Habería que ver de facer unha memoria de tradución en formato TMX con
todas as páxinas que se levan traducidas.

2011/3/25 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Ola.
>
> Moi bo traballo Manuel.
>
> O orixinal, desta vez non está en inglés, está en castelán. Hai unha
> páxina en inglés moi parecida da que se saca a tradución, pero aínda
> non lanzou o bug, pero como queríamos traducir máis páxinas, como son
> as de mozilla-europe, díxome que nos puxeramos con esa, e creouna co
> idioma base en castelán, pero para a próxima xa lle digo que poña como
> idioma base o inglés.
>
> A páxina realmente é un html. Está formada por dúas páxinas, unha que
> vai incrustada, que son unhas variábeis que aparecen nunha táboa que
> fala de velocidades que xa as traducín eu, e na que di que é  3,5
> veces máis rápido (que estiven pensando cambialo por veloz, pero non
> sei, como non tiña a orixinal en inglés).
>
> Realmente eu traduzo os html ou php, e súboos para arriba, e se non
> teñen erros, pásanas ao servidor final.
>
> Non vos preocupedes que desta vez xa monto eu todo co omegaT. Terei
> que mirar o que dis dos ficheiros en xliff, pero o normal e que cada
> un traduza un ficheiro completo. Se traballamos con OmegaT, vanse
> gardando trazas que traduciu cada un e é fácil revisar o traballo.
> Pero haberá que investigar a forma máis doada para o coordinador de
> xestionalo, neste caso eu.
>
> Un saúdo.
>
> 2011/3/25 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>> Traducidas, a partir do inglés, (ver html) e testeadas (ver capturas), as
>> dúas últimas seccións: The Cutting Edge, e Universal Access.
>>
>> Como ides os demais?
>>
>> Mando o tmx da parte que fixen por se alguén o quere usar, e mando tamén
>> unha mostra de como queda o ficheiro html convertido a xliff e dividido en
>> seis partes (a miña tradución está na cuarto ficheiro). Está feito con
>> Swordfish. Se o orixinal é o html en inglés, pois xa se poderían usar 
>> así,
>> pero dubido o formato orixinal sexa ese ou que haxa que traducir todos os
>> menús desa páxina.
>>
>> Keko, en que formato tes que entregar a tradución?
>>
>> Do resto seguimos falando máis tarde.
>>
>> Saúdos, Manuel
>>
>>
>> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>>
>>> Ola.
>>>
>>> Non teño experiencia creando ficheiros xliff. Para min a forma máis
>>> fácil de traballar e repartir ficheiros individuais. Normalmente non
>>> son moi grandes, iste é unha excepción.
>>>
>>> Neste caso, como aínda non teño probado nada, a idea é tan sinxela e
>>> rudimental como coller un parágrafo e traducilo sen máis. Se iso,
>>> cando xunte os parágrafos todos, vouno facendo a través do OmegaT,
>>> como soio facer eu e xero a tmx, pero neste caso non temos a fonte en
>>> inglés, xa que nos puso de base o español (Pascal sabe que o meu
>>> inglés é reducido, jeje).
>>>
>>> Pero chegado o momento traballaremos con OmegaT, ou esa é a miña
>>> intención, xa que é a ferramenta que coñezo, e se adapta moi ben para
>>> traballar con páxinas web.
>>>
>>> Dádeme tempo para organizar isto e na próxima Trasnada, que espero que
>>> sexa antes do verán, reunimonos e dixamos sentada a forma de traducir
>>> as páxinas web. Eu farei a proposta e entre todos, puliremola, xa que
>>> como a teño que xestionar, terei que estar cómodo e ter o tempo
>>> suficiente para poder abordala.
>>>
>>> A présa pra traducir a páxina, a que nos queiramos, pero eu diría o
>>> antes posíbel.
>>>
>>> Un saúdo.
>>>
>>> 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>>> > Ben, eu vou comezar. Traducirei a partir de "The Cutting Edge" (ou sexa,
>>> > esa
>>> > sección e a seguinte, e despois seguirei para arriba).
>>> >
>>> > Entregarei un tmx.
>>> >
>>> > Cando ten que estar? Canto antes, supoño.
>>> >
>>> > Saúde, Manuel
>>> >
>>> >
>>> > 2011/3/24 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
>>> >>
>>> >> Ola!
>>> >>
>>> >> Agora lin isto con calma.
>>> >>
>>> >> Se a idea é traducilo entre varias persoas, habería que repartir o
>>> >> choio,
>>> >> non? Se non, pode pasar que eu traduza algo e xusto cando o vou enviar
>>> >> alguén mande a tradución xusto da mesma parte.
>>> >>
>>> >> Non entendo ben onde está o texto. Hai que convertir directamente o
>>> >> fichero html? É un xml? É unha páxina dinámica? Non haberá que andar
>>> >> copiando e pegando, non?
>>> >>
>>> >> Son 4100 palabras aprox (con 154 repetidas). Eu tardo un día en
>>> >> traducir
>>> >> unhas 2000. Hoxe podo dedicarlle unhas 2 horas. Non se pode crear un
>>> >> XLIFF e
>>> >> dividilo en varias partes?
>>> >>
>>> >> Temos memorias? Que glosarios temos que utilizar?
>>> >>
>>> >> Saúdos, Manuel
>>> >>
>>> >>
>>> >> 2011/3/24 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>>> >>>
>>> >>> Boas.
>>> >>>
>>> >>> Hoxe estiven falando con Pascal para ver de traducir novas páxinas web
>>> >>> ao galego e pregunteille que corría máis presa para que nos activara a
>>> >>> tradución. Díxome que en breve se ía lanzar un bug para traducir a
>>> >>> páxina de características, co que nos activou no svn dita páxina.
>>> >>>
>>> >>> Púxonos como base a tradución de castelán, pero por se non nos fiamos
>>> >>> ahí vos deixo a ligazón do que temos que traducir e como sería a 
>>> >>> cadea
>>> >>> en inglés:
>>> >>>
>>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/features/
>>> >>>
>>> >>> https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/features/
>>> >>>
>>> >>> Como podedes ver xa traducín algunha cadea para ver que todo
>>> >>> funcionaba. A idea é ila traducindo entre todos e eu vou subindo os
>>> >>> cambios e nesa ligazón podemos vela en tempo real. Ao rematar,
>>> >>> avísolle do número do commit realizado (do último) e se todo está 
>>> >>> ben,
>>> >>> xa nola pasaría a produción.
>>> >>>
>>> >>> Así que, parágrafo a parágrafo, podemos traducila entre todos. Non é
>>> >>> curta, pero tampouco parece moi complexa. Miña intención é traducila
>>> >>> ao longo da mañá, para que a poida subir a produción o antes 
>>> >>> posíbel.
>>> >>>
>>> >>> Un saúdo.
>>> >>>
>>> >>> PD: xa falei con el de traducir as páxinas de mozilla-europe. Cando
>>> >>> teña tempo, irá activándoas.
>>> >>> _______________________________________________
>>> >>> Galician mailing list
>>> >>> Galician en mozdev.org
>>> >>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>> >>
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Galician mailing list
>>> > Galician en mozdev.org
>>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>> >
>>> >
>>
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a