Ola.

Non teño experiencia creando ficheiros xliff. Para min a forma máis
fácil de traballar e repartir ficheiros individuais. Normalmente non
son moi grandes, iste é unha excepción.

Neste caso, como aínda non teño probado nada, a idea é tan sinxela e
rudimental como coller un parágrafo e traducilo sen máis. Se iso,
cando xunte os parágrafos todos, vouno facendo a través do OmegaT,
como soio facer eu e xero a tmx, pero neste caso non temos a fonte en
inglés, xa que nos puso de base o español (Pascal sabe que o meu
inglés é reducido, jeje).

Pero chegado o momento traballaremos con OmegaT, ou esa é a miña
intención, xa que é a ferramenta que coñezo, e se adapta moi ben para
traballar con páxinas web.

Dádeme tempo para organizar isto e na próxima Trasnada, que espero que
sexa antes do verán, reunimonos e dixamos sentada a forma de traducir
as páxinas web. Eu farei a proposta e entre todos, puliremola, xa que
como a teño que xestionar, terei que estar cómodo e ter o tempo
suficiente para poder abordala.

A présa pra traducir a páxina, a que nos queiramos, pero eu diría o
antes posíbel.

Un saúdo.

2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> Ben, eu vou comezar. Traducirei a partir de "The Cutting Edge" (ou sexa, esa
> sección e a seguinte, e despois seguirei para arriba).
>
> Entregarei un tmx.
>
> Cando ten que estar? Canto antes, supoño.
>
> Saúde, Manuel
>
>
> 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
>>
>> Ola!
>>
>> Agora lin isto con calma.
>>
>> Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o choio,
>> non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou enviar
>> alguén mande a tradución xusto da mesma parte.
>>
>> Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o
>> fichero html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que andar
>> copiando e pegando, non?
>>
>> Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en traducir
>> unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear un XLIFF e
>> dividilo en varias partes?
>>
>> Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?
>>
>> Saúdos, Manuel
>>
>>
>> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>>>
>>> Boas.
>>>
>>> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas web
>>> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos activara a
>>> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir a
>>> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
>>>
>>> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos fiamos
>>> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a cadea
>>> en inglés:
>>>
>>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
>>>
>>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
>>>
>>> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
>>> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo os
>>> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
>>> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo está ben,
>>> xa nola pasaría a produción.
>>>
>>> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. Non é
>>> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é traducila
>>> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes posíbel.
>>>
>>> Un saúdo.
>>>
>>> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe. Cando
>>> teña tempo, irá activándoas.
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a