> No glosario de trasno "backend" traduce-se por "motor". En todas as traducións > de KDE que mirei aparece como "mecanismo". Que fago? [...] > Tamén aparece "infraestrutura".
O de "infraestrutura" son eu, non lembro exactamente o motivo polo que pasei a utilizar ese vocábulo, pero éme cómodo. O de "engine" aparece moito en plasma, cos "data engine" dos plasmoides. Ese sí que o traduzo como motor.

