Certamente,

eu voto porque as Trasnadas sexa realmente o que din "eventos de autocrítica, planificación do futuro" do propio grupo.

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Sáb 14 Abr 2012 16:27:16 CEST, Antón Méixome wrote:
Polas cuestións de custo e transporte eu tampouco aposto por 2 días.
Eu penso que a presentación de proxectos e tal é mellor "incorporala"
noutras convocatorias, xornadas, ou directamente convocar unha xornada
para o efecto nun sitio onde tivese repercusión...
por exemplo no Consello da Cultura Galega.


El día 14 de abril de 2012 16:21, Antón Méixome<cert...@certima.net>  escribió:
El día 14 de abril de 2012 15:44, Fran Dieguez<lis...@mabishu.com>  escribió:
Eu só poderei estar o sábado.

Gustaríame tratar algúns temas, sobre todo interésame a xeración de
documentación e ferramentas básicas:

- Levo xa un tempo pensando en crear unha guía de localización de software
ao estilo da publicada por Microsoft para o galego ou tamén como a de
SoftCatalá. No grupo de tradutores ao castelán de GNOME tamén teñen unha
guía de localización bastante completa.  Baixo meu punto de vista a guía de
localización publicada por Mancomún quedouse moi desactualizada e realmente
non cobre tódolos puntos que quixera.

- Xeración dunha pequena guía de localización (non máis de 10 páxinas), que
servirá aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter que ler moita
documentación. Isto minimizaralle o traballo de revisión aos coordinadores.

- Publicación dos TBX na web para consulta rápida, isto é transformándoos a
html ou mesmo cunha ferramenta que permita buscas.

Como vedes estes puntos poden supor bastante traballo pero hoxe en día cando
unha persoa que non pertence ao grupo quere axudarnos realmente non ten unha
guía rápida e ferramentas de uso doado.

A realidade actual é a seguinte (isto tamén é autocrítica), temos moitos
recursos xerados pero ningún deles se pon en valor xa que non son doados de
usar:
  - Memorias de tradución: temos moitas pero non temos unha ferramenta para
realizar consultas rápidas na web. Falo do uso diario
  - Glosarios: temos un glosario que xa é usábel pero non temos unha
ferramenta para realizar consultas rápidas.
  - Guía de localización: temos unha guía que fai tempo que deixou de estar
actualizada e non podemos consultala na web empregando exploración
topic-focused.

Loxicamente tamén me interesa seguir co asentamento de terminoloxía pero
coido que chegamos ao momento no que non é tan prioritario e agora debemos
seguir coa xeración de documentación.

Saúdos

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


Concordo 100%


On Ven 13 Abr 2012 15:30:02 CEST, Leandro Regueiro wrote:

2012/4/13 Miguel Branco<mgl.bra...@gmail.com>:

Estou a pensar que poderiamos facer dúas xornadas:

* Venres á tarde noite: charlas públicas sobre o proxecto ou temas
específicos que vos guste propoñer; pero sobre todo centrándonos en dar a
coñecer o proxecto e que se sume máis xente.
* Sábado. xornada igual que a de anteriores eventos

Que vos parece?


Por min non hai problema. Estaría dispoñible para ambos días.

2012/4/11 Xosé<xoseca...@gmail.com>


Ese día eme imposíbel.

Xosé

2012/4/11 Miguel Branco<mgl.bra...@gmail.com>


O día que teño "presolicitado" é o do 26 de Maio mais ata que me
indiquedes se preferides este sitio ou outro non o podo confirmar. E
ideme
dicindo se preferides antes, despois, unha soa sesión, dúas...

Ademais, agradezo que vaiades propoñendo cousas que queirades realizar,
as que vos ofrecedes a facer... :)


2012/4/11 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>


Cando se podería saber con certeza a data? Teño dúas semanas de
vacacións que collerme entre maio e xuño, así que ao mellor podo
collelas
para que me cadre ben coa Trasnada.



O Mércores, 11 de Abril de 2012 15:07:13 Miguel Branco escribiu:

Ola trasnos,


Propoño de novo un evento de "Trasnada" que nos permita unha xuntanza
aberta e debates de terminiloxía así como todo aquilo que vos pareza
oportuno. Así mesmo, como xuntanza para un bo xantar e unhas cañas ;D
A
proposta inicial témola na wiki e podedes ir complementándoa e
propoñendo
alternativas:


-->    http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0


- Onde e cando?

Estiven a comprobar a dispoñibilidade de varios centros sociais e sigo
explorando outras alternativas; mais con certeza poderiamos contar
para 19
ou 26 de Maio o novo Centro Ágora(*). Neste teriamos a dispoñibilidade
de
varias aulas: unha de informática con amplitude e lugar de exposición
para
ata 70 persoas. O positivo deste centro é que está nunha zona de moita
poboación e para o pouco tempo que leva aberto xa ten unha boa
dinámica de
promoción cultural.


- Que tratar?

Ide propoñendo debates terminolóxicos e actividades para realizar. A
miña idea inicial é como a da primeira trasnada: de dous espazos: un
aberto
para promoción da l10n ao galego e ensinanza do básico, e a outra un
espazo
propio para as nosas iniciativas "internas".


Ide propoñendo :)


----------------------------

* Imaxes do Ágora:



http://galiciapictures.wordpress.com/2012/02/04/agora-cultural-centre-in-corunna-high-tech-centro-cultural-agora-en-coruna/


http://www.flickr.com/photos/65928127@N08/5997331535/



http://2.bp.blogspot.com/-bCpTPm7Exlw/TzpBBaOAuBI/AAAAAAAAC_8/01eeB3iQQwk/s1600/103_0008.JPG


http://comunidad.uem.es/urbhistoria/2011/6/15/inyeccion-social-a-coruna

http://mosarq.blogspot.com.es/2012/01/centro-agora-en-coruna.html





_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a