> De feito, e ata onde eu sei, con ou sen novo dicionario a norma séguea ditando > o VOLG, non o DRAG (corrixídeme neste punto, por favor, xa que isto é > especialmente relevante para o Galicionario). que ten o mesmo rol que o do 97 > para nós, simplemente que actualizado.
Non é o mesmo. A fonte normativa canónica é sempe o dicionario. A autoridade da Academia concrétase no dicionario de uso e en ningunha outra cousa (dicionarios históricos, de dialectalismos, monografías nin outras publicacións). Un vocabulario de ortografía non é máis que unha ferramenta auxiliar. Para nós vital durante os últimos 20 anos precisamente pola falta do dicionario. O dicionario do 97, reducidísimo, quedou obsoleto no momento en que se produce a reforma do 2003 e non se actualizou. Por iso a fonte ortográfica académica pasou a ser o VOLG. Unha vez que se publica o novo dicionario, se unha palabra está recollida en ambos, a primacía tena o dicionario. Se unha palabra está no Volg e non no dicionario entón si valería o Volg. Se é ao revés, a palabra está no DRAG e non no Volg considérase que está totalmente oficializada. Os erros, insuficiencias e carencias, etc do novo DRAG son parte natural da vida dunha obra viva. Ninguén se pode estrañar de que se vaian producindo modificacións, altas novas (quizais algunha baixa) indefinidamente. Os dicionarios editoriais, as ducias de terminoloxías de todas as especialidades publicadas por todo tipo de entidades, especialmente as universidades seguen a ter a mesma validez e importancia que antes, salvo que entren en contradición. Dito noutras palabras: se unha palabra ten unha acepción técnica que non está recollida no DRAG, non significa que sexa incorrecta porque o DRAG non recolle terminoloxía de especialidade máis que parcialmente (só a manexada no nivel de estudos obrigatorios de toda a poboación, secundaria). O mesmo pasa con moitos outros tipos de acepcións e usos, perfectamente válidos aínda que non se reflicten no DRAG Sería desexable que tanto o DRAG do 97 http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html como o Volg http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp (desaparecido xa ??) desaparecesen, ou fosen redirixidos á nova edición. Por claridade > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

