> Olá, pois xa que Marce falou disto, si, hai que establecer criterios comúns
> _para tódolos proxectos_ e non, non é sinxelo a revisión.
>
> Propoño ampliar as guías de estilo cun apartado referente ó control da
> calidade.

Concordo.


> 1. Hai traducións feitas:
> - por diferentes persoas
> - en diferentes anos (pre e post 2003)
> - diferentes normas
> - diferente aplicación de cada norma (variacións dentro dos mínomos,
> variacións dentro da RAG...)
> - diferentes estilos (uso/non uso de 'por favor, ...', 'vostede'...)

Iso en todas partes, polo que eu vin.


> 2. Se nos fixamos na RAG actual
> - o 70% dos erros (diria eu) son erros ortográficos
> - o 10% de vocabulario, abundan máis os castelanismos cós lusismos

O primeiro soluciónase en boa medida tendo glosario e sobre todo un
corrector que rule caralludamente e teña unha boa lista de palabras.

O segundo resólvese con glosarios integrados nas ferramentas e un bo
traballo de terminoloxía, o que nos obrigaria a traballar máis tempo
na discusión das posibles traducións.


> 3. Son infrecuentes as traducións, de pleno, mal feitas (a tradución ó galego
> non concorda en sentido coa cadea inglesa), inda que si que parece que abundan
> as inexactitudes ( serían os erros restantes), penso que especialmente as
> relativas á tradución dos tempos verbais (caso ilustre serían os subxuntivos
> ingleses). Isto é moi tedioso/difícil de corrixir (moitas veces carécese de
> contexto como para poder decidir)

Psi (non entendin ben o que queres dicir). A veces atópase a cadea en
inglés como tradución (quizais debido a que se copiou sen querer).


> 4. As incoherencias na escolla terminolóxica son brutais

Este, ademais do incumprimento das normas e mailos
castelanismos/lusismos/... penso que é o principal problema (por
número de veces) respecto á calidade.


> 5.  É fácil meter o zoco e introducir erros durante a corrección

Si. Nalgúns casos é mellor coller e traducir de cero.


> Eu proporía continuar co traballo das guías de tradución e establecer, común
> para tódolos proxectos (KDE, GNOME, Distros...) algo así:
>
> {exemplo}
> Principio 0. A tradución debe de ser correcta
> Principio 1. Inda que non necesariamente exacta, a intención da cadea ten que
> ser análoga
> Principio 2. O estilo:
> 2.1 A tradución debe de adecuarse á intención do programa (rexistro mais
> formal, ie. nunha suite PIM, ou menos formal, ie. un xogo)
> 2.2 Non se trata de vostede ó usuario, nin un programa pide 'por favor'...
> etc.

E logo tratámolo de ti??


> Principio 3. A norma a seguir é a RAG e o VOLGa
> Principio 4. Os elementos visuais e menús básicos son: File, Edit, View, Go,
> Tools, Settings, Help... Window, Folder, Slider, Zoom... con traducións ....
> [falo de fixar un estándar a seguir extrictamente todos a este respecto]
> ...
> {/exemplo}

Isto ultimo é polo que temos que botar adiante xa un sistema que
permita reducir o traballo da discusión sobre os termos e que permita
integrar glosarios nas ferramentas CAT


> e cando revisemos aternos a isto.

Isto seria o principio 5


> Igualmete, habería que fixar un proceder para facer as revisións.

Concordo tamén. Supoño que tratará basicamente de que se cumpran os
principios 0 e 1.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a