Eu só poderei estar o sábado.
Gustaríame tratar algúns temas, sobre todo interésame a xeración de
documentación e ferramentas básicas:
- Levo xa un tempo pensando en crear unha guía de localización de
software ao estilo da publicada por Microsoft para o galego ou tamén
como a de SoftCatalá. No grupo de tradutores ao castelán de GNOME tamén
teñen unha guía de localización bastante completa. Baixo meu punto de
vista a guía de localización publicada por Mancomún quedouse moi
desactualizada e realmente non cobre tódolos puntos que quixera.
- Xeración dunha pequena guía de localización (non máis de 10
páxinas), que servirá aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter
que ler moita documentación. Isto minimizaralle o traballo de revisión
aos coordinadores.
- Publicación dos TBX na web para consulta rápida, isto é
transformándoos a html ou mesmo cunha ferramenta que permita buscas.
Como vedes estes puntos poden supor bastante traballo pero hoxe en día
cando unha persoa que non pertence ao grupo quere axudarnos realmente
non ten unha guía rápida e ferramentas de uso doado.
A realidade actual é a seguinte (isto tamén é autocrítica), temos
moitos recursos xerados pero ningún deles se pon en valor xa que non
son doados de usar:
- Memorias de tradución: temos moitas pero non temos unha ferramenta
para realizar consultas rápidas na web. Falo do uso diario
- Glosarios: temos un glosario que xa é usábel pero non temos unha
ferramenta para realizar consultas rápidas.
- Guía de localización: temos unha guía que fai tempo que deixou de
estar actualizada e non podemos consultala na web empregando
exploración topic-focused.
Loxicamente tamén me interesa seguir co asentamento de terminoloxía
pero coido que chegamos ao momento no que non é tan prioritario e agora
debemos seguir coa xeración de documentación.
Saúdos
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
On Ven 13 Abr 2012 15:30:02 CEST, Leandro Regueiro wrote:
2012/4/13 Miguel Branco<[email protected]>:
Estou a pensar que poderiamos facer dúas xornadas:
* Venres á tarde noite: charlas públicas sobre o proxecto ou temas
específicos que vos guste propoñer; pero sobre todo centrándonos en dar a
coñecer o proxecto e que se sume máis xente.
* Sábado. xornada igual que a de anteriores eventos
Que vos parece?
Por min non hai problema. Estaría dispoñible para ambos días.
2012/4/11 Xosé<[email protected]>
Ese día eme imposíbel.
Xosé
2012/4/11 Miguel Branco<[email protected]>
O día que teño "presolicitado" é o do 26 de Maio mais ata que me
indiquedes se preferides este sitio ou outro non o podo confirmar. E ideme
dicindo se preferides antes, despois, unha soa sesión, dúas...
Ademais, agradezo que vaiades propoñendo cousas que queirades realizar,
as que vos ofrecedes a facer... :)
2012/4/11 Adrián Chaves Fernández<[email protected]>
Cando se podería saber con certeza a data? Teño dúas semanas de
vacacións que collerme entre maio e xuño, así que ao mellor podo collelas
para que me cadre ben coa Trasnada.
O Mércores, 11 de Abril de 2012 15:07:13 Miguel Branco escribiu:
Ola trasnos,
Propoño de novo un evento de "Trasnada" que nos permita unha xuntanza
aberta e debates de terminiloxía así como todo aquilo que vos pareza
oportuno. Así mesmo, como xuntanza para un bo xantar e unhas cañas ;D A
proposta inicial témola na wiki e podedes ir complementándoa e propoñendo
alternativas:
--> http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0
- Onde e cando?
Estiven a comprobar a dispoñibilidade de varios centros sociais e sigo
explorando outras alternativas; mais con certeza poderiamos contar para 19
ou 26 de Maio o novo Centro Ágora(*). Neste teriamos a dispoñibilidade de
varias aulas: unha de informática con amplitude e lugar de exposición para
ata 70 persoas. O positivo deste centro é que está nunha zona de moita
poboación e para o pouco tempo que leva aberto xa ten unha boa dinámica de
promoción cultural.
- Que tratar?
Ide propoñendo debates terminolóxicos e actividades para realizar. A
miña idea inicial é como a da primeira trasnada: de dous espazos: un aberto
para promoción da l10n ao galego e ensinanza do básico, e a outra un espazo
propio para as nosas iniciativas "internas".
Ide propoñendo :)
----------------------------
* Imaxes do Ágora:
http://galiciapictures.wordpress.com/2012/02/04/agora-cultural-centre-in-corunna-high-tech-centro-cultural-agora-en-coruna/
http://www.flickr.com/photos/65928127@N08/5997331535/
http://2.bp.blogspot.com/-bCpTPm7Exlw/TzpBBaOAuBI/AAAAAAAAC_8/01eeB3iQQwk/s1600/103_0008.JPG
http://comunidad.uem.es/urbhistoria/2011/6/15/inyeccion-social-a-coruna
http://mosarq.blogspot.com.es/2012/01/centro-agora-en-coruna.html
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto