Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/27 Miguel Solla <[email protected]>:
Son novato na lista, pero...
cal sería o problema para traducir feed por alimentación?
A min paréceme unha tradución un pouco chunga. Outras ideas?
Leandro, podes preguntar na listaxe de sabios (a de Xusto) a ver que din.
E respecto de seed,
non se podería usar xerme, xermolo ou embrión (mesmo gromo, abrocho...)?
Son máis opcións. Parceiro foi a tradución proposta por Marce para
peer e que eu uso a miúdo, ainda que non se ve moi a miúdo unha cadea
na que apareza peer.
Efectivamente! xa sabía eu que me ía equivocar, soábame a que era algo
do p2p era pero non o tiña claro.