Lembro que cando comezara en Trasno empezara enviando unhas listas
interminables de dúbidas, de feito algunhas delas ainda están
pendentes, e a resolución doutras ainda está por poñer no glosario
(non é culpa miña, é que as atopei hai pouco nunha copia de seguridade
que tiña perdida), así que non te desculpes. Despois de todo a lista
non tería tráfico se non fora polas dúbidas.

Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que
literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que
realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que
mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil
debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se
non todas, das veces.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a