2008/7/4 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Lembro que cando comezara en Trasno empezara enviando unhas listas > interminables de dúbidas, de feito algunhas delas ainda están > pendentes, e a resolución doutras ainda está por poñer no glosario > (non é culpa miña, é que as atopei hai pouco nunha copia de seguridade > que tiña perdida), así que non te desculpes. Despois de todo a lista > non tería tráfico se non fora polas dúbidas. > > Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que > literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que > realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que > mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil > debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se > non todas, das veces. >
Non sería "Backbone" en lugar de backend? Cónstame que o termo "backbone" se aplica en infraestructuras de rede. > > Ata logo, > Leandro Regueiro >

