2008/6/26 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Unha cousa, alguén ten instalado o translation toolkit en ubuntu? >> alguén sabe así de memoria ou ten algún exemplo de, partindo de dous >> ficheiros .po aproveitar as traducións dun para o segundo. > > Non o sei seguro, pero o msgmerge igual ten unha opción para isto.
Sexan proxecto.pot o ficheiro pot da última versión do programa/biblioteca proxecto.po o ficheiro po dunha versión anterior do programa/biblioteca outro.po outro ficheiro po, que non ten por que ser do programa/biblioteca, que contén traducións que é de interese aproveitar entón, para obter un ficheiro "proxecto.po" da última versión do programa/biblioteca onde se aproveiten as mensaxes do outro programa/biblioteca, o comando a empregar será máis ou menos: msgmerge --update --previous --compendium=outro.po proxecto.po proxecto.pot Agora, como teño o día bonito: rtfm (O manual é http://www.gnu.org/software/automake/manual/gettext/msgmerge-Invocation.html ) Se non me equivoco, un dos relatores da xuntanza g11n deu unha ligazón a unha bitácora de Tarrío onde explica unha parte dos seus procedimentos de traballo, onde inclúe a criación do compendio e a aplicación para a reutilización do traballo feito.

