Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:
Pensando un pouco mais, o tema tamén é como chamarlle ao grupo de diferentes
posibilidades, Fontes? para min queda moi ambiguo, no caso de usar sementes,
que da moito máis claro do que estou a falar. Fonte/s sempre vai precisar un
acompañante mentres que sementes non.
tamén teño usado subscricións pero penso que é mais correcto semente porque
semente some máis a que o que a ten dáa mentres que subscrición é mais coma
pedir (a información/código que se facilita).

Eu non vexo a necesidade de impoñer nada. Ningún dos termos nos
convence a todos. Se a maioria decide usar un termo, usareino eu
tamén, para que asente, e pode que nun futuro non pareza tan forzado.
Eu penso que a idea de fonte e semente son equiparables ata certo
punto. Como di damufo fonte xa está sobrecargada, pero sigo sen ver
tan claro semente. Eu entendo que un RSS é coma un sitio de onde saen
novas. Unha semente xermina e punto. En cambio dunha fonte seguen
abrollando novas novas sen parar... O dito, hai que discutilo, e igual
é hora de implicar a máis xente.

¿Quen está a impor? Supoño que iso non é por min.
(no caso de que si o sexa: eu só dou opinións e argumentos que por suposto son rebatibles e mesmo poida que errados, pois son meus.) Isto xa se discutiu moito, poida que sería bo preguntar nesa rolda de sabios.

Saúdos

Responderlle a