Ola:

A ver se alguén pode axudarme, pois o de non poder re-aproveitar o traballo é algo que levo bastante mal. Teño feita a tradución do keepassx (versión gnu/linux do keepass) ao galego na versión 0.2, de feito está na forxa. a cuestión é que quería anovar a tradución coa versión 0.3. Resulta que no seu día envieille a tradución ao desenvolvedor quen non fixo nada. Tomei o novo ficheiro, a traducir con 0% traducido, o caso é que teño instalado o qt linguist e non sei como aproveitar a tradución previa. Paréceme básico o de: parto dunha tradución en branco, aproveito unha feita, completo e reviso a nova tradución. Pareceme raro que isto non se poida facer.

Saúdos

Responderlle a