Ola.

Moi bo traballo Manuel.

O orixinal, desta vez non está en inglés, está en castelán. Hai unha
páxina en inglés moi parecida da que se saca a tradución, pero aínda
non lanzou o bug, pero como queríamos traducir máis páxinas, como son
as de mozilla-europe, díxome que nos puxeramos con esa, e creouna co
idioma base en castelán, pero para a próxima xa lle digo que poña como
idioma base o inglés.

A páxina realmente é un html. Está formada por dúas páxinas, unha que
vai incrustada, que son unhas variábeis que aparecen nunha táboa que
fala de velocidades que xa as traducín eu, e na que di que é  3,5
veces máis rápido (que estiven pensando cambialo por veloz, pero non
sei, como non tiña a orixinal en inglés).

Realmente eu traduzo os html ou php, e súboos para arriba, e se non
teñen erros, pásanas ao servidor final.

Non vos preocupedes que desta vez xa monto eu todo co omegaT. Terei
que mirar o que dis dos ficheiros en xliff, pero o normal e que cada
un traduza un ficheiro completo. Se traballamos con OmegaT, vanse
gardando trazas que traduciu cada un e é fácil revisar o traballo.
Pero haberá que investigar a forma máis doada para o coordinador de
xestionalo, neste caso eu.

Un saúdo.

2011/3/25 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> Traducidas, a partir do inglés, (ver html) e testeadas (ver capturas), as
> dúas últimas seccións: The Cutting Edge, e Universal Access.
>
> Como ides os demais?
>
> Mando o tmx da parte que fixen por se alguén o quere usar, e mando tamén
> unha mostra de como queda o ficheiro html convertido a xliff e dividido en
> seis partes (a miña tradución está na cuarto ficheiro). Está feito con
> Swordfish. Se o orixinal é o html en inglés, pois xa se poderían usar así,
> pero dubido o formato orixinal sexa ese ou que haxa que traducir todos os
> menús desa páxina.
>
> Keko, en que formato tes que entregar a tradución?
>
> Do resto seguimos falando máis tarde.
>
> Saúdos, Manuel
>
>
> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>
>> Ola.
>>
>> Non teño experiencia creando ficheiros xliff. Para min a forma máis
>> fácil de traballar e repartir ficheiros individuais. Normalmente non
>> son moi grandes, iste é unha excepción.
>>
>> Neste caso, como aínda non teño probado nada, a idea é tan sinxela e
>> rudimental como coller un parágrafo e traducilo sen máis. Se iso,
>> cando xunte os parágrafos todos, vouno facendo a través do OmegaT,
>> como soio facer eu e xero a tmx, pero neste caso non temos a fonte en
>> inglés, xa que nos puso de base o español (Pascal sabe que o meu
>> inglés é reducido, jeje).
>>
>> Pero chegado o momento traballaremos con OmegaT, ou esa é a miña
>> intención, xa que é a ferramenta que coñezo, e se adapta moi ben para
>> traballar con páxinas web.
>>
>> Dádeme tempo para organizar isto e na próxima Trasnada, que espero que
>> sexa antes do verán, reunimonos e dixamos sentada a forma de traducir
>> as páxinas web. Eu farei a proposta e entre todos, puliremola, xa que
>> como a teño que xestionar, terei que estar cómodo e ter o tempo
>> suficiente para poder abordala.
>>
>> A présa pra traducir a páxina, a que nos queiramos, pero eu diría o
>> antes posíbel.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>> > Ben, eu vou comezar. Traducirei a partir de "The Cutting Edge" (ou sexa,
>> > esa
>> > sección e a seguinte, e despois seguirei para arriba).
>> >
>> > Entregarei un tmx.
>> >
>> > Cando ten que estar? Canto antes, supoño.
>> >
>> > Saúde, Manuel
>> >
>> >
>> > 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
>> >>
>> >> Ola!
>> >>
>> >> Agora lin isto con calma.
>> >>
>> >> Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o
>> >> choio,
>> >> non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou enviar
>> >> alguén mande a tradución xusto da mesma parte.
>> >>
>> >> Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o
>> >> fichero html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que andar
>> >> copiando e pegando, non?
>> >>
>> >> Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en
>> >> traducir
>> >> unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear un
>> >> XLIFF e
>> >> dividilo en varias partes?
>> >>
>> >> Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?
>> >>
>> >> Saúdos, Manuel
>> >>
>> >>
>> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>> >>>
>> >>> Boas.
>> >>>
>> >>> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas web
>> >>> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos activara a
>> >>> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir a
>> >>> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
>> >>>
>> >>> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos fiamos
>> >>> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a cadea
>> >>> en inglés:
>> >>>
>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
>> >>>
>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
>> >>>
>> >>> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
>> >>> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo os
>> >>> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
>> >>> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo está 
>> >>> ben,
>> >>> xa nola pasaría a produción.
>> >>>
>> >>> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. Non é
>> >>> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é traducila
>> >>> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes posíbel.
>> >>>
>> >>> Un saúdo.
>> >>>
>> >>> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe. Cando
>> >>> teña tempo, irá activándoas.
>> >>> _______________________________________________
>> >>> Galician mailing list
>> >>> Galician en mozdev.org
>> >>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >>
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > Galician en mozdev.org
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>> >
>
>

Responderlle a