Ola!

Agora lin isto con calma.

Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o choio,
non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou enviar
alguén mande a tradución xusto da mesma parte.

Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o fichero
html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que andar copiando e
pegando, non?

Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en traducir
unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear un XLIFF e
dividilo en varias partes?

Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?

Saúdos, Manuel


2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>

> Boas.
>
> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas web
> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos activara a
> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir a
> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
>
> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos fiamos
> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a cadea
> en inglés:
>
> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
>
> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
>
> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo os
> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo está ben,
> xa nola pasaría a produción.
>
> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. Non é
> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é traducila
> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes posíbel.
>
> Un saúdo.
>
> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe. Cando
> teña tempo, irá activándoas.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110324/e64d6958/attachment.html>

Responderlle a