2011/3/25 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Ola.
>
> Que eu sepa non hai nada feito con respecto as páxinas web. Con
> respecto aos aplicativos si que había, e sigue habendo pero agora
> cambiou o sistema.
>
> Eu, desde Narro non podo xerar as tmx, polo de agora, pero xa vos
> comentei fai tempo este proxecto, e que agora, debería ter tmx
> actualizados, xa que os repositorios xa case están actualizados:

E non podes exportar os ficheiros a un formato como o PO e despois
usar po2tmx do Translate Toolkit?

> Copio do correo de fai meses:
>
>> Por un lado temos unha especie de corpus, parecido ao que hai en
>> Mancomun coas traducións dos proxectos que se levaban desde alí.
>>
>> http://www.frenchmozilla.fr/glossaire/

Non tiña constancia disto. Acabo de engadilo na wiki de Trasno en
http://wiki.trasno.net/Recursos#Bases_de_datos_de_traduci.C3.B3ns

>> Polo que entendo, está realizado a partires dos ficheiros dos
>> proxectos e as traducións. Actualízase automaticamente co que haxa no
>> repositorio de cada idioma. Para o galego aínda está desactualizado,
>> xa que a día de hoxe aínda non conseguín que me subiran as traducións
>> que hai feitas e corrixidas desde que son no novo coordinador.
>>
>> Por outro lado, no seguinte enderezo, están as TMX dos proxectos (hai
>> dúas ramas):
>>
>> http://www.frenchmozilla.fr/glossaire/TMX/
>> http://www.frenchmozilla.fr/glossaire/trunk/TMX/
>
> Non puiden mirar como son as tmx que xera, pero cando teña documentado
> todo, cousa que me está permitindo facer a OSL, publicarase toda a
> información que levo recabado de mozilla, non moita, pero algo é algo.
>
> Con respecto ás páxinas web, noutro momento, envíovos un correo como
> se poden descargar os fontes e as nosas traducións. O problema é que
> nas fontes hai moito máis do que temos nos no noso repositorio, pero
> se con html en inglés e en galego, sodes capaces de facer un tmx,
> sería perfecto. Eu vouno montando agora, cada vez que teño que
> traducir unha nova páxina. Todas as traducións que vades facendo,
> vounas creando co omegat e xerando un tmx.
>
> Un saúdo.
>
>
> 2011/3/25 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>>
>> 2011/3/25 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>
>>> Habería que ver de facer unha memoria de tradución en formato TMX con
>>> todas as páxinas que se levan traducidas.
>>>
>> Pero iso non está feito xa??? :)
>>
>> Eu podo encargarme de facer a alineación e de elaborar o ou os TMX. Onde
>> podo descargar ou quen me pode pasar todas as páxinas (a tradución en 
>> galego
>> e as versións en inglés/español/portugués)?
>>
>> Iso non só hai que telo feito coas páxinas, senón con toooooodo o que se
>> traduza.
>>
>> Saúdos, Manuel
>>
>>
>>> 2011/3/25 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>>> > Ola.
>>> >
>>> > Moi bo traballo Manuel.
>>> >
>>> > O orixinal, desta vez non está en inglés, está en castelán. Hai unha
>>> > páxina en inglés moi parecida da que se saca a tradución, pero aínda
>>> > non lanzou o bug, pero como queríamos traducir máis páxinas, como son
>>> > as de mozilla-europe, díxome que nos puxeramos con esa, e creouna co
>>> > idioma base en castelán, pero para a próxima xa lle digo que poña como
>>> > idioma base o inglés.
>>> >
>>> > A páxina realmente é un html. Está formada por dúas páxinas, unha que
>>> > vai incrustada, que son unhas variábeis que aparecen nunha táboa que
>>> > fala de velocidades que xa as traducín eu, e na que di que é  3,5
>>> > veces máis rápido (que estiven pensando cambialo por veloz, pero non
>>> > sei, como non tiña a orixinal en inglés).
>>> >
>>> > Realmente eu traduzo os html ou php, e súboos para arriba, e se non
>>> > teñen erros, pásanas ao servidor final.
>>> >
>>> > Non vos preocupedes que desta vez xa monto eu todo co omegaT. Terei
>>> > que mirar o que dis dos ficheiros en xliff, pero o normal e que cada
>>> > un traduza un ficheiro completo. Se traballamos con OmegaT, vanse
>>> > gardando trazas que traduciu cada un e é fácil revisar o traballo.
>>> > Pero haberá que investigar a forma máis doada para o coordinador de
>>> > xestionalo, neste caso eu.
>>> >
>>> > Un saúdo.
>>> >
>>> > 2011/3/25 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>>> >> Traducidas, a partir do inglés, (ver html) e testeadas (ver capturas),
>>> >> as
>>> >> dúas últimas seccións: The Cutting Edge, e Universal Access.
>>> >>
>>> >> Como ides os demais?
>>> >>
>>> >> Mando o tmx da parte que fixen por se alguén o quere usar, e mando
>>> >> tamén
>>> >> unha mostra de como queda o ficheiro html convertido a xliff e dividido
>>> >> en
>>> >> seis partes (a miña tradución está na cuarto ficheiro). Está feito 
>>> >> con
>>> >> Swordfish. Se o orixinal é o html en inglés, pois xa se poderían usar
>>> >> así,
>>> >> pero dubido o formato orixinal sexa ese ou que haxa que traducir todos
>>> >> os
>>> >> menús desa páxina.
>>> >>
>>> >> Keko, en que formato tes que entregar a tradución?
>>> >>
>>> >> Do resto seguimos falando máis tarde.
>>> >>
>>> >> Saúdos, Manuel
>>> >>
>>> >>
>>> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>> >>>
>>> >>> Ola.
>>> >>>
>>> >>> Non teño experiencia creando ficheiros xliff. Para min a forma máis
>>> >>> fácil de traballar e repartir ficheiros individuais. Normalmente non
>>> >>> son moi grandes, iste é unha excepción.
>>> >>>
>>> >>> Neste caso, como aínda non teño probado nada, a idea é tan sinxela e
>>> >>> rudimental como coller un parágrafo e traducilo sen máis. Se iso,
>>> >>> cando xunte os parágrafos todos, vouno facendo a través do OmegaT,
>>> >>> como soio facer eu e xero a tmx, pero neste caso non temos a fonte en
>>> >>> inglés, xa que nos puso de base o español (Pascal sabe que o meu
>>> >>> inglés é reducido, jeje).
>>> >>>
>>> >>> Pero chegado o momento traballaremos con OmegaT, ou esa é a miña
>>> >>> intención, xa que é a ferramenta que coñezo, e se adapta moi ben para
>>> >>> traballar con páxinas web.
>>> >>>
>>> >>> Dádeme tempo para organizar isto e na próxima Trasnada, que espero que
>>> >>> sexa antes do verán, reunimonos e dixamos sentada a forma de traducir
>>> >>> as páxinas web. Eu farei a proposta e entre todos, puliremola, xa que
>>> >>> como a teño que xestionar, terei que estar cómodo e ter o tempo
>>> >>> suficiente para poder abordala.
>>> >>>
>>> >>> A présa pra traducir a páxina, a que nos queiramos, pero eu diría o
>>> >>> antes posíbel.
>>> >>>
>>> >>> Un saúdo.
>>> >>>
>>> >>> 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>>> >>> > Ben, eu vou comezar. Traducirei a partir de "The Cutting Edge" (ou
>>> >>> > sexa,
>>> >>> > esa
>>> >>> > sección e a seguinte, e despois seguirei para arriba).
>>> >>> >
>>> >>> > Entregarei un tmx.
>>> >>> >
>>> >>> > Cando ten que estar? Canto antes, supoño.
>>> >>> >
>>> >>> > Saúde, Manuel
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>> > 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
>>> >>> >>
>>> >>> >> Ola!
>>> >>> >>
>>> >>> >> Agora lin isto con calma.
>>> >>> >>
>>> >>> >> Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o
>>> >>> >> choio,
>>> >>> >> non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou
>>> >>> >> enviar
>>> >>> >> alguén mande a tradución xusto da mesma parte.
>>> >>> >>
>>> >>> >> Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o
>>> >>> >> fichero html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que
>>> >>> >> andar
>>> >>> >> copiando e pegando, non?
>>> >>> >>
>>> >>> >> Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en
>>> >>> >> traducir
>>> >>> >> unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear
>>> >>> >> un
>>> >>> >> XLIFF e
>>> >>> >> dividilo en varias partes?
>>> >>> >>
>>> >>> >> Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?
>>> >>> >>
>>> >>> >> Saúdos, Manuel
>>> >>> >>
>>> >>> >>
>>> >>> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Boas.
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas
>>> >>> >>> web
>>> >>> >>> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos
>>> >>> >>> activara a
>>> >>> >>> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir 
>>> >>> >>> a
>>> >>> >>> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos
>>> >>> >>> fiamos
>>> >>> >>> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a
>>> >>> >>> cadea
>>> >>> >>> en inglés:
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
>>> >>> >>> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo
>>> >>> >>> os
>>> >>> >>> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
>>> >>> >>> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo 
>>> >>> >>> está
>>> >>> >>> ben,
>>> >>> >>> xa nola pasaría a produción.
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. 
>>> >>> >>> Non
>>> >>> >>> é
>>> >>> >>> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é
>>> >>> >>> traducila
>>> >>> >>> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes
>>> >>> >>> posíbel.
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> Un saúdo.
>>> >>> >>>
>>> >>> >>> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe.
>>> >>> >>> Cando
>>> >>> >>> teña tempo, irá activándoas.
>>> >>> >>> _______________________________________________
>>> >>> >>> Galician mailing list
>>> >>> >>> Galician en mozdev.org
>>> >>> >>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>> >>> >>
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>> > _______________________________________________
>>> >>> > Galician mailing list
>>> >>> > Galician en mozdev.org
>>> >>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>> >>> >
>>> >>> >
>>> >>
>>> >>
>>> > _______________________________________________
>>> > Galician mailing list
>>> > Galician en mozdev.org
>>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a