ou Plástica emprégase Audacity, MusiScore,
Gimp e Inkscape. Todos os arrinques duais de todos os ordenadores funcionan,
é dicir, o openSUSE está totalmente operativo.
É dicir, hai centros onde hai sensibilidade polo tema. Pouco a pouco vanse
facendo cousas neste sentido. Isto é posible porque nos xuntamos un grupiño
de profesores e profesoras con certa inquedanza e que nos axudamos uns a
outros e facemos unha especie formación colaborativa entre nós. Porque da
administración educativa pouco podemos esperar, o 90% dos cursos de
formación están orientados a Windows ou teñen un cheire a Fiestras que
confunde...
Un saúdo

2009/10/31 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

  No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están
  preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en
  fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se
  queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: Se
  es un pringao que queres traballar máis a cambio de nada, adiante. polo
  que se a un non lle sobra o tempo non traballa dobre para non obter
 nada.
  Ahh! o openoffice está en Español, o firefox está en español...

 A lingua cámbiase cuns clicks. O que me preocupa é iso, que de nada serve
 un
 dual boot se o boot dos profesores só ten un SO.

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa mvillarino
 Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion,

Pois xa tes o máis difícil feito!

e estoulle a
 botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
 ficheiros PO,

Eu pasaría un pouco desa documentación: non só é moi longa senón que
moitas cousas na práctica non se ven.

Mellor le directamente o manual do Lokalize, obtén os ficheiros PO que
che interesen (se son de KDE, podes probar con algo do playground), e
mándamos. Se tes problemas de sintaxe, ou algún outro erro gordo, xa
cho irei dicindo. Se prefires ir polo lado doce da vida (Suse) [1], de
certo que Leandro ou Miguel ou Xosé ou Manuel Alberto poderán darche
algunha indicación máis.

e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
 moi boa pinta.

Un saúdo,

[1] Jeje, collédelo?

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Leandro Regueiro
 Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion,

 Pois xa tes o máis difícil feito!

 e estoulle a
 botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
 ficheiros PO,

 Eu pasaría un pouco desa documentación: non só é moi longa senón que
 moitas cousas na práctica non se ven.

Pode que si, pero se vas seguir aquí dentro dun ano conviria que a
leras antes de que pase un ano. É moi importante que uses os glosarios
para intentar traducir con coherencia, se tes dúbidas pregunta. E xa
Marce che irá revisando as traducións para indicarche erros, xa que é
a mellor maneira de aprender.

 Mellor le directamente o manual do Lokalize, obtén os ficheiros PO que
 che interesen (se son de KDE, podes probar con algo do playground), e
 mándamos. Se tes problemas de sintaxe, ou algún outro erro gordo, xa
 cho irei dicindo. Se prefires ir polo lado doce da vida (Suse) [1], de
 certo que Leandro ou Miguel ou Xosé ou Manuel Alberto poderán darche
 algunha indicación máis.

e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
 moi boa pinta.

 Un saúdo,

 [1] Jeje, collédelo?

Sisi, como te collamos a ti :)

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Adrián Chaves Fernández
 [1] Jeje, collédelo?

Merda... :S Non o pillo. Pero non mo expliquedes! Prefiro vivir dignamente na 
miña ignorancia! XD

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Indalecio Freiría Santos
Eu, non sei se o collo, pero os meus inicios en Linux foron con Suse.
Daquela Ubuntu non lle facía sombra (e agora que tampouco), pero sempre
botei de menos o apt, aínda que algunha versión si que o tivo, a 10.0 creo.
Próbao para saír de dubidas xD.

El 30 de octubre de 2009 15:05, Adrián Chaves Fernández 
adriyeticha...@gmail.com escribió:

  [1] Jeje, collédelo?

 Merda... :S Non o pillo. Pero non mo expliquedes! Prefiro vivir dignamente
 na
 miña ignorancia! XD

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Manuel Vázquez
Ol:
Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
(hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
Considerade a proposta.
Un saúdo:
Manolo Vázquez

2009/10/30 mvillarino mvillar...@gmail.com

  Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion,

 Pois xa tes o máis difícil feito!

 e estoulle a
  botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
  ficheiros PO,

 Eu pasaría un pouco desa documentación: non só é moi longa senón que
 moitas cousas na práctica non se ven.

 Mellor le directamente o manual do Lokalize, obtén os ficheiros PO que
 che interesen (se son de KDE, podes probar con algo do playground), e
 mándamos. Se tes problemas de sintaxe, ou algún outro erro gordo, xa
 cho irei dicindo. Se prefires ir polo lado doce da vida (Suse) [1], de
 certo que Leandro ou Miguel ou Xosé ou Manuel Alberto poderán darche
 algunha indicación máis.

 e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
  moi boa pinta.

 Un saúdo,

 [1] Jeje, collédelo?

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Ol:
 Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
 darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
 (hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
 revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
 valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
 predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
 centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
 desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
 xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
 penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
 todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
 Considerade a proposta.
 Un saúdo:
 Manolo Vázquez

Pois é verdade. Nos IES que vin agora teñen SuSe...

Re: novo por aquí

2009-10-29 Conversa damufo

Benvido meu!

Chema Barcala escribiu:

Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran iniciativa da 
que xa me estou a beneficiar como usuario.

Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas 
posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...), coido 
poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou especialmente 
interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada porque é o que uso, e 
agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor xeito de comezar.

Polo momento é todo; un saúdo

Re: novo por aquí

2009-10-29 Conversa Antón Méixome
Benvido e non tes por que escusarte. Cada un achega o que pode e así vai indo

2009/10/29 damufo dam...@gmail.com:
 Benvido meu!

 Chema Barcala escribiu:

 Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran
 iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario.

 Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas
 posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...),
 coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou especialmente
 interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada porque é o que uso,
 e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor xeito de comezar.

 Polo momento é todo; un saúdo

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: novo por aquí

2009-10-29 Conversa Chema Barcala
Grazas a todos; estou abraiado da rápida resposta que me brindastes. Non 
adoitaba ler o correo moi a miúdo, pero me dá que vou ter que espabilar para 
seguirvos.

En canto ao proxecto (openSUSE ou KDE), en principio dáme igual. Quizáis me 
chame algo máis KDE, polo de ter máis repercusión (enténdase, máis usuarios), 
pero quero axudar onde máis falta faga; quedo ao que me digades os 
coordinadores.

Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion, e estoulle a botar 
un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos ficheiros PO, 
e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten moi boa pinta.

Un saúdo

Re: novo por aquí

2009-10-29 Conversa Leandro Regueiro
 Grazas a todos; estou abraiado da rápida resposta que me brindastes. Non
 adoitaba ler o correo moi a miúdo, pero me dá que vou ter que espabilar para
 seguirvos.

Moitas das cousas que falamos probablemente agora non che interesen.
Hai momentos en que hai máis tráfico na rolda, e estes últimos tempos
a cousa moveuse moitisimo.

 En canto ao proxecto (openSUSE ou KDE), en principio dáme igual. Quizáis me
 chame algo máis KDE, polo de ter máis repercusión (enténdase, máis
 usuarios), pero quero axudar onde máis falta faga; quedo ao que me digades
 os coordinadores.

Se mal non lembro Marce xa se ofreceu a aceptarte. Quizais sexa boa
idea que comeces aí. Realmente estamos escasos de persoal así que
poderias poñerte case en calquera parte.

 Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion, e estoulle a
 botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
 ficheiros PO, e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
 moi boa pinta.

Primeiro aprende, despois practica, e canto teñas experiencia (nuns
meses) poderás colaborar en varios proxectos á vez (non en demasiados
á vez, que te volves tolo). E non te desanimes!!

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran
  iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario.
 
 Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas
  posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...),
  coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou
  especialmente interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada
  porque é o que uso, e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor
  xeito de comezar.
 
 Polo momento é todo; un saúdo

KDE +1! :)

ignorar
Supoño que para openSUSE terías que lle botar un ollo a 
http://www.trasno.net/suse:inicio

Pero salvo algún software propio de openSUSE, o mellor é que lle botes unha 
ollada a http://www.trasno.net/kde:inicio

Marce coordina o grupo de tradución de KDE, o seu enderezo de correo 
electrónico está nesta última ligazón.

A verdade é que non sei como orientarte, así que:
1. Instala o Lokalize (estará nos repositorios)
2. Segue as instrucións do último URL que che escribín (o segundo)
3. E se das seguido as instrucións para descargar os ficheiros para a 
tradución de KDE á primeira xa me darás mil voltas a min cando comecei :) A 
partires de aí todo é que lle preguntes a Marce que podes traducir (somos 
tres, así que seguro que haberá algunha aplicación que uses libre para que a 
traduzas).
/ignorar

Xa me estou a pasar. Simplemente mira a ver se podes facer o que se indica en 
http://www.trasno.net/kde:inicio
E se o das feito ou se tes algún problema coméntao na lista.

Benvido!

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Chema Barcala escribiu:
 Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran iniciativa 
 da que xa me estou a beneficiar como usuario.
 
 Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas 
 posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...), coido 
 poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou especialmente 
 interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada porque é o que uso, 
 e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor xeito de comezar.
 
 Polo momento é todo; un saúdo
 
Olá Chema!

Eu entes de poñerme a traducir cousiñas ollaría o manual que fixo
mancomún. Ahí tes información sobre as tecnoloxías, programas, e
escollas terminolóxicas que deberías empregar.

É bastante sinxelo de ler e aprendes moito... cicáis demasiado.

Telo no seguinte enderezo. Votalle unha ollada e logo nos contas:

https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207release_id=434 ficheiro
Manual Localizar 0.9c en dpf

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkroYSIACgkQmLtmJqKk+bg06QCfWlnipM3CJCSyRrwMdzES46d2
RWIAn3N0dB9aIai1FVGsQfxkDxbEZyGZ
=88Wn
-END PGP SIGNATURE-

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/28 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 1. Instala o Lokalize (estará nos repositorios)

 1'.- Instala subversion ademáis do Lokalize.

 2. Segue as instrucións do último URL que che escribín (o segundo)
 3. E se das seguido as instrucións para descargar os ficheiros para a
 tradución de KDE á primeira xa me darás mil voltas a min cando comecei :) A
 partires de aí todo é que lle preguntes a Marce que podes traducir (somos
 tres, así que seguro que haberá algunha aplicación que uses libre para que a
 traduzas).

 Pois si, se o script trasno_firstime funciona xa non terás aforrado
 poucos problemas.

 En Lokalize a memoria de tradución é local: cando teñas cómodo co
 programa mira a documentación para facela.

 Por poder traducir, para comezar escolle mellor algo do que utilices,
 a ser posíbel un programa destacado (amarok, digikam, ). Procura
 enviar (me) o traballo que fagas cada semana, aínda que non remates
 cos programas, así direiche se tes algún problema grave cos ficheiros
 ou non,

 Procura ter sempre o panel de memoria de tradución, o de glosario, e o
 de diferenzas visíbeis.

 e como di Fran, correndo o tempo procura ler algunha guía de estilo
 (recoméndoche que tamén lle votes un ollo á de python ... non, é
 broma)

 E benvido.

Benvido.
Xa que Marce nos gañou aos coordinadores de openSuse supoño que te
meterás en KDE, así aforramos o traballo de ter que tutelarte nós :)

O dito: instalar o software necesario e configuralo, ler a
documentación sobre como traducir (guía de estilo), usar a
terminoloxía fixada (polo de agora o glosario de Mancomun e o de
Trasno como apoio), escoller onde traducir e traducir.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Miguel Branco
Non sabes a alegría que me das por dous motivos, 
1º, que te sumes ó proxecto. E todos andamos igual, con pouco tempo, pero por 
pouco que sexa suma
2º que sexas usuario de KDE e de openSUSE!, xa somos dous!

Xa che foron indicando moi ben como traducir nestes proxectos. A suse fai 
falta darlle un empurrón, en KDE tamén, inda que igual non tanto. Decide no 
que che guste máis. 

saúdos!

O Mércores 28 Outubro 2009 15:52:21 Chema Barcala escribiu:
 Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran
  iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario.
 
 Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas
  posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...),
  coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou
  especialmente interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada
  porque é o que uso, e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor
  xeito de comezar.
 
 Polo momento é todo; un saúdo
 
Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/28 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com

 Non sabes a alegría que me das por dous motivos,
 1º, que te sumes ó proxecto. E todos andamos igual, con pouco tempo, pero
 por
 pouco que sexa suma
 2º que sexas usuario de KDE e de openSUSE!, xa somos dous!

 Xa che foron indicando moi ben como traducir nestes proxectos. A suse fai
 falta darlle un empurrón, en KDE tamén, inda que igual non tanto. Decide no
 que che guste máis.

 saúdos!

 O Mércores 28 Outubro 2009 15:52:21 Chema Barcala escribiu:
  Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran
   iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario.
 
  Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas
   posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...),
   coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou
   especialmente interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada
   porque é o que uso, e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor
   xeito de comezar.
 
  Polo momento é todo; un saúdo

Benvido ao mundo das dúbidas!

Comprobarás que aquí estamos todos todo o día preguntando por tal cousa ou
pola outra, así que, ainda que todo parece moi criptico e complexo, aos
poucos chegaras lonxe, iso sí, pregunta moito, ainda que parezan parvadas
seguro que a todos nos é útil a túa pregunta para repasar ou afirmar algunha
dúbida.

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

 Benvido ao mundo das dúbidas!

Como dirían en futurama Benvdooo ao futuro jeje.

Como todos dixeron calquera dúbida pregunta e cando poidas resposta.
Toda opinión é ben recibida.

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrokZYACgkQmLtmJqKk+bg+OACfU64j9Yaiap72U9LNQtc4nnGF
KFcAnj+qCFPszdrFYqeuUtVjfPS8B4gK
=L4F2
-END PGP SIGNATURE-