2011/3/25 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>

> Habería que ver de facer unha memoria de tradución en formato TMX con
> todas as páxinas que se levan traducidas.
>
> Pero iso non está feito xa??? :)

Eu podo encargarme de facer a alineación e de elaborar o ou os TMX. Onde
podo descargar ou quen me pode pasar todas as páxinas (a tradución en galego
e as versións en inglés/español/portugués)?

Iso non só hai que telo feito coas páxinas, senón con toooooodo o que se
traduza.

Saúdos, Manuel


2011/3/25 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> > Ola.
> >
> > Moi bo traballo Manuel.
> >
> > O orixinal, desta vez non está en inglés, está en castelán. Hai unha
> > páxina en inglés moi parecida da que se saca a tradución, pero aínda
> > non lanzou o bug, pero como queríamos traducir máis páxinas, como son
> > as de mozilla-europe, díxome que nos puxeramos con esa, e creouna co
> > idioma base en castelán, pero para a próxima xa lle digo que poña como
> > idioma base o inglés.
> >
> > A páxina realmente é un html. Está formada por dúas páxinas, unha que
> > vai incrustada, que son unhas variábeis que aparecen nunha táboa que
> > fala de velocidades que xa as traducín eu, e na que di que é  3,5
> > veces máis rápido (que estiven pensando cambialo por veloz, pero non
> > sei, como non tiña a orixinal en inglés).
> >
> > Realmente eu traduzo os html ou php, e súboos para arriba, e se non
> > teñen erros, pásanas ao servidor final.
> >
> > Non vos preocupedes que desta vez xa monto eu todo co omegaT. Terei
> > que mirar o que dis dos ficheiros en xliff, pero o normal e que cada
> > un traduza un ficheiro completo. Se traballamos con OmegaT, vanse
> > gardando trazas que traduciu cada un e é fácil revisar o traballo.
> > Pero haberá que investigar a forma máis doada para o coordinador de
> > xestionalo, neste caso eu.
> >
> > Un saúdo.
> >
> > 2011/3/25 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> >> Traducidas, a partir do inglés, (ver html) e testeadas (ver capturas),
> as
> >> dúas últimas seccións: The Cutting Edge, e Universal Access.
> >>
> >> Como ides os demais?
> >>
> >> Mando o tmx da parte que fixen por se alguén o quere usar, e mando tamén
> >> unha mostra de como queda o ficheiro html convertido a xliff e dividido
> en
> >> seis partes (a miña tradución está na cuarto ficheiro). Está feito con
> >> Swordfish. Se o orixinal é o html en inglés, pois xa se poderían usar
> así,
> >> pero dubido o formato orixinal sexa ese ou que haxa que traducir todos
> os
> >> menús desa páxina.
> >>
> >> Keko, en que formato tes que entregar a tradución?
> >>
> >> Do resto seguimos falando máis tarde.
> >>
> >> Saúdos, Manuel
> >>
> >>
> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
> >>>
> >>> Ola.
> >>>
> >>> Non teño experiencia creando ficheiros xliff. Para min a forma máis
> >>> fácil de traballar e repartir ficheiros individuais. Normalmente non
> >>> son moi grandes, iste é unha excepción.
> >>>
> >>> Neste caso, como aínda non teño probado nada, a idea é tan sinxela e
> >>> rudimental como coller un parágrafo e traducilo sen máis. Se iso,
> >>> cando xunte os parágrafos todos, vouno facendo a través do OmegaT,
> >>> como soio facer eu e xero a tmx, pero neste caso non temos a fonte en
> >>> inglés, xa que nos puso de base o español (Pascal sabe que o meu
> >>> inglés é reducido, jeje).
> >>>
> >>> Pero chegado o momento traballaremos con OmegaT, ou esa é a miña
> >>> intención, xa que é a ferramenta que coñezo, e se adapta moi ben para
> >>> traballar con páxinas web.
> >>>
> >>> Dádeme tempo para organizar isto e na próxima Trasnada, que espero que
> >>> sexa antes do verán, reunimonos e dixamos sentada a forma de traducir
> >>> as páxinas web. Eu farei a proposta e entre todos, puliremola, xa que
> >>> como a teño que xestionar, terei que estar cómodo e ter o tempo
> >>> suficiente para poder abordala.
> >>>
> >>> A présa pra traducir a páxina, a que nos queiramos, pero eu diría o
> >>> antes posíbel.
> >>>
> >>> Un saúdo.
> >>>
> >>> 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> >>> > Ben, eu vou comezar. Traducirei a partir de "The Cutting Edge" (ou
> sexa,
> >>> > esa
> >>> > sección e a seguinte, e despois seguirei para arriba).
> >>> >
> >>> > Entregarei un tmx.
> >>> >
> >>> > Cando ten que estar? Canto antes, supoño.
> >>> >
> >>> > Saúde, Manuel
> >>> >
> >>> >
> >>> > 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
> >>> >>
> >>> >> Ola!
> >>> >>
> >>> >> Agora lin isto con calma.
> >>> >>
> >>> >> Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o
> >>> >> choio,
> >>> >> non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou
> enviar
> >>> >> alguén mande a tradución xusto da mesma parte.
> >>> >>
> >>> >> Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o
> >>> >> fichero html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que 
> >>> >> andar
> >>> >> copiando e pegando, non?
> >>> >>
> >>> >> Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en
> >>> >> traducir
> >>> >> unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear un
> >>> >> XLIFF e
> >>> >> dividilo en varias partes?
> >>> >>
> >>> >> Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?
> >>> >>
> >>> >> Saúdos, Manuel
> >>> >>
> >>> >>
> >>> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
> >>> >>>
> >>> >>> Boas.
> >>> >>>
> >>> >>> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas
> web
> >>> >>> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos
> activara a
> >>> >>> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir a
> >>> >>> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
> >>> >>>
> >>> >>> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos
> fiamos
> >>> >>> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a
> cadea
> >>> >>> en inglés:
> >>> >>>
> >>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
> >>> >>>
> >>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
> >>> >>>
> >>> >>> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
> >>> >>> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo os
> >>> >>> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
> >>> >>> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo está
> ben,
> >>> >>> xa nola pasaría a produción.
> >>> >>>
> >>> >>> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. Non
> é
> >>> >>> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é
> traducila
> >>> >>> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes
> posíbel.
> >>> >>>
> >>> >>> Un saúdo.
> >>> >>>
> >>> >>> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe. Cando
> >>> >>> teña tempo, irá activándoas.
> >>> >>> _______________________________________________
> >>> >>> Galician mailing list
> >>> >>> Galician en mozdev.org
> >>> >>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>> >>
> >>> >
> >>> >
> >>> > _______________________________________________
> >>> > Galician mailing list
> >>> > Galician en mozdev.org
> >>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>> >
> >>> >
> >>
> >>
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110325/92521ccc/attachment-0001.html>

Responderlle a