"Backbone" é "espiñazo" e refere-se à infraestrutura inicial da internet, que está nos EEUU; a palabra adquiriu ese significado pola semellanza coa coluna vertebral, por onde vai a médula, e o resto do sistema nervoso e as suas terminacións. "Backend" é un neoloxismo en inglés, isto é, unha palabra inventada para referir-se a eses programas "que se executan en segundo plano" e ten o paralelismo de "frontend", que é o que se lle apresenta ao usuário. En consecuéncia, estaria ben pensar nunha tradución conxunta destes dous termos para que en galego ficase igual de claro que agora o ten o inglés.
Xosé O Friday 04 July 2008 13:53:01 Leandro Regueiro escribiu: > 2008/7/4 Javier Pico <[email protected]>: > > 2008/7/4 Leandro Regueiro <[email protected]>: > >> > >> Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que > >> literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que > >> realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que > >> mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil > >> debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se > >> non todas, das veces. > > > > Non sería "Backbone" en lugar de backend? > > > > Cónstame que o termo "backbone" se aplica en infraestructuras de rede. > > Puidera ser, en todo caso lembro esa proposta. Pode que me trabucara. > No referente ó de motor o dito. > > Ata logo, > Leandro Regueiro

