2008/7/4 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
>
>
> 2008/7/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>
>> Lembro que cando comezara en Trasno empezara enviando unhas listas
>> interminables de dúbidas, de feito algunhas delas ainda están
>> pendentes, e a resolución doutras ainda está por poñer no glosario
>> (non é culpa miña, é que as atopei hai pouco nunha copia de seguridade
>> que tiña perdida), así que non te desculpes. Despois de todo a lista
>> non tería tráfico se non fora polas dúbidas.
>>
>> Unha desas dúbidas fora backend. Lembro que alguén dixera que
>> literalmente significaba espiñazo, e como dicides é o programa que
>> realmente fai o traballo por detrás dunha pantalla ou interface, que
>> mostra o resultado, ou sexa é algo así coma o motor dun automóbil
>> debaixo da súa carrocería. Penso que motor lle queda ben a maioría, se
>> non todas, das veces.
>
> Non sería "Backbone" en lugar de backend?
>
> Cónstame que o termo "backbone" se aplica en infraestructuras de rede.

Puidera ser, en todo caso lembro esa proposta. Pode que me trabucara.
No referente ó de motor o dito.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a