2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> 2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:
>>>
>>> Pensando un pouco mais, o tema tamén é como chamarlle ao grupo de
>>> diferentes
>>> posibilidades, Fontes? para min queda moi ambiguo, no caso de usar
>>> sementes,
>>> que da moito máis claro do que estou a falar. Fonte/s sempre vai precisar
>>> un
>>> acompañante mentres que sementes non.
>>> tamén teño usado subscricións pero penso que é mais correcto semente
>>> porque
>>> semente some máis a que o que a ten dáa mentres que subscrición é mais
>>> coma
>>> pedir (a información/código que se facilita).
>>
>> Eu non vexo a necesidade de impoñer nada. Ningún dos termos nos
>> convence a todos. Se a maioria decide usar un termo, usareino eu
>> tamén, para que asente, e pode que nun futuro non pareza tan forzado.
>> Eu penso que a idea de fonte e semente son equiparables ata certo
>> punto. Como di damufo fonte xa está sobrecargada, pero sigo sen ver
>> tan claro semente. Eu entendo que un RSS é coma un sitio de onde saen
>> novas. Unha semente xermina e punto. En cambio dunha fonte seguen
>> abrollando novas novas sen parar... O dito, hai que discutilo, e igual
>> é hora de implicar a máis xente.
>
> ¿Quen está a impor? Supoño que iso non é por min.
> (no caso de que si o sexa: eu só dou opinións e argumentos que por suposto
> son rebatibles e mesmo poida que errados, pois son meus.)
> Isto xa se discutiu moito, poida que sería bo preguntar nesa rolda de
> sabios.

Eu lin algo sobre impor nalgunha das mensaxes anteriores, non sei se
fuches ti nin vou mirar agora quen foi. Igual si é hora, pero
preferiria que outra xente dera a súa opinión sobre o tema.

Por outra parte ainda queda por falar dos seeds do bittorrent...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a