Como xa comentei no joomla!
backend -> panel de control (Hai quen lle chama panel de administración)
frontend -> portada. é a parte que ve o utente visitante.
Non se me ocorre como adaptar isto para que tamén se poida aplicar nos casos citados. O de motor desde logo, neste caso, non o vexo.


Xosé escribiu:
"Backbone" é "espiñazo" e refere-se à infraestrutura inicial da internet, que está nos EEUU; a palabra adquiriu ese significado pola semellanza coa coluna vertebral, por onde vai a médula, e o resto do sistema nervoso e as suas terminacións. "Backend" é un neoloxismo en inglés, isto é, unha palabra inventada para referir-se a eses programas "que se executan en segundo plano" e ten o paralelismo de "frontend", que é o que se lle apresenta ao usuário. En consecuéncia, estaria ben pensar nunha tradución conxunta destes dous termos para que en galego ficase igual de claro que agora o ten o inglés.

Xosé

O Friday 04 July 2008 13:53:01 Leandro Regueiro escribiu:
2008/7/4 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
2008/7/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que
literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que
realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que
mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil
debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se
non todas, das veces.
Non sería "Backbone" en lugar de backend?

Cónstame que o termo "backbone" se aplica en infraestructuras de rede.
Puidera ser, en todo caso lembro esa proposta. Pode que me trabucara.
No referente ó de motor o dito.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro


Responderlle a