En 02/04/2012 19:49, Antón Méixome escribiu:
El día 1 de abril de 2012 10:34, Adrián Chaves Fernández
<adriyeticha...@gmail.com>  escribió:
O Sábado, 31 de Marzo de 2012 23:59:10 mvillarino escribiu:
* «aplicación»
Entón podemos mandar «aplicativo» ao carallo dunha santa vez?
Cando se decidiu o de «aplicativo» (estaba e sigo estando en contra, pero
acato a decisión como cos -bel), xa se sabía que non era unha forma normativa.
De feito, e ata onde eu sei, con ou sen novo dicionario a norma séguea ditando
o VOLG, non o DRAG (corrixídeme neste punto, por favor, xa que isto é
especialmente relevante para o Galicionario). que ten o mesmo rol que o do 97
para nós, simplemente que actualizado.
@mvillarino, @adrián
Sobre acochar, aplicativo e arquivo, temos un procedemento. Se hai que
reconsiderar a decisión en vista da información do DRAG propoñédeo
para revisión na vindeira Trasnada.
En todo caso, opino que non é o mesmo ter un acordo sobre unha
preferencia que unha corrección por erro (respecto da normativa).
Deses casos, dous foron acordos de especializar formas e o outro unha
pura preferencia de variante. Nunca consideramos as demais como
lingüísticamente incorrectas.

Saúdos
Non son lingüista nin experto, na mima opinión, eu penso que ao falar de usos especializados, en xeral deberíamos mantelos. Outra cousa é que o uso que lle demos (ao termo) entre en contradición co que o dicionario di, nese caso teriamos que revisar.


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a