2009/1/30 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
Cagüen tó, enviei antes de rematar a anterior mensaxe:
>> Igualmete, habería que fixar un proceder para facer as revisións.
>> 5.  É fácil meter o zoco e introducir erros durante a corrección
>
> Polo que lin, e podo estar moi errado, que non lin a EN15038.
>
> Habédesme permitir unha digresión: funciónavos o amule, o mldonkey ou
> o ktorrent?. Fin da digresión.
>
> Dicebamus hesterna die... que polo que puiden ir aprendendo, o
> fundamento do procedimento é o seguinte:
> -Hai tres actores: o provedor, o tradutor e o crítico.
> (Por ex.: os actantes que dos respectivos roles na proba de conceito
> que fixo Miguel fomos KDE, mvillarino e mgl.branco, )
> [Nota: o de crítico explícoo en baixo]
>
> 0) O provedor xera os ficheiros pot
> 0') O tradutor toma unha terminoloxía e memoria de tradución (TM) previa.
> 1) TRADUCIÖN: O tradutor xera unha primeira versión traducida, co
> apoio da terminoloxía e da TM previa
> 2) AUTORREVISION: O tradutor fai unha primeira revisión do traballo feito,
> 3) CRITICA [Nota: Tradución do inglés «Review»]: O crítico toma o
> ficheiro
e máis a guía de estilo e terminoloxía
>que lle pase o tradutor, e procésao á procura de erros de
> todo tipo. Como resultado xera.....
> ....agárrate lorito....
> unha «QA Matrix»..... que lle devolve ao tradutor.
Un exemplo dunha:
http://wikis.sun.com/display/g11n/Translation+QA
> 3) REVISIÓN
[NOTA: Tradución do inglés «revise»]
>: O tradutor toma o ficheiro que lle pasou ao crítico, e o
> parte coas achádegas deste, e fai as modificacións sobre o ficheiro
> que considere oportunas.
4)ENTREGA: O tradutor manda os ficheiros traducidos ao provedor.
No noso caso até agora:
Actantes:        KDE ->  mvillarino     -> mgl.branco -> mvillarino -> KDE
Documentos:           pot                  po                  po
         po
Guía de estilo:  N/D      Marce's s.g.     Descoñec.
Terminografía:   N/D      pseudo-Trasno  Descoñ
[Nota: os pot e po deberan coincidir baixo as frechas, os demais
aliñados baixo os nomes dos actantes]

Entón, onde entamos agora?
1) Non temos definido un parte de QA (QA matrix), senón que empregamos
ficheiros po.
    Problema 1: que perdemos a terceira ollada que vai implícita no
sistema, a que fai o tradutor do traballo do crítico.
    Problema 2: para arranxar isto estiven/estou a empregar kdiff3,
pero é un engorro, dado que as diferenzas dependen tamén dos saltos de
liña que metan as ferramentas, e ... mellor deixalo estar.
2) Outros problemas, como a ortografía e o glosario, pola miña banda
deberán agardar até a publicación de Lenny. Na actualizade dependemos
no que se refere ao glosario e estilo de «ter sido criados na mesma
casa».
3) É importante non enlordarse en papelarías e burrocracias.

A día de hoxe o máis importante é acordar as etapas e os
documentos/partes que nos imos rular.

@Miguel: A día de hoxe teño parada a revisión de kdebase, polo esforzo
que supón o manexo á vez de kbabel e kdiff3 (aínda que sigo a darlle
voltas a como facelo dun xeito elegante), e máis polos problemas que
houbo con 4.2.0, pero teño aproveitado o teu traballo para ir
modificado cousas por todo KDE, ortografía fundamentalmente.
Penso que vou elaborar unha desas «QA matrix», probamos como vai, e
reformámos segundo as suxestións que fagas e o resultado que dé. Que
opinas?

Responderlle a