damufo escribió:
Tomás Teijeiro Campo escribiu:
damufo escribió:
Leandro Regueiro escribiu:
Socket (36xKDE + 8xGNOME + 2xSUSE) = 46
Conectador (11xGNOME) = 11
Conexión (KDE) = 1
O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".
socket non parece galego, conectador si. eu tiraría por conectador.
Eu penso que é unha palabra bastante técnica, e que ó usuario normal
non se lle presentará moi a miúdo, polo que apostaría pola tradución
máis fácil de entender polas persoas máis especializadas, que sen
dúbida é "socket".
Polo tanto optas pola non tradución.
Eu prefiro traducir, xa que se seguimos ese criterio implica que o
galego non ten linguaxe técnico, polo "linguaxe técnico galego" =
"linguaxe técnico inglés".
Home, eu tampouco diría que opto pola non tradución, eu referíame a este
caso concreto, pois non me soa de ver traducido socket en ningún idioma,
ademais de que penso que ninguén comprendería o significado de
'conectador'. Nos casos nos que a tradución permita seguir comprendendo
o significado por suposto que aposto pola tradución.
Saúdos