2008/5/13 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2008/5/13, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> Tarrío igual quere deixalo nas túas mans :)
> Non teño os coñecimentos precisos para poder afrontar iso.

Vale. E penso eu que Jacobo non quererá que o mareemos.

>> - Repositorio: de que??
> Dos ficheiros po (e posibelmente pot, e docbook, e outros), dos
> distintos proxectos, de xeito que desde este poda ser actualizado o
> oficial do proxecto en "automático". E que podan os distintos
> voluntarios entregar sobre o repositorio local.

Se é isto si que é interesante. Sobre todo porque así non temos que
saber de memoria o sistema de envío de cada proxecto no caso de estar
en varios. Xa vos contara a desfeita que teñen no Fedora cunha chea de
repositorios montados con sistemas diferentes, non?

>> - Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se se
>> libera?
> Os glosarios wiki teñen un problema: son wiki. Ferramentas como o
> Lokalize empregan un formato algo diferente, é preciso poder obtelos
> de xeito que se podan empregar desde as ferramentas coas que se
> traduza.

Servidor TBX. Estase falando de se montar algo estilo wiki para
debater termos. Pero o servidor TBX só tería propostas aceptadas, con
xml-rpc para programas e interface web para consultas (coma o
buscatermos).

>> - Base de datos de tradución: por isto entendo un servidor de TM, e
>> logo o de Mancomún?
> Por que ter só unha tm? Ademais, entendo que mancomún só quer ter as
> cadeas que validen.

Disto estaba intentando eu falar na lista g11n. A nós interesanos
dispor de todas cantas traducións haxa feitas, mal ou ben, de
documentación e de interfaces, pero se eles montan un servidor que
admita todo tipo de cadeas, diferenciando sempre as cadeas validadas,
penso que sería mellor pasar nós de ter outro servidor, porque custa
traballo mantelo e é duplicar traballo, e non habería problema mentres
dispoñamos da posibilidade do backup comunitario do que falamos.

>> - Interface administrativa: para administrar que?
> Os permisos de escrita sobre os ficheiros do repositorio. E dar de
> alta/baixa tradutores dentro de cada proxecto, e reservar ficheiros.

Algo estilo Verbum??

>> - Editor de ficheiros po: por isto entendo un Pootle, supoño que
>> habería que tirar a fusionar isto co de Mancomún, pero igual os de
>> Traducif queren manter o seu propio...

O de montar nós cousas que despois temos que administrar e igual
despois non usamos moito, non che me gusta... Se os de Mancomún
cambian de Entrans a Pootle seguro que nos dan bastante liberdade alí.
E contamos ca posibilidade do backup comunitario.

Como di damufo, os das Ciberirmandades non confían moito na
posibilidade do backup comunitario (viñera alguén pola súa parte o
domingo??), co que imos duplicar e triplicar o asunto, e eu penso que
a idea era intentar centralizar un pouco a cousa sen quitarnos a
liberdade. Recursos en Trasno, que mantelos servidores custa traballo,
Marce xa o recoñece...

>> - Contas shell: ???
> Para executar comandos sobre o repositorio no proxecto trasno...
> entregas basicamente.

Se se monta ese repositorio si. Pero o do repositorio vai ser un
traballo do demo, a non ser que se consigan uns scripts automatizados
moi ben feitos, e que che digo por experiencia, vai haber que ir
revisando cada x tempo (isto pasaba cos scripts de estatísticas na web
vella de Trasno).

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a