Miguel
que versión do ubuntu tes? eu estoume a referir á 8.04 (hardy) Non podo
instalar unha versión do ubuntu anterior pois na miña pc non vai. Como
che comento este é un fallo (bug) que xa está confirmado e que na
versión do cvs parace que xa está solucionado.
Medulio, respondo no medio.
Medulio (XACB) escribiu:
damufo escribiu na data 25/06/08 23:27:
Medulio, como é o da fonte auxiliar, estiven a mirar o qt linguist e non
vin o da fonte auxiliar, podes indicarme máis información? parece que é
iso o que estou a procurar. Teño o ficheiro novo coa tradución en branco
e teño outro cunha tradución feita ambolos en formato .ts
Na versión 4.4.0 tes unha opción 'Other Languages...' dentro do menú
'Phrases', na que poderás escoller arquivos '.ts' xa traducidos que o
'Linguist' emprega como fonte de suxestión na tradución.
Eu no ubuntu só teño a versión qt3-linguist, a ver se miro de como
instalar unha máis recente.
o do frase book pareceme moi lioso, para ter que ir mentendo frase a
frase xa fago a tradución de cero. ou mellor ainda, uso o lupdate ese, o
que pasa é que así bou ter que adar a mirar de como instalalo
Na devandita versión hai unha opción pra engadi-la frase que estás a
traducir directamente ó 'Phrase Book', o cal che facilita o traballo.
Tampouco sería excesivamente complicado facer algo de código que
convertese ou, máis ben, extraese as frase traducidas dun arquivo '.ts'
e as fose incorporando ó 'P.B'.
O 'lupdate', debería se-lo primeiro paso, xa que che vai actualiza-lo
arquivo anterior engadindo as novas cadeas de texto precisas e
eliminando as obsoletas. En principio vai co 'Qt Linguist'polo que
seguramente xa o tirás instalado.
Finalmente, envieille os ficheiros a mvillarino, e parece que dou feito
o que eu non fun quen. Aínda non puiden mirar a fondo a resposta cos
ficheiros, pero estou case seguro que esta cuestión xa está resolta.
Grazas a todos polas respostas.
Saúdos