>>>> - Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se se
>>>> libera?
>>>
>>> Os glosarios wiki teñen un problema: son wiki. Ferramentas como o
>>> Lokalize empregan un formato algo diferente, é preciso poder obtelos
>>> de xeito que se podan empregar desde as ferramentas coas que se
>>> traduza.
>>
>> Servidor TBX. Estase falando de se montar algo estilo wiki para
>> debater termos. Pero o servidor TBX só tería propostas aceptadas, con
>> xml-rpc para programas e interface web para consultas (coma o
>> buscatermos).
>
> Perdoade a ignorancia neste tema, con respecto a estas memorias e o modo de
> interactuar o "soporte loxico" non sería mellor que no canto de consultar o
> servidor para cada termo se sincronizase a base de datos cunha local cada
> certo tempo? Ao mellor xa é así como traballa, pero como non teño nin idea
> de como vai iso comentoo.

Isto sería un aspecto a implementar nos programas de escritorio, que
non ten nada que ver co que estamos a discutir. Pero si que é
interesante para aquelas persoas sen un acceso constante á Internet
(ainda que Juan Rafael dixera que agora todos temos acceso isto non é
verdade), e tamén para acelerar as consultas. Pedídello ós
desenvolvedores do voso programa de tradución de escritorio se é que
non o teñen implementado xa...

>>>> - Editor de ficheiros po: por isto entendo un Pootle, supoño que
>>>> habería que tirar a fusionar isto co de Mancomún, pero igual os de
>>>> Traducif queren manter o seu propio...
>>
>> O de montar nós cousas que despois temos que administrar e igual
>> despois non usamos moito, non che me gusta... Se os de Mancomún
>> cambian de Entrans a Pootle seguro que nos dan bastante liberdade alí.
>> E contamos ca posibilidade do backup comunitario.
>>
>> Como di damufo, os das Ciberirmandades non confían moito na
>> posibilidade do backup comunitario (viñera alguén pola súa parte o
>> domingo??), co que imos duplicar e triplicar o asunto, e eu penso que
>> a idea era intentar centralizar un pouco a cousa sen quitarnos a
>> liberdade. Recursos en Trasno, que mantelos servidores custa traballo,
>> Marce xa o recoñece...
>
> Non o domingo non puido asistir ninguen de ciberirmadade. Se os de mancomun
> nos dan liberdade no pootle por min vale. Eu en principio con tal de poder
> facer o que fixen no entrans de ciberirmandade váleme. Isto foi, crear un
> proxecto de tradución, subir os po a traducir, traducir desde a web, e
> finalmente descargar os po para pasalos a .ini posteriormente. En principo
> no preciso máis.

Eu penso que se o pedimos si, sempre que non fodamos o que eles teñan
ali. Igual será subir eles as cousas a petición, pero os ficheiros
creo que se poden baixar sempre...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a