Penso que joomla (igual que Drupal e outros CMS) merecen un trato à parte 
porque fan un uso moi específico do vocabulário (nodos, menus, etc., non son o 
que noutras interfaces). Por iso, como alguén comentaba antes sobre facer 
excepcións para software determinado, no glosario poderia-se incluir isto, por 
exemplo:

- backend
     ... o que se decida
     [Nota: en joomla: "panel de control"]

Xosé

O Friday 04 July 2008 14:25:29 damufo escribiu:
> Como xa comentei no joomla!
> backend -> panel de control (Hai quen lle chama panel de administración)
> frontend -> portada. é a parte que ve o utente visitante.
> Non se me ocorre como adaptar isto para que tamén se poida aplicar nos
> casos citados. O de motor desde logo, neste caso, non o vexo.
>
> Xosé escribiu:
> > "Backbone" é "espiñazo" e refere-se à infraestrutura inicial da internet,
> > que está nos EEUU; a palabra adquiriu ese significado pola semellanza coa
> > coluna vertebral, por onde vai a médula, e o resto do sistema nervoso e
> > as suas terminacións. "Backend" é un neoloxismo en inglés, isto é, unha
> > palabra inventada para referir-se a eses programas "que se executan en
> > segundo plano" e ten o paralelismo de "frontend", que é o que se lle
> > apresenta ao usuário. En consecuéncia, estaria ben pensar nunha tradución
> > conxunta destes dous termos para que en galego ficase igual de claro que
> > agora o ten o inglés.
> >
> > Xosé
> >
> > O Friday 04 July 2008 13:53:01 Leandro Regueiro escribiu:
> >> 2008/7/4 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
> >>> 2008/7/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> >>>> Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que
> >>>> literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que
> >>>> realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que
> >>>> mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil
> >>>> debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se
> >>>> non todas, das veces.
> >>>
> >>> Non sería "Backbone" en lugar de backend?
> >>>
> >>> Cónstame que o termo "backbone" se aplica en infraestructuras de rede.
> >>
> >> Puidera ser, en todo caso lembro esa proposta. Pode que me trabucara.
> >> No referente ó de motor o dito.
> >>
> >> Ata logo,
> >>                    Leandro Regueiro

Responderlle a