> Propoño ampliar as guías de estilo cun apartado referente ó control da
> calidade.

A ver, tampouco debemos confundir os termos «calidade», «control de
calidade» e «aseguramento da calidade», isto último unha cousa que
colleu moi moi mala fama debido ao cachondeo no que se converteron as
certificación ISO 9000.

Xa hai metodoloxías de calidade na tradución. Hai unha por exemplo que
é a E-15038:2006, que se alguén a pode «conseguir», que a rule.

O principio básico que hai que ter sempre presente é que a tradución
xerada debe ser correcta desde os seguintes pdv:
-Ortotipografía, (a)
-Gramatica, (b)
-Funcionamento, (c)
-Significado (d)
e
-Debe parecer que fose escrito por un nativo (isto no noso caso é
fácil de acadar, non si?)

e ademáis:
-Debe ser aburrida. (e)


Agora que teño a vosa atención (co de aburrida conseguinno XD):
refírome a que debe ser monótona, no sentido de empregar un estilo e
un léxico/glosario o máis constantes que se poda.

[O cal deixa un pequeno problema sen arranxar: e que hai da formación
dos novos tradutores?, habemos voltar a isto nun futuro non moi
lonxano.]

> Do que vin en KDE
>
> 1. Hai traducións feitas:
[...]
> - diferentes normas

O que vulnera (a)

> - diferente aplicación de cada norma (variacións dentro dos mínomos,
> variacións dentro da RAG...)

O que vulnera (e)

> - diferentes estilos (uso/non uso de 'por favor, ...', 'vostede'...)

O que vulnera (e)

> 2. Se nos fixamos na RAG actual
> - o 70% dos erros (diria eu) son erros ortográficos

O que vulnera (a)

> - o 10% de vocabulario, abundan máis os castelanismos cós lusismos

Por abreviar: (e)

> 3. Son infrecuentes as traducións, de pleno, mal feitas (a tradución ó galego
> non concorda en sentido coa cadea inglesa), inda que si que parece que abundan
> as inexactitudes ( serían os erros restantes), penso que especialmente as
> relativas á tradución dos tempos verbais (caso ilustre serían os subxuntivos
> ingleses). Isto é moi tedioso/difícil de corrixir (moitas veces carécese de
> contexto como para poder decidir)

(c)

> 4. As incoherencias na escolla terminolóxica son brutais

(e)

[...]
> Principio 3. A norma a seguir é a RAG e o VOLGa

Nin farto de viño.


> e cando revisemos aternos a isto.

Vaia, coincidimos na necesidade de (e)

> Igualmete, habería que fixar un proceder para facer as revisións.
> 5.  É fácil meter o zoco e introducir erros durante a corrección

Polo que lin, e podo estar moi errado, que non lin a EN15038.

Habédesme permitir unha digresión: funciónavos o amule, o mldonkey ou
o ktorrent?. Fin da digresión.

Dicebamus hesterna die... que polo que puiden ir aprendendo, o
fundamento do procedimento é o seguinte:
-Hai tres actores: o provedor, o tradutor e o crítico.
(Por ex.: os actantes que dos respectivos roles na proba de conceito
que fixo Miguel fomos KDE, mvillarino e mgl.branco, )
[Nota: o de crítico explícoo en baixo]

0) O provedor xera os ficheiros pot
0') O tradutor toma unha terminoloxía e memoria de tradución (TM) previa.
1) TRADUCIÖN: O tradutor xera unha primeira versión traducida, co
apoio da terminoloxía e da TM previa
2) AUTORREVISION: O tradutor fai unha primeira revisión do traballo feito,
3) CRITICA [Nota: Tradución do inglés «Review»]: O crítico toma o
ficheiro que lle pase o tradutor, e procésao á procura de erros de
todo tipo. Como resultado xera.....
....agárrate lorito....
unha «QA Matrix»..... que lle devolve ao tradutor.
3) REVISIÓN: O tradutor toma o ficheiro que lle pasou ao crítico, e o
parte coas achádegas deste, e fai as modificacións sobre o ficheiro
que considere oportunas.

Responderlle a