A min funcióname perfectamente o pootle en ubuntu e, aínda que non o
controlo moito, permite obter un .ts (xml) ao instante (e tamén un XLIFF),
supoño que tamén viceversa. Tamén permite combinar ficheiros, cando menos
.po, no contorno web. Tampouco me daba ningún problema en debian testing (o
que pasa é que o aparato que uso como servidor vai un pouco vello
-PentiumIII a 350 MHz se mal non lembro- e acaba de poñerse parvo de todo
con algunha actualización.

2008/6/27 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

2008/6/27 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> >>> Boas:
> >>> Sigo a pelexar con isto, o caso é que pasei os ts a po
> >>>
> >>> Logo tratei de pasar o msgmerge e dou erro
> >>> ...
> >>> kpx-gl.po:1870: definición de mensaxe duplicada...
> >>> kpx-gl.po:870: ...this is the location of the first definition
> >>> msgmerge: atopáronse 87 erros graves
> > Envíame os ficheiros por correo privado (nota: é dicir, un paquete que
> > inclúa o ficheiro ts e as fontes, así como os outros ficheiros que
> > queiras empregar), a ver se dou feito algo, e despois se o logo
> > dígoche como o fixem.
> >
> > Nota: mira a directiva 'Plural-Forms' do kpx-gl.po, puideras tela mal.
> > Outra cousa que teño que mirar é o da duplicación de mensaxes: en ts
> > non son compactadas (varias veces &File non aparecen como unha única
> > &File, cada contexto terá a súa propria mensaxe), isto pode ser a
> > orixe da mensaxe esa de "duplicadas".
> ¨
> Últimamente están aparecendo ficheiros .po que usan msgctxt para o
> contexto. Así que agora pode haber dúas cadeas "File" se teñen un
> msgctxt diferente. Outra cousa será que os conversores o fagan
> correctamente.
>
> Ata logo,
>                 Leandro Regueiro
>

Responderlle a